Benvido(a) á Galipedia, Xesiño!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 7 de novembro de 2013 ás 22:45 (UTC)Responder

recoñecemento editar

Ola, Xesiño! Benvido á Galipedia. Moitas grazas polas túas achegas sobre as personalidades da arquitectura. Pero lembra que na wikipedia é moi importante indicar de onde se obtén a información. Así, é bo que no resumo da edición (un recadriño que che aparece baixo o cadro onde editas o texto) indiques a procedencia dos datos. Se o artigo é unha tradución doutra wikipedia, tamén se debe indicar, por exemplo "traducido da wikipedia en castelán".

Se tes algunha dúbida, non teñas medo a preguntar a calquera dos compañeiros. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de novembro de 2013 ás 09:39 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Xesiño. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíuse o marcador {{Sen referencias}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2013 ás 21:54 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Xesiño.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2014 ás 15:47 (UTC)Responder

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos editar

Ola Xesiño.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 12 de maio de 2014 ás 13:35 (UTC)Responder

Referencia en Arte de Galicia editar

Boas Xesiño, no apartado sobre o románico compostelán do artigo Arte de Galicia, a imaxe de S. Martiño de Mondoñedo, Foz. engádese unha referencia ó Evanxeo de Lucas. Aínda que o evanxeo trate ese tema, o evanxeo non di que o capitel da igrexa é o do epulón e Lázaro, obviamente, polo tanto non vale para referenciar esa información. Como tes o artigo en uso, cando teñas un momento cambia a referencia por outra válida ou quítaa.

Outro detalle, para que a xente se decate de que estás a editar o artigo pon o Modelo:En uso ó comezo do artigo, porque se alguén comeza a editar a parte superior do artigo pode que non se decate que ti estás a traballar nel (como me pasou a min :) e que se produza algún conflito de edición.

Se tes algunha dúbida ou precisas algunha axuda con algunha cousa da Galipedia podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de maio de 2014 ás 10:13 (UTC)Responder

Aviso na taberna de axuda editar

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:43 (UTC)Responder