Guillerme I de Ponthieu

aristócrata francés
(Redirección desde «Guillerme III Talvas»)

Guillerme I de Ponthieu, tamén chamado Guillerme III Talvas, finado o 29 de xullo de 1171, foi conde de Ponthieu de 1110 a 1126, señor de Alençon e de Sées (baixo o nome de Guillerme III) de 1119 a 1171. Era fillo de Roberto II de Bellême, señor de Bellême, de Alençon, vizconde de Hémois, e conde de Shrewsbury, e de Inés, condesa de Ponthieu.

Infotaula de personaGuillerme I de Ponthieu
Biografía
Nacemento1095 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xuño de 1171 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Lugar de sepulturaPerseigne Abbey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Bellême (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHelena da Borgonha (pt) Traducir (1115 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosGuy II of Ponthieu (en) Traducir, Clemence de Ponthieu (en) Traducir, Xoán I de Alençon, Ela de Ponthieu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRoberto de Bellême (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Agnes, Countess of Ponthieu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Ponthieu-104

Traxectoria editar

O seu pai era un nobre anglo-normando que, aínda que fiel a Guillerme I de Inglaterra, buscou independizarse á morte deste e a miúdo rebelouse contra os fillos de Guillerme. Henrique I de Inglaterra requisou as súas terras inglesas en 1102 e prendeuno en 1112. Roberto de Bellême amosárase cruel coa súa muller, ata o punto de que esta fuxiu e se refuxiou na corte de Blois, para logo establecerse no Ponthieu. Morreu entre 1106 e 1110 e despois o seu fillo Guillerme Talvas converteuse en conde de Ponthieu como Guillerme I. En 1119, Henrique Beauclerc (Henrique I) devolveu a Guillerme Talvas unha parte dos dominios confiscados ao seu pai. Morreu en 1134 e Guillerme acadou os seus dereitos en Normandía como Guillerme III.

Para dedicarse aos asuntos normandos, encomendou o condado de Ponthieu ao seu fillo Guido en 1126. No conflito entre Henrique I de Inglaterra e Godofredo Plantagenet, conde de Anjou, escolleu o bando do conde de Anjou e Henrique tomoulle os castelos de Alençon e Argentan. Aproveitou a morte do rei Henrique I para retomar Alençon. A morte do rei anunciou unha guerra de sucesión entre Matilde de Inglaterra, filla do rei e muller de Godofredo Plantagenet, e Estevo de Blois, sobriño do rei. Mentres a maioría dos señores veciños se uniron a Estevo, Guillerme permaneceu leal a Godofredo e Matilde e tivo que defenderse contra Rotrou III de Perche e Ricardo de l'Aigle. En 1147, seguiu o rei Lois VII o Mozo á segunda cruzada. Á súa volta, un litixio fixo que se opuxese a Henrique II Plantagenet, o novo conde de Anjou e duque de Normandía, e este retomoulle Alençon. Para se vingar, Guillerme arrasou a zona entre Perche e Normandía.

Despois de fundar varios establecementos relixiosos, especialmente a Abadía de Perseigne, Guillerme Talvas morreu o 29 de xuño de 1171.

Matrimonio e fillos editar

Casara sobre 115 con Helena de Borgoña (circa 1080 - 1141), filla do duque de Borgoña Odón I, e de Sibila de Borgoña, e viúva do seu primeiro matrimonio con Bertrán de Tolosa. Deste matrimonio naceron:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar