Benvido(a) á Galipedia, Alalvarez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 20:53, 16 maio 2007 (UTC)

Categoria cidades

editar

Olá. Vin que estiveches ampliando o número de categorias ás que pertencian algunhas cidades. Tiñan Cidades de Andalucía e engadiches Cidades de España. Nas categorias é preferíbel que sexan o máis precisas posíbel e que en cantas menos estexa un artigo mellor, porque se non fanse grandes de máis e non resultan útiles. A categoria Cidades de Andalucía está dentro de Cidades de España, polo que xa non é preciso incluila na outra superior (imaxina: haberia tamén que incluílas en Cidades de Europa e logo Cidades do Mundo e iso non é práctico). Tes máis información en Wikipedia:Categorías. Un saúdo. --Xosé (✉) 15:13, 18 maio 2007 (UTC)

  • Non pasa nada. Efectivamente, hai moitas categorias que non existen ainda - lembra que esta é unha obra en progreso permanente. Si hai que ir metendo as cidades por autonomias, o que pasa é que de momento hai poucas ainda. Resulta a maneira máis cómoda de ir organizándoas porque se non teriamos unha categoria con 100 cidades, que non resulta práctica. Xa se irá facendo - pero se queres comezar ti... adiante! Un saúdo. --Xosé (✉) 10:19, 21 maio 2007 (UTC)
    • Para colocar un artigo nunha categoria, escribe ao final da páxina o seguinte: [[Category:Cidades de Andalucía]]. Se, ao veres a páxina, a ligazón está en azul é que a categoria xa existe. Se está en vermello é que ainda non existe: fas clic nela e na páxina de categoria que che vai aparecer escribes [[Category:Cidades de España]]. Asi de simple se crea unha categoria e se coloca dentro da árbore de categorias. Un saúdo. --Xosé (✉) 10:28, 21 maio 2007 (UTC)

Bancos

editar

Nada, ho... Teño unha dúbida no artigo do Banco Gallego. Dis que mudou o seu nome cando o mercou o Grupo 21, pero non dis como se chamaba na fase intermedia, é dicir, desde que deixou de chamarse Hijos de Olimpo Pérez ata que se chamou Banco Gallego. Eu creo que é o Banco Atlántico, pero non estou moi seguro. Ti poderías confirmalo? --Xabier Cid 18:09, 21 maio 2007 (UTC)

Ahá. Daquela, cando o mercou o Banco Central xa se chamaba Banco Gallego? --Xabier Cid 16:15, 22 maio 2007 (UTC)

Sobre a categoría Cultura

editar

Ola Alalvarez. Algunhas ramas de categorías teñen que seguir o esquema resultado do traballo no Wikiproxecto correspondente. O esquema actual de Arte e Cultura é o que se pode ver nesta ligazón. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:49, 8 xuño 2007 (UTC)

Moitas veces hai categorías en vermello e algunhas deben crearse e outras non. Moitas están pendentes á espera de definir esquemas, porque son dubidosas, porque proceden doutras Wikipedias ou por outros moito motivos. Con Arte certamente hai un problema porque non segue o esquema e xa ten bastamtes subcategorías. Haberá que analizar se facer unha variación no esquema ou mudar as relacións entre subcategorías, algo moi complicado porque precisamente a elección do nome Arte e Cultura para titular a rama pretende dar un enfoque golbal a ambalas dúas pólas. A pregunta da sinatura non sei se a comprendín ben, supoño que te refires a como personalizar a sinatura. podes facelo nas preferencias de usuario, na pestana Información do usuario e no campo O seu alcume (para sinaturas), alí insires este código [[User:Alalvarez|Alalvarez]]<sup>[[User talk:Alalvarez|gl]]</sup> e marcas a casiña Sinatura tal como está, sen enlace automático (raw signature). Dese xeito cando premas en   a sinatura insírese automaticamente. Espero que fora iso o que preguntabas se non é así se me aclaras un pouco máis responderei de novo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:16, 8 xuño 2007 (UTC)
Foches máis rápido ca mín :-) --Prevertgl 12:20, 8 xuño 2007 (UTC)
Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:24, 8 xuño 2007 (UTC)

Artigos sen contido

editar

Os tres artigos que citas son artigos froito de vandalismos e permanecen bloqueados para que se non creen e recreen unha e outra vez. Probablemente co paso do tempo dous deles se borren para comprobar como evolucionou o vandalismo e o terceiro haxa borralo para abrilo a edición sempre co vandalismo tamén desaparecese. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:01, 11 xuño 2007 (UTC)