Benvido(a) á Galipedia, Jordav!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 17:03, 19 outubro 2008 (UTC).

Álbum musical editar

Ola Jordav! Ante todo benvido á galipedia. Quería dicirche que non é necesario que crees o modelo:Ficha de Álbum, porque xa existe o semellante Modelo:Álbum musical, que xa está incluído en bastantes artigos. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 18:36, 19 outubro 2008 (UTC)

Ola! Penso que o mellor para facer as mudanzas que dis é facelas no modelo que temos, porque crear un novo fai que despois haxa que mudalo en tódolos artigos nos que estaría o antigo (e son moitos de diola). Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 14:57, 20 outubro 2008 (UTC)

modelos editar

ola, Jordav;

o modelo:Táboabonita xa está á dereita, polo que volvín pór o marcador de borrado ó Modelo:Ficha Bonita. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 22:09, 19 outubro 2008 (UTC)


Categorías da música editar

Ola, Jordav.
Vexo que traballass moito na música e que andas a crear moitíssimas categorías de xeito que semella homoxenéo. Máis, tes que saber que todas categorías da Galipedia teñen que estar ligadas entrelas nunha arbore común a todas. Ainda que pouda haber que discutilo, polo momento é o usuario:Gallaecio que tivo o valor de facer un traballo fenomenal de ordeazión xeral sobre a música e en cando a comunidade non decida outra cousa debese entrar nesa categoría. Eu darestora non lembro onde presentou o proxeto que deixouse como aprobado. Por exemplo vexo que estas categorías non levan categoría nai e eu non estou segura de saber cal é, ou cales son as categorías nais que lle corresponden. Voullo comentar a Gallaecio (por se ti sendo novato non che é facil) para ver si pode darche consellos e ti vai mirando se podes entender a lóxica da categorización. Digoche isto para que o teu labor este ben integrado co labor de todos. Saúdos e aproveito para darche a benvida niste proxeto. ElviraConversa comigo 23:03, 11 novembro 2008 (UTC)

Caixa de "navigación" editar

Jordav, corrixe ese "navigación" por "navegación", que é a forma correcta. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 16 novembro 2008 (UTC)

  • Non me din conta de engadir que, cando teñas feito todo o traslado da caixa e o seu contido, avises para borra-la entrada errónea marcándoa como lixo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:37, 16 novembro 2008 (UTC)

Navbox editar

Vale, xa o restaurei. Na actualidade non funciona, hai que refacelo enteiro para que nos sexa útil. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:15, 17 novembro 2008 (UTC)

Olleador editar

Olleador parece unha tradución literal do castelán ojeador (palabra por certo que con ese significado aínda non está sancionada polo DRAE, si está cazatalentos). En galego non aparece o verbo ollear nos dicionarios (o que non quere dicir que non exista como variante de ollar nalgunhas zonas), en castelán ojeador procede do verbo ojear, mirar a algures. Non sei quen son os autores dese dicionario para o Office pero eu en principio non o consideraría como referencia.--RNC 21:58, 24 novembro 2008 (UTC)

  • Atopei na en liña un vocabulario do SNL da Unversidade da Coruña [1]. Dá como boa ollador, palabra que non recordo ver en dicionario ningún pero que se a inclúen supoño que será logo nunha reflexión e sabendo o que fan polo que non lle poño chata ningunha e a falta doutra referencia a min sérveme.--RNC 22:14, 24 novembro 2008 (UTC)

Navbox (de novo) editar

Ola Jordav! Como ti es quen fixo case por completo este modelo, quería preguntarche se sacáche-lo código de algures ou creáchelo ti. Ó ter unha configuración distinta da inglesa, este modelo Modelo:LugaresdeintereseVigo non furrula, e este Modelo:Navbox Seccions (baseado neste en:Template:Navbox with collapsible groups tampouco. Por iso quería saber se te baseaches no de algunha enciclopedia para ver se se pode arranxar os modelos que cito. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:29, 6 decembro 2008 (UTC)

Moitas, moooitas grazas. Si, xa se comporta debidamente o modelo. Moitísimas grazas por atender a miña petición. Un cordial saúdo. Alberte Si, dígame? 12:26, 7 decembro 2008 (UTC)

Por facer editar

Ola, grazas polos cumpridos. A verdade é que creei o modelo coa intención de artellar un xeito de discuti-las mudanzas que facer ós artigos destacados para convertelos en de calidade. Por certo, quedas convidado a traballar nos que se están a intentar mellorar: Castelao,Einstein e evolución estelar. Calqura achega é benvida, un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:45, 23 decembro 2008 (UTC)

Licenzas editar

Ola Jordav. Non tiven ocasión de darche a benvida á Galipedia, aproveito para darcha agora cun par de meses de retraso. O motivo da miña mensaxe está relacionado coa licenza GFDL, os artigos que son tradución parcial ou total doutra Wikipedia deben indicar no resumo de edición esa condición por causa da licenza e para que outros colaboradores poidan comprobar a fonte dos datos. En Axuda:Resumo de edición no apartado Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias explícase como facelo e como engadir a información a posteriori. Outra cousa, como sabes a Wikipedia non é un directorio de cancións aínda que hai Wikipedias como a inglesa na que hai numerosos esbozos de cancións, o criterio que se veu seguindo na Galipedia e que unha canción ten sentido que teña artigo de seu sempre e cando a información sexa o suficientemente abondosa para xustificalo. Vin que en moitos casos tentaches ampliar os artigos con respecto a outras versións na Wikipedia pero quería pedirche, se fose posible, que tentaras ter en conta o que acabo de comentar para que os artigos sexan máis completos. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:54, 23 decembro 2008 (UTC)

  • Ola outra vez. Con respecto a un artigo con material de varias Wikipedias hai un exemplo en Axuda:Resumo de edición, outro exemplo que che pode servir é o que aparece no historial de Grupo Local "Parte deste artigo é unha tradución do artigo da wikipedia inglesa: en:Local Group , do artigo da wikipedia castelán: es:Grupo Local e da wikipedia portuguesa: pt:Grupo Local". Nos outros casos como en A (álbum) podes poñer que procede de es:A (álbum) ou se prefires fagoo eu mesmo. Con respecto ao dos discos falaba en xeral (aínda que o problema principal adoita aparecer coas cancións), quero dicir que niso englobaba albúms, cancións, etc, xa vin que tentabas amplialos como dicía antes, se cho comentei era para que tiveras en conta, en ningún caso para desmerecer o teu traballo. Para finalizar, supoño que ás veces por facer este tipo de comentarios poida parecer que iso desmerece a colaboración dos usuarios novos, non se trata diso. Se deu esa impresión síntoo, por favor descúlpame. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:29, 23 decembro 2008 (UTC)
Hai algún colaborador que usa a páxina de conversa para poñer o recoñecemento de licenza pero iso ten un problema e é que aínda que apareza na páxina asociada non se recolle no historial da propio artigo. Non se trata de facer edicións falsas senón o que se chaman edicións baleiras que cun cambio mínimo ou que non ten consecuencias a efectos de visualización permite incluír dita información. Un exemplo de identificación da correción de resumo telo nesta captura de imaxe Resumo revisión orixe licenza Galipedia.png. (Como dato adicional, o recoñecemento de licenza ten efectos máis alá da propia Galipedia, tamén ten efectos nas copias da Wikipedia nos chamados forks). Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:54, 23 decembro 2008 (UTC)
Jordav, non pretendo que te adiques as edicións do recoñecemento de licenza e que iso te retire de colaborar nas edicións de contido. De seguro que pouco a pouco se pode ir completando todo. Grazas por colaborares coa Galipedia e por axudar a que medre o proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:17, 23 decembro 2008 (UTC)

Ligazóns externas editar

Ola Jordav! Acabo de revisar un chisco o teu artigo sobre Nyman, decateime que nos teus artigos chámaslle Enlaces Externos ao que aquí chamámoslle Ligazóns externas, só é unha puntualización pra seguir a mesma estrutura en todos os artigos, xa o mudei, espero que non che pareza mal. Polo demais segue a traballar así de ben. Bo Nadal!--Hugo22 13:58, 27 decembro 2008 (UTC).

estilo editar

Ola, Jordav!

Parabéns polo teu traballo na tradución de artigos solicitados.

Como ben me explicaron hai tempo, recoméndoche a lectura do libro de estilo, onde di que, por exemplo, os nomes dos discos, libros, películas, ou series de TV deben ir en cursiva (pero sen aspas), e os nomes das cancións, capítulos, ou artigos, deben ir con aspas.

un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 20:31, 27 decembro 2008 (UTC)

Liet-Lavlut e artigos solicitados editar

ola!

efectivamente, o nome en galego do festival é Liet-Lavlut. Porén, o nome noutros idiomas (como podes ver nos diversos artigos doutras wikis) varía. Pero Liet-Lavlut é o máis escrito en medios en galego (vieiros, chuza, a nosa terra...) polo que o tomarei como correcto.

De todos xeitos, calquera usuari@ pode editar na lista de artigos solicitados. Non é que eu, ou ninguén, o leve.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 20:58, 27 decembro 2008 (UTC)

kwjbot editar

Ola Jordav !
Entendo eiqui en:Wikipedia:Bots/Requests for approval/Kwjbot que se lle negou. Sabendo que o de non aprobarlle o estatuo, o bot pode seguir traballando, pero as suas modificacións vense de seguida nos Cambios recentes e eso favorece un control máis do que fai. É verdade que por demáis o de darlle o estatuo é unha marca de confianza para que traballen máis para un proxecto. A ver si me comentas esto ? A lerte ElviraConversa comigo 13:24, 28 decembro 2008 (UTC)

Proposta editar

Ola Jordav, non é molestia ningunha, precisamente para iso estou.

  • Podes perfectamente crear esa subpáxina de usuario onde ir perfilando a túa proposta. Se queres que o resto de interesados colaboren tamén creo que con poñelo ó comezo da páxina avisando diso xa está.
  • Unha vez consideres que xa está rematada a túa proposta coido que o mellor é presentala en Wikipedia:A Taberna (propostas), falando da túa proposta e ligando cara ela. Unha vez alí a xente opinará se a cre necesaria ou non ou que retoques lle faría etc, e unha vez se chegue a un consenso pois farase o acordado: crear esa páxina coa túa proposta se así se aproba, ou non facelo.
  • Sobre o do bot creo que a mellor maneira de incitar a que un bot poña interwikis é poñe-lo interwiki á Galipedia na wikipedia inglesa. Alí os bots (que son moitos) cando se decatan diso suponse que logo van incorporando o interwiki por outras enciclopedias, aínda que o mellor é engadi-los interwikis un mesmo, xa que se fai nun momento.

Pois máis nada, calquera dúbida xa sabes... Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:39, 19 xaneiro 2009 (UTC)

Roxette editar

Ola Jordav, grande artigo este que fixeches! Engadinlle algúns datos sobre ventas, nomes e canciois. Esta fin de semana agardo poder completar máis cousas e subir unhas fotos dun concerto (algunhas cuns primeiros planos moi bos). Abur!--Lala Lugo 17:25, 23 abril 2009 (UTC)

Ola Jordav, agora estou tratando de rematar outro artigo pero en canto teña tempo tentarei poñerme con algún outro de música, taba pensando no de Tchaikovsky porque non tá contemplado en ningún lado, que xa é raro... Se se che ocurre algún outro xa me dís pra ir facendo. Abur!--Lala Lugo 20:09, 26 abril 2009 (UTC)

Desculpa a precipitación editar

Editei dúas verbas no artigo de Nena Daconte. Ao confirmalas, vin a caixa que avisaba de que estaba a ser editada. Un exceso de velocidade. Saúdos. --Sualaxe 21:10, 29 abril 2009 (UTC)

Póñome a elo. Logo che comento. Deica logo. Alberte Si, dígame? 20:07, 1 maio 2009 (UTC)

Xa o fixen. Para ver como o engadín podes ve-lo diferencial da miña edición ([2]). Só lle falta a imaxe ó modelo para estar perfecto. Saúdos. Alberte Si, dígame? 20:15, 1 maio 2009 (UTC)

Categoría editar

Tras botarlle unha ollada rápida, quizabes eu poríalle a categoría:Telecomunicacións. Por certo, non sería Banda larga? Ou Largo de banda. Eu sempre o leo así, e non como ancho de banda ou banda ancha. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:10, 2 maio 2009 (UTC)

Contrasinal editar

Unha cousiña, Jordav: crave non existe en galego. Faille aí a corrección cando poidas. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 17:44, 4 maio 2009 (UTC)

Servizo editar

Respóndoche eu á cuestión lingüística. Olla para aquí. O catálogo é o que cómpre mirar. O dicionario que ti miraches non recolle ben ou directamente non recolle as reformas de 2003. Aconsélloche o dicionario Ir Indo e as novas edicións do Cumio. Con todo, o catálogo da RAG é o máis acaído, pero non é un dicionario senón un catálogo. Saúdos, Jordav. --Atobar (conversa comigo) 18:22, 4 maio 2009 (UTC)

Archivo/Arquivo/Ficheiro editar

Jordav, mira de aquelar con máis xeito as traducións que estás a facer directamente de es.wiki. En galego, falamos de ficheiros, un arquivo é outra cousa. Lin por riba os últimos artigos que creaches e están ateigados de formas tipicamente castelás. Se ben estás cun choio loábel e que ten moito mérito, non deixes de lado a lingua, que é primordial, malia que decote se crea que con tal de que exista o artigo, xa abonda. Un saúdo e noraboa polo duro traballo co que estás.--Atobar (conversa comigo) 18:52, 7 maio 2009 (UTC)

Ola, pode que te sexa de interese este glosario [3] de termos informáticos inglés-galego. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:12, 7 maio 2009 (UTC)

Algúns malentendidos editar

Boas, Jordav. Seica non estabamos na mesma liña ou non nos quixemos entender. Así e todo, fíncolle, con gusto, o dente ao tema e explico máis polo miúdo o que fixen nese artigo, outros teus e a forma que teño de expresarme.

