Xoán III de Alençon

Xoán III de Alençon chamado "o Sabio"[1], nado en 1385 e finado en Azincourt en 1415, foi conde, logo Duque de Alençon, conde de Perche e barón de Sainte Suzanne, fillo de Pedro II de Alençon e María Chamaillard. Foi o primeiro na liña que levou o título de duque.

Xoán III de Alençon
La Guerche-de-Bretagne (35) Basilique Vitrail figurant Jean Ier d'Alençon et St-Jean-Baptiste.jpg
Nacemento2 de xuño de 1385
 Essay
Falecemento25 de outubro de 1415
 Arras
CausaMorto en combate
Ocupaciónmilitar
PaiPedro II de Alençon
NaiMarie Chamaillard
CónxuxeMarie of Brittany, Lady of La Guerche
FillosJoão II d'Alençon
IrmánsCatherine of Alençon e Marie d'Alençon
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Sucedeu moi novo ao seu pai e viviu un período de axitación, no medio das faccións que dividían o círculo de Carlos VI de Francia o Tolo. Apoiou a Luís I de Orleáns e asolou as terras dos partidarios dos borgoñóns no Vermandois, despois participou nas tomas de Saint-Denis e Saint-Cloud. Carlos VI, mentres asediaba aos duques de Berry e Borbón en Bourges, enviou a Luís de Anjou contra Xoán de Alençon, que tivo que se someter ao rei e acompañouno nos cercos de Compiègne, Noyon, Soissons, Bapaume e Arràs. O rei armouno cabaleiro ante Bapaume e erixiu Alençon como ducado-paria en 1414.

Henrique V de Inglaterra invadiu Francia e os dous exércitos atopáronse na batalla de Azincourt. No momento deste gran combate, Xoán de Alençon, que dirixiu o exército francés, amosou a mesma temeridade que o seu antepasado en Crécy; dise que antes de morrer matou a Eduardo, duque de York, feriu a Humphrey, duque de Gloucester, e cortou un adorno da coroa de Henrique V de Inglaterra, pero finalmente foi superado pola garda real inglesa e cando se ía render foi morto polo nobre galés Dafydd Gam.

Matrimonio e fillosEditar

Casou o 26 de xuño de 1396 con María de Bretaña (1391 - 1446), filla de Xoán, Duque da Bretaña e Xoana de Navarra e tiveron a:

Tamén tivo fillos ilexítimos:

NotasEditar

  1. Aparece ás veces como Xoán I, por ser o primeiro deste nome en ser duque.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Liste des seigneurs de Sainte-Suzanne, en Alphonse-Victor Angot, Ferdinand Gaugain, Dictionnaire historique, topographique et biographique de la Mayenne, Goupil, 1900-1910.