Benvida á Galipedia, AMPC98!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 21:14, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Artigo curto de máisEditar

Ola AMPC98, cando crees un artigo tenta facelo o máis completo posíbel, ou polo menos cun certo contido. Prégoche que amplíes o artigo que creaches sobre Kerry Washington, neste caso tamén lle podes incluír unha táboa para actrices, que tés aquí {{Actor}}. Un saúdo. --JaviP96 18 de marzo de 2013 ás 17:38 (UTC)

De nada, ademais cando crees un artigo podes botarlle un ollo a outro polo estilo para mirar a táboa que utiliza, e aquí tes algúns máis, ao final do artigo tes que incluír as categorías, poñendo [[Categoría:A_CATEGORÍA_QUE_SEXA]], aquí tes máis información. Bótalle tamén un ollo ás ligazóns que tes na caixa de enriba. Saúdos. --JaviP96 18 de marzo de 2013 ás 19:01 (UTC)
Ola de novo, vin que eliminaches as referencias no artigo de Kerry Washington, non fagas tal cousa, pois é contrario a WP:CITE, WP:V e WP:NFP.

Para que aparezan correctamente so hai que engadir o seguinte código cara ao final do artigo:

==Notas==
{{Listaref}}

Tal que así: [1]

Un saúdo e a seguir. --JaviP96 18 de marzo de 2013 ás 20:35 (UTC)

MapaEditar

Hola AMPC98, púxenche no {{Mapa de galipedistas}}, se por calquera razón non queres aparecer avísame e borro a túa ligazón. Benvida ó proxecto e se precisas calquera axuda podes contactar comigo na miña páxina de conversa para o que precises. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 02:10 (UTC)

VotaciónsEditar

Boas, Ana, risquei o teu votos na páxina de votación a administrador para Elisardojm porque aínda non podes participar nas votacións da Galipedia, xa que polas normas de votación ter feitas máis de 150 edicións, e segundo este contador levas 100. Cunhas poucas edicións máis xa poderás votar en tódolos procesos, ata daquela terás que esperar. De tódolos xeitos moitas grazas pola túa participación, e anímote a que sigas pendente de todas as propostas (imaxe da semana, artigo destacado sobre Galicia, artigo de calidade...) e que participes nelas todo o que vexas xa que toda axuda é benvida. Aproveito tamén para dicirche que cando teñas un artigo sen rematar lle poñas o marcador {{En uso}} ou {{Entradución}} ao principio, para que ninguén cho edite, o que podería provocar un conflito de edición. Un saúdo. --JaviP96 24 de marzo de 2013 ás 21:24 (UTC)

Agradézoche igualmente o teu apoio :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2013 ás 00:56 (UTC)

ArranxiñosEditar

Ola Ana, mira os arranxiños feitos nos artigos que creaches, para mellorar para outra vez: [2] [3] [4] [5]. Saúdos e parabéns polo teu traballo. --JaviP96 28 de marzo de 2013 ás 21:09 (UTC)

RE:ValdoviñoEditar

  Feito!, para a próxima vez podes facelo ti, cando vexas algo entre dous chaves normalmente son modelos, neste caso {{ConcellosFerrol}}, para buscalo só tés que poñer Modelo:ConcellosFerrol. Saúdos! --JaviP96 4 de abril de 2013 ás 21:05 (UTC)

  Comentario Para acceder o modelo, baixas ata abaixo de todo, onde aparecen todos os modelos que usa a páxina, e seleccionas o que queiras. A lista de modelos SÓ aparece cando estás editando a páxina enteira, se estás editando unha sección, non. Saúdos.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 5 de abril de 2013 ás 11:54 (UTC)

InterwikisEditar

Ola. Cando crees un artigo que exista noutras Wikipedias, como Patricio Montojo, por favor engade o interwiki en Wikidata. Para iso vas o artigo noutra Wikipedia, despois de todos de todos os interwikis premer en Editar as ligazóns, e en Wikidata, baixas todos os interwikis e e engades o galego. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 5 de abril de 2013 ás 11:51 (UTC)

PropostaEditar

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:15 (UTC)

ModelosEditar

Ola Ana, cando utilices modelos para táboas nunca debes traducilos literalmente doutra wikipedia, senón que tés que ir ao modelo en galego (p.e. Elemento químico) e coller os parámetros que traen nas instrucións. Por outra banda na Galipedia non se utiliza enlaces externos, senón ligazóns externas. Do seguinte xeito.

==Notas==
{{listaref}}

==Véxase tamén==
{{ligazóns a proxectos como commons}}
===Bibliografía===

===Ligazóns externas===

Recoméndoche tamén que actives o revisor ortográfico e o detector de homónimos (non sei se xa os coñecías, pero son moi útiles). Por outra banda o outro día quiteille unha das categorías que lle engadiras a este ficheiro. Xa que unha era unha categoría redundante, é dicir unha desas categorías estaba categorizada dentro da outra, sempre tés que coller a categoría máis específica posíbel, por exemplo a un artigo sobre unha persoa nada en Santiago de Compostela só lle terías que poñer a categoría Nados en Santiago de Compostela e non Nados en Galicia, xa que a categoría de nados en Santiago de Compostela vai dentro de nados por concellos de Galicia e esta á súa vez dentro de nados en Galicia. Se tés algunha dúbida xa sabes onde estou. Saúdos! --JaviP96 26 de abril de 2013 ás 21:23 (UTC)

EconomíaEditar

Ola, Ana!

Como mirei que estiveches activa no Wikiproxecto:Economía, quería facerche unha proposta relacionada co tema: anímaste a mellorar os artigos relacionados con esa categoría incluídos nos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter? Aí estarían incluídos Economía, Capital (economía), Capitalismo, Diñeiro, Divisa, Dólar estadounidense, Euro, Ien, Imposto e Industria. Podeŕian incluirse na propia páxina do Wikiproxecto, para que a xente se anime a melloralos.

Xa me contarás que che parece. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xullo de 2013 ás 21:25 (UTC)