Guillerme IV de Alençon

Guillerme IV de Alençon, finado en 1203, era fillo de Xoán I de Alençon e suposto sucesor como conde de Alençon do seu irmán Xoán II de Alençon[1].

Infotaula de personaGuillerme IV de Alençon
Biografía
Nacementoséculo XII Editar o valor em Wikidata
Morte1203 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
PaisXoán I de Alençon Editar o valor em Wikidata  e Beatrix de Maine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa mención como conde sería un erro, xa que en 1171 as casas de Alençon e Ponthieu dividíronse á morte de Guillerme I de Ponthieu e III de Alençon ou Guillerme III Talvas, e en Ponthieu era conde o fillo máis vello deste, Guido I de Ponthieu, cuxo fillo, Xoán I (de Ponthieu), morreu antes ca el, deixando un fillo co nome de Guillerme que se tería confundido con este suposto Guillerme IV de Alençon. Aparece citado un Guillerme como "Comitis Pontivorum", pero sería Guillerme II de Ponthieu e non Guillerme IV de Alençon[2].

Menciónase a Guillerme de Alençon xunto ao seu pai e os seus irmáns Xoán (II) e Roberto (III) na confirmación dun diploma na Abadía de Perseigne o 10 de abril de 1185 e nunha carta de doazón á "Abadía de San Martíño de Troarn de 1190, sendo señor de La Roche-Mabile". Casou cunha dama chamada Cecilia e non se lles coñece descendencia.

Se tivese sido conde, tería exercido entre a morte do seu irmán Xoán II e a súa propia morte en 1203 e teríao sucedido o seu irmán Roberto III de Alençon.

Notas editar

  1. Enciclopedia Espasa, volume 4, p. 520
  2. En escritos en latín menciónase a "Johannes comes Alençonis filius Willermi Pontivorum comitis" (Xoán I de Alençon, fillo do conde Guillerme I de Ponthieu)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar