Banksy

pseudónimo dun grafiteiro británico

Banksy é o pseudónimo dun grafiteiro británico, que se cre naceu preto de Bristol en 1974.

Banksy
Banksy.on.the.thekla.arp.jpg
Nacementoanos 1970
 Bristol
NacionalidadeReino Unido
Ocupacióngraffiti artist, director de cinema, pintor, activista político, artivista, artista de rua, escritor e escultor
Coñecido porOne Nation Under CCTV, Slave Labour e Love Is in the Bin
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Graffiti en Londres.

Segundo Tristan Manco, Banksy "naceu en 1974 e criouse en Bristol, Inglaterra. Fillo dun técnico de fotocopiadoras, empezou de carniceiro pero empezou a grafitear durante o boom que tivo esta actividade na súa cidade a final dos anos 80s"[1].

As súas creacións apareceron en cidades de todo o mundo. Iniciou a súa carreira no ambiente cultural que se creou no metro de Bristol e no que colaboraron tamén artistas e músicos.

Banksy non vende fotos das súas creacións nas rúas. Sábese de casas de poxas que tentaron vender as súas creacións no mesmo sitio onde foron feitas, sen importarlle a maneira como o gañador da poxa retiraría logo a obra adquirida.

A obra "'The Flower Chucker" foi incluída na longametraxe The Age of Stupid como mostra representativa de toda a arte moderna almacenada para despois do final do mundo tal e como o coñecemos.

Exit Through The Gift Shop, a súa primeira película, debutou no Festival de Sundance de 2010 e foi estreada no Reino Unido o 5 de marzo.

NotasEditar

  1. Manco, Tristan (11 marzo 2002). Stencil Graffiti. London: Thames & Hudson. p. 74. ISBN 978-0500283424

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar