Benvido(a) á Galipedia, Domato!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. AlberteSi, digame? 19:36, 30 agosto 2008 (UTC)

  • Ola, desfixen a túa edición en Xesús de Nazareth, por precisar esa frase referencias externas, non se pode dicir que alguén quizais non existiu e non dar as fontes de onde tiras esa información.--Arco de Rayne 15:48, 1 setembro 2008 (UTC)

Dous problemiñas editar

Ola Domato, benvido á wikipedia. Vouche explicar un par de cambios que fixen en páxinas editadas por ti.

  • Borrei o artigo Artefactos. A razón é o que se coñece como Autopromoción, ou sexa, que ti, que es un membro do grupo, non podes crear un artigo sobre o grupo. E iso non quere dicir que non mereza estar, senón que ti non o podes redactar. Ademais, o artigo era moooi extenso (e a extensión debe estar de acorde coa relevancia da entidade) e incluías valoracións e informacións que non só non estaban referenciadas, senón que nunca poderían estalo: unha dor de gorxa, etc.
  • Revertín os cambios que fixeches nesta páxina de conversa. Todas as páxinas da wikipedia son modificábeis, agás precisamente as páxinas de conversa, porque recollen os comentarios doutros usuarios.

Se tes calquera dúbida sobre esta cuestión ou outras calquera na wikipedia, non dubides en preguntarme a min ou a outros usuarios. Todos estamos aquí pra axudarte. E non te asustes por isto, porque todos cometemos erros ao empezar unha cousa. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 21:33, 3 setembro 2008 (UTC)

Ola de novo. Sei que o grupo está extinto, pois lin o artigo, ;), pero iso non muda moito as cousas. De feito, aínda que en galego se coñece como "autopromoción", o artigo da inglesa é "conflito de intereses", e eu creo que aí se entende moito mellor. Voume explicar:
  • Ti, como antigo integrante do grupo non podes, aínda que queiras, ter unha posición obxectiva sobre os feitos.
  • Pola mesma razón, é difícil que poidas avaliar a relevancia do grupo, dos seus concertos, ou da súa repercusión social. Iso debe facelo alguén alleo.
  • Ti coñeces moitos datos do grupo. Seguramente serías a mellor fonte. Pero non es unha fonte referenciada. Lembra que a wikipedia non é unha fonte primaria e que todo o que aquí se diga ten que ser dito xa noutro sitio antes.
  • Estou seguro de que esa non foi a túa intención, pero alguén podería pensar que creas o artigo de Artefactos para darlle unha importancia maior da que tivo, e que dela te beneficiarías ti nos proxectos musicais que emprendas no futuro.

O mellor é deixar o artigo tal e como está. Estou seguro de que outro editor ou editora que non sexas ti regresará sobre el e fará o artigo sobre Artefactos.--Xabier Cid Conversa 07:52, 4 setembro 2008 (UTC)

Claro!, :) Aquí hai un apartado para solicitar artigos. Por certo, creo que a H4DP lle pasa algo semellante... --Xabier Cid Conversa 10:16, 4 setembro 2008 (UTC)

Stoner editar

Para meter imaxes:

  1. Pon a imaxe nun parágrafo á parte, non dentro dun parágrafo.
  2. O comando thumb créalle un marco e podes poñerlle un pé de foto.
  3. Para colocar a imaxe á dereita non é necesario facer nada. Para movela para a esquerda, tes que poñerlle o comando left ao carón do thumb, igual que puxeches os píxeles.
  4. Máis info en Wikipedia:Como_engadir_imaxes.

Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 15:44, 4 setembro 2008 (UTC)

Outro saúdo de Benvida editar

Benvido á Galipedia Domato. Cuns días de retraso únome ao saúdo de benvida, espero que desfrutes colaborando neste wiki e que coa túa axuda melloremos a calidade da Wikipedia en galego. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:13, 4 setembro 2008 (UTC)

mentor editar

hahahah, :) En xeral, somos boa xente, ;) E xa verás como axiña lle estás axudando ti a novos editores. ;) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 07:59, 5 setembro 2008 (UTC)

ola Domato; marquei para borrar o artigo de apoptosis porque o termo correcto en galego é apoptose, do que xa existe artigo. En calquera caso, anímote a botarlle un ollo a este e melloralo.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 22:18, 8 xaneiro 2009 (UTC)

Mudando o nome dun artigo editar

Domato, movín "Licenciatura en Ciencias da Actividade física e o Deporte" a "Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Co "F" en maiúscula.

Una aperta--. HombreDHojalata.conversa 17:15, 2 de maio de 2011 (UTC)

Referencias en "Guitarra eléctrica" editar

 

Ola, Domato. O artigo "Guitarra eléctrica" no que colaboraches non ten fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 7 de decembro de 2016 ás 13:53 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Domato. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 7 de decembro de 2016 ás 13:53 (UTC)Responder