  • Primeiriño: cando che digo de aquelar ao xeito as traducións, non lle engado ningún matiz de maldade, sería boa esa. Dígocho amigabelmente, claro que si.
  • Dito o das formas, paso ao do marcador de atención no que comentei que precisaba da revisión dun experto sen saber que ti es informático de profesión: eu vin termos coma cliente ou forza bruta e na miña ignorancia pensei que non eran moi acaídos para o artigo. Así de sinxeliño. Un erro meu, como ves, pero sen acritude ningunha.
  • Verbo do tradutor automático: ao comezo corrixin algunhas cousiñas que eran erros humanos claros, como a/o contrasinal ou o posicionamento dalgunhas comas, mais despois vin unha outra cousa moi concreta que me fixo pensar na utilización dun tradutor autómatico para a última parte, a seguinte: a este usuario con permisos altos denomínallo administrador. Ese llo é unha gralla típica das que veñen nas tradución automáticas. E decontado topei cunha segunda aínda máis rechamante aínda: un período de tempo definido ou indefinido leste pode... Ese leste de punto cardinal é o abecé da tradución automática. Pura casualidade, imaxino. Sexa como for, como ves, ten explicación Non che son ningún buscapleitos, descoida, Jordav.
  • Por último o do ban ou baneo. Xa che dixen que non son experto no tema e soábame o de baneo de modo que me puxen coa busca e o atopei na wiki española e mais nas procuras do google. Olla para aquí; aparece mesmo no título, e trátase dunha revista.
    • Recoméndasme que modere as formas: bueno, non perdas o acougo por iso, Jordav: procurarei ir ao xeito á próxima vez que corrixa un artigo de teu. Porén, supoño en que estaremos de acordo en que todo tiña unha razón de ser. Así as cousas, se pola razón que sexa che amola que corrixa o que vas argallando ou se tes dúbidas ou arela de debate, non deixes de me contactarme para mo dicir. Deseguro non imos ter ningún problema. Eu, coma ti, estou para colaborar. E se che escribín toda esta parolada foi porque es o primeiro que se queixa airadamente por unha das miñas edicións, e en certo modo non deixa de me sorprender que teñamos chegado a este malentendido tan absurdo, que espero teñamos así mesmo reparado con estas explicación que che din. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 21:52, 7 maio 2009 (UTC)
Esquecérame: cando os parágrafos aparecen en cor vermella e porque foron recolocados ou movidos, non necesariamente porque fosen corrixidos, aínda que pode ser tamén o caso. Por certo, rematei a corrección de Acceso. Bótalle un ollo cando queiras. Aburiño.--Atobar (conversa comigo) 22:13, 7 maio 2009 (UTC)

xénero de contrasinal editar

Boas, Jordav. Na última edición escribes no resumo que "queda pendente o xénero de contrasinal no artigo". Se a dúbida é se é masculino ou feminino, non hai tal dúbida: é masculino. Se o que queres dicir é que che queda pendente corrixi-los usos en feminino, fai como que non dixen nada e segue ó teu ritmo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:03, 7 maio 2009 (UTC)

Só unha cousiña editar

Fixen unha edición en "Acceso" e non estou seguro de ter obrado ben agrupando as seccións "Acceso autorizado" e "Acceso non autorizado" nunha chamada "Tipos". Poderías mirarmo? Grazas por adiantado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:17, 8 maio 2009 (UTC)

Arquivo (informática) editar

Boas, Jordav. Hai tempo que non paras pola Galipedia. Falta nos fas. Oíches, tes o marcador EnUso neste artigo, a ver se miras de rematalo ou de quitalo definitivamente. Un saúdo e até más ver. --Atobar (conversa comigo) 12:37, 11 setembro 2009 (UTC)

Aspas nos títulos de cancións editar

Non, non. Quen andaba enganado era eu, Jordav. As miñas desculpas; pouco traballo eu con títulos de cancións e un chisquiño máis cos de libros, que si van en cursiva, de aí a confusión. Vouno repoñer. Bo traballo e graciñas polo aviso. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:04, 31 de agosto de 2010 (UTC)

Helping out editar

Hey can you help out on the Selena article? It's a stub and I am hoping if anyone can expand it. I don't know Galician although I am half. If you can help that would be amazing, thank you! AJona1992 00:27, 1 de outubro de 2010 (UTC)

Wikiproxecto Música editar

Boas Jordav, deixei un comentario na conversa do wikiproxecto Música, se podes miralo para ver se estás interesado no asunto que expoño. Moitas grazas, unha aperta Piquitoconversa