TheRacso98
Benvido(a) á Galipedia, TheRacso98!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo.
Por favor, non elimines contido dos artigos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de novembro de 2017 ás 23:22 (UTC)
Eleccións xerais de España de 2019 editar
Boas, o artigo Eleccións xerais de España de 2019, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 5 de maio de 2019 ás 16:03 (UTC)
Lingua e edición editar
Ola, TheRacso98. Mira de non descoidares a lingua á hora de editar. Así, por exemplo, repara en que no artigo do PNV estás a deixar termos incorrectos na redacción, como *hay, *elexido, *este... Por outra banda, non convén que saltemso de artigo en artigo até que unha primeira entrada non queda debidamente aquelada, porque iso obriga a que outros editores teñan que ir detrás para arranxalo. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 5 de maio de 2019 ás 17:56 (UTC)
Axudas ortográficas editar
Ola TheRacso98. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 6 de maio de 2019 ás 15:38 (UTC)
Referencias en contribucións recentes editar
Ola, TheRacso98. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref>
despois da información, poñendo no lugar de referencia
a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}}
ou {{Cita web}}
. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!.--Maria zaos (conversa) 18 de agosto de 2019 ás 21:50 (UTC)