Condado de Alençon

(Redirixido desde "Conde de Alençon")
Condados de Francia contra 1030.
Condados de Francia contra 1180.

O condado de Alençon máis tarde Ducado de Alençon era unha xurisdición feudal do Reino de Francia centrada en Alençon, que pertencía aos señores de Bellême e Sonnois que tomaron o título de condes de Alençon ao redor do ano 1000. A dinastía de Bellême durou ata a morte de Roberto III en 1217, aínda que deixou un fillo póstumo que tiña dereito a sucesión pero morreu en 1219 e o condado pasou á coroa de Francia.

En 1268 foi entregado a Pedro, quinto fillo do rei de Francia, Luís o santo, cun territorio que inclúe unha parte do condado de Perche.

Volveu á coroa en 1283 e foi entregada en 1291 a Carlos I de Valois, irmán de Filipe IV de Francia O fermoso, aumentado cos señoríos de Moulins-la-Marche, Bonmoulin, Sainte-Scolasse-sur-Sarthe, Domfront, Argentan e Exmes. Da casa de Valois vai haber dez duques. Sucedeuno seu fillo Filipe que en 1328 se converteu en rei de Francia (Filipe VI de Francia) e concedeu o ducado ao seu irmán Carlos II o Magnánimo que faleceu en 1346.

O seu fillo Carlos III de Alençon abdicou en 1359 e dedicouse á vida eclesiástica e morreu como bispo de Lyon en 1375. O condado pasou a seu irmán, Pedro II, que aumentou o patrimonio en 1376 coa señoría de Sonnois, que foi cedida á súa muller María de Chamaillart, vizcondesa de Beaumont, como pago dunha pensión que o señor de Sonnois non puido satisfacer. Pedro II morreu o 20 de setembro de 1404 e sucedeuno seu fillo Xoán IV de Alençon, quen, como tomou o partido do duque de Orleáns, tivo que facer guerra contra o conde de Maine e o condestable de Saint Pol ata a paz de Bourges o 15 de xullo de 1413. En 1414 o condado foi convertido en ducado polo rei de Francia. Morreu na batalla de Azincourt o 21 de outubro de 1415. O seu fillo Xoán V de Alençon estaba baixo a tutela da súa nai María de Bretaña. En 1417 o ducado foi ocupado polos ingleses e durante anos será teatro de loita, cambiando algunhas terras de mans con frecuencia. Expulsados os ingleses en 1450, o duque recuperou as súas terras. O 13 de agosto de 1465 rendeu homenaxe a Carlos de Anjou, conde do Maine, polas terras e señorios de Beaumont-le-Viconde, Fresnai e Sainte Susanne, que tiña en feudo do conde, mentres que a baronia de Sonnois era un feudo da torre de Orinbandelle (Castelo de Mans), a castelana de Averlon era un feudo da baronía de Mayenne, e os feudos de Antenaise e Briçonnière eran feudos da baronía de Château-du-Loir. Morreu por morte natural en 1476 deixando á súa muller, Maria de Armagnac, ao seguinte duque, Ramón, e a unha filla, Caterina, señora de Sonnois, desde 1461, señorío que se lle deu como dote no seu matrimonio. O duque Ramón morreu en 1492 e sucedeuno seu fillo Carlos que en 1505 herdou o Sonnois da súa tía. Carlos morreu o 11 de abril de 1525 sen sucesión masculina, e o ducado de Alençon e o condado de Perche regresaron á coroa mentres os bens pasaron ás súas irmás Francisca e Ana. A coroa cedeu o condado a Margarita de Orleans e á súa morte a Catarina de Medici e a Henrique Hércules, a cuxa morte volveu á coroa en 1584 e foi dada como apanaxe despois.

Lista de condes e duques de AlençonEditar

condes de Alençon
Dinastía de Bellême
Casa capeta de Francia
Casa capeta de Valois
Duques de Alençon 
Á coroa francesa 1584-1646.
Á coroa 1660-1667.
Á coroa 1696-1710.
Á coroa 1710-1774.

Véxase taménEditar

Artigos relacionadosEditar