Connew
Nome completo Connew Racing Team
Bandeira Reino Unido Reino Unido
Baseada en Chadwell Heath, Reino Unido
Tempadas en activo 1972
Número de pilotos Francia François Migault
David Purley
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1972
Carreiras 2 (1 saídas)
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Austria de 1972

Connew Racing Team, coñecida como Connew, foi un efémero construtor británico de Fórmula 1. Fundado en 1971 por Peter Connew, o equipo construíu un só coche, o PC1, coa intención de competir no Campionato Mundial de Fórmula Un de 1972. A falta de recursos financeiros e técnicos resultou que o coche só puido iniciar unha carreira do campionato, o Gran Premio de Austria de 1972, co piloto francés François Migault ao volante. Logo da carreira de Austria, o coche competiu nalgunhas carreiras fóra de campionato antes de ser convertido para cumprir cas especificacións da Fórmula 5000 para a tempada 1973. O chasis foi danado sen posibilidade de reparación durante a pechadura de campaña en Brands Hatch e o equipo liquidouse.

Historia

editar

Á idade de 24 anos, un amigo preguntoulle a Peter Connew si quería asistir ó Gran Premio de Italia en Monza. O xefe de Connew negouse a darlle tempo libre para asistir á carreira, así que renunciou e viaxou á carreira de todos os xeitos[1] ao regresar Connew buscou emprego e foi contratado por Surtees, un equipo de Fórmula 1 dirixido polo ex campión John Surtees, como proxectista.

1972: Fórmula Un

editar

Logo dunha discusión co director do equipo John Surtees, Connew deixou o equipo para deseñar o seu propio coche. Alugou un garaxe dunha casa en Chadwell Heath e comezou a construción dun prototipo de chasis en decembro de 1970. A Connew axudouno Roger Douran, que traballaba como montador e o curmán de Connew Barry Boor.[1][2]

A filosofía de deseño de Connew era que, o coche non só debe ser eficiente, senón que tamén debe ser fácil de traballar e manter. O deseño de Connew foi probado e refinado mediante a utilización dun túnel de vento dunha escola técnica local. Durante a construción, os pilotos Tony Trimmer, Howden Ganley e Gerry Birrell viñeron ver o coche, Trimmer afirmou que era un dos coches máis cómodos nos que se sentara.

O equipo tiña previsto facer o seu debut na competición en Mónaco, pero un repentino cambio de regras requiriu a construción doutro chasis nun tipo diferente de aluminio. Connew fixo un trato con McLaren para comprar un motor Cosworth DFV de segunda man. O francés François Migault asinou un contrato para pilotar para o equipo e tamén proporcionou un camión Ford, que levou o coche a Francia. O camión rompeuse antes de que puidese chegar ao Circuíto de Charade, a sede do Gran Premio de Francia e no seu lugar o equipo fixo un test no Circuíto Bugatti en Le Mans.

O pequeno equipo logrou presentarse no Gran Premio de Alemaña de 1972, pero sen facer unha entrada previa adecuada , a participación foi negada polos alemáns.

O coche, finalmente, participou na práctica do Gran Premio do Reino Unido de 1972, pero retirouse antes da carreira. O coche tiña unha suspensión traseira infrecuente que resultou non estar á altura, e o coche era demasiado lento.

O coche modificouse e participou no Gran Premio de Austria de 1972. Migault cualificado ao final da grella malia algúns problemas de motor. Logo de 22 voltas, Migault pasara 4 competidores, a suspensión rompeu e Migault pasou un momento desagradable. O coche desviouse cara ás barreiras na recta principal, pero o piloto detivo o coche nun punto seguro e sen danos.

O Connew reapareceu ao final da tempada do Campionato Mundial na carreira non de campionato Victory Race en Brands Hatch pilotado por David Purley, pero non puido saír debido a problemas eléctricos.

1973 : Fórmula 5000

editar

O coche foi modificado para cumprir cas normas da Fórmula 5000 e apareceu no campionato británico en 1973, equipado cun motor V8 Chevrolet[3] o coche fixo a súa primeira aparición na serie en Mallory Park. O piloto suízo Pierre Soukry clasificou o coche no vixésimo primeiro lugar, pero non puido saír debido a unha rotura na tubaxe de aceite.[4] Tres carreiras máis tarde, o Connew non puido clasificarse en Brands Hatch, con Soukry ao volante.[5] A última aparición do coche foi no final de tempada, de novo en Brands Hatch . Pilotaba Tony Trimmer pero unha colisión cunha barreira deixou o chasis sen posibilidade de reparación.

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida[6].

Ano Chasis Motor(es) Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Puntos Pos
1972 Connew PC1 Ford V8 F ARX USD ESP MON BEL FRA RU ALE AUT ITA CAN USA 0 NC
  François Migault NTS Ret

Resultados en carreiras non de Campionato

editar
Ano Carreira Circuíto Piloto Resultado Categoría Informe
1972 Rothmans 50.000[7] Brands Hatch   François Migault NSC Fórmula Libre
1972 John Player Challenge Trophy[8] Brands Hatch   David Purley NTS Fórmula 1 Resultados

Fórmula 5000

editar

Campionato Británico de Fórmula 5000[9]

editar

(Chave)

Ano Chasis Motor(es) Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18
1973 Connew PC1 Chevrolet V8 BRA MAL SIL SNE BRA OUL MAL MIS ZAN MAL MON SIL BRA OUL JYL ZAN SNE BRA
  Pierre Soukry NTS NSC
  Tony Trimmer Ret
  1. 1,0 1,1 Nye, Doug (17 February 1972). "Connew: the story so far". Autosport 46 (7): 26–28. 
  2. Diepraam, Mattijs and Muelas, Felix. "DIY heroes". forix.com. Consultado o 24/8/2007. 
  3. Brown, Allen. "Connew PC1-002". Old Racing Cars. Arquivado dende o orixinal o 17/03/2016. Consultado o 24/8/2007. 
  4. Brown, Allen. "Rothmans F5000 Championship round: Mallory Park, 8 Jul 1973". Old Racing Cars. Consultado o 24/8/2007. 
  5. Brown, Allen. "Rothmans F5000 Championship round: Brands Hatch, 27 Aug 1973". Old Racing Cars. Consultado o 24/8/2007. 
  6. Os resultados tómanse da páxina web oficial da Fórmula 1. 1972 Season review. www.formula1.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
  7. Os resultados da Rothmans 50.000 tómanse da páxina web OldRacingCars.com. Rothmans 50,000. www.oldracingcars.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
  8. Os resultados da John Player Challenge Trophy tómanse da páxina web OldRacingCars.com. John Player Challenge Trophy www.oldracingcars.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
  9. Os resultados da Fórmula 5000 tómanse da páxina web OldRacingCars.com. Formula 5000 races. www.oldracingcars.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.

Véxase tamén

editar


Ligazóns externas

editar