Benvido á Galipedia, XINDIRIZ!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 19:17, 17 novembro 2009 (UTC)

CarlomagnoEditar

Boa tarde e benvido ao proxecto, Xindiriz. Tiven que reverter a túa edición no artigo Carlomagno, pois, como deixei indicado no cadro de resumo, non se trata de colar contido sen máis, senón de adaptalo ao que xa existe. As cabeceias introdutarias dos artigos non deben exceder das catro ou cinco liñas. Despois xa un pode meterse a dividir en seccións e aí é onde está o groso do artigo. Se les o libro de estilo e a guía da Galipedia, verás que todo isto está moi ben especificado. En calquera caso, se tes dúbidas non temas en preguntar. Ninguén nace aprendido. Un saúdo, de novo benvido, e a choiar. --Atobar (conversa comigo) 19:27, 17 novembro 2009 (UTC)

Boa noite, Xindiriz. En ningún caso interpretes ese 'mazacote' como un toque atención nin nada parecido. Erro meu ao expresarme, máis nada. Múdao pola palabra que prefiras. En calquera caso, o que quería dicir era que é bo facer unha cabeceira simpliña e despois dividir en seccións. De calquera maneira, non arramplei o teu traballo sen máis, como podes comprobar na páxina de conversa do artigo. Crin simplemente que sería máis acertado reformar e mellorar o que xa había, e non seguir engadindo contido e deixando os mesmos fallos. Mira, aínda que non son ningún experto no tema, fixen algunhas variacións que podes comprobar se premes aquí. A ver que che parece. E por suposto edita con liberdade e sen ningún tipo de presión, pois o máximo que pode pasar é que cometas un erro e que alguén veña e o corrixa. E perdoa outra vez non me ter expresado correctamente. Cambiando de terzo: non te esquezas de asinar nas mensaxes que deixes nas páxinas de conversa doutros usuarios, neste caso na miña. É moi sinxelo, faise premendo o cuarto botón que está enriba do cadro da escrito, comezando pola dereita, o que ten a traza dun garabato. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:31, 19 novembro 2009 (UTC)

Xindiriz, unha pregunta...Editar

... de onde eres? se se pode saber claro... Grazas

Supoño que te refires a que son falante nativo de catro linguas. Bueno, non é así, o caso é que non sei como expresar que o inglés o domino e co alemán estou a voltas--XINDIRIZ 23:23, 25 decembro 2009 (UTC).

NomesEditar

Outra benvida pola miña parte, unha cousiña, debes recordar que a Galipedia non é unha enciclopedia de papel polo tanto os nomes propios teñen que se escribir coa súa forma real, non como se fose unha entrada dunha enciclopedia de papel. Calquera dúbida podes ir á miña páxina de conversa.--RNC 23:25, 25 decembro 2009 (UTC)

Engadinlle a Terry Eagleton os interwikis e a categoría, dándolle a editar podes ver como se fai, de novo un saúdo.--RNC 23:30, 25 decembro 2009 (UTC)

Non non!Editar

Non me refería a iso... senón a que sitio de Galicia eres pois Xindiriz é un lugar preto de onde eu vivo.

Imaxe sen licenza e/ou orixeEditar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 


Image:Terry Eagleton en Manchester 2008.jpg




Ola XINDIRIZ, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. Lmbuga / Conversa comigo  19:42, 26 decembro 2009 (UTC)


Por certo, retirei a imaxe do artigo mentres non aclares, editando a imaxe, a orixe e a licenza que debe ter na Galipedia. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:44, 26 decembro 2009 (UTC)

BanksyEditar

No artigo Banksy fas referencia (creo que fuches ti) a unhas palabras dun tal Tristan Manco. Se tiraches esa información de algún libro ou revista que esteas consultando, o artigo gañaría moito se o fixeras constar como bibliografía. De non ser así habería que contalo entre os artigos con problemas, ao non contar con fontes fiables. Un saúdo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:44, 10 marzo 2010 (UTC)

estou a traducir da versión inglesa e a engadir info propia, e lévame algo de tempo--XINDIRIZ 10:42, 10 marzo 2010 (UTC)

TraduciónsEditar

Boas Xindiriz!. Vin que estás a traducir Carlos II o Calvo imaxino que doutra wikipedia, cousa que está moi ben, só unha notiña, para manter a atribución do texto orixinal o que se fai é indicar no resumo de edición a wiki na que está e o nome orixinal do artigo, o máis completo sería engadir unha ligazón á versión que se está a traducir pero xa non se esixe tanto. Se tes calquera dúbida sobre isto ou outros detalles da Galipedia coméntamos na miña páxina de usuario sen problema. Saúdos e boas edicións, --Elisardojm (conversa) 08:53, 22 de febreiro de 2012 (UTC)

Mira, tódalas edicións que fagas de traducións doutras wikis deben indicar a súa procedencia como che indiquei antes, non é complicado só tes que poñer na caixiña que está debaixo da caixa de edición algo do estilo: "continuación tradución artigo en-wiki" ou "traducindo apartado Goberno no Oeste da wiki en inglés", o que ti vexas pero que indique de ónde ven o contido que estás engadindo. Se tes algunha dúbida pregúntame na miña páxina de conversa e tentarei axudarche. Saúdos e boas edicións, --Elisardojm (conversa) 13:29, 22 de febreiro de 2012 (UTC)
Podes ver un exemplo do que che digo neste historial. Eses textos métense na caixa pequena que está debaixo da de edición que pon diante "Resumo:". Esa caixa é para indicar en poucas palabras o que se fixo na edición, pode ser "amañar unha falta ortográfica", "engadir unha referencia", etc. Para o caso que nos ocupa de traducións de artigos o que se fai é indicar a wiki e o nome do artigo orixinal que estamos a traducir, se só é parte dun artigo pode poñerse simplemente "tradución parcial de X da wiki Z", ou calquera cousa máis detallada, por exemplo "tradución do apartado X do artigo Z da wiki Y". Se é un popurrí de artigos ou seccións pode indicarse con "adaptación do artigo V das wikis X, Y e Z".
E outro detalle, para firmar nas conversas tes que escribir o código ~~~~ ou premer no botón   que está na barra superior de ferramentas. Se precisas algo non dubides en contactar comigo, saúdos e boas edicións, --Elisardojm (conversa) 00:29, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

colaboraciónsEditar

Ola, Xindiriz! Semella que andas a meterlle ao teu alumnado o becho da Galipedia :)
Alégrame moito ver que intentas contaxiar o entusiasmo pola participación nas enciclopedias colaborativas. Entre todas iremos solventando os problemas das primeiras edicións, e agardo que no futuro quede o pouso de xente preocupada, que colabore primeiro mediante a tradución e despois mediante a redacción propia.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:18, 15 de outubro de 2012 (UTC)

Eliminar referenciasEditar

Ola Xindiriz.

Vin que eliminas as referencias nos artigos que traducen os teus alumnos.

Non fagas tal cousa, pois é contrario a WP:CITE, WP:V e WP:NFP.

Para que aparezan correctamente so hai que engadir o seguinte código cara ao final do artigo:

==Notas==
{{Listaref}}

Tal que así: [1]

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19:05, 21 de outubro de 2012 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra wikiEditar

Ola XINDIRIZ.

Por favor, ten en conta que os textos de Wikipedia, en tódalas linguas, publícase baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desa licenza está o recoñecemento.

Quer dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikis, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:


1.   A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués


2.   Alternativamente tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}


Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 20:48, 27 de outubro de 2012 (UTC)

Aviso na taberna de axudaEditar

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:43 (UTC)