Carl Reichenbach

filósofo alemán

Carl (ou Karl) Ludwig von Reichenbach, nado en Stuttgart o 19 de xaneiro de 1869, e finado o 19 de xaneiro de 1869 en Leipzig, foi un químico, xeólogo, metalúrxico, naturalista, industrial e filósofo, e membro da Academia de Ciencias de Prusia, que é máis coñecido polos seus descubrimentos de varios produtos químicos de importancia económica, extraídos do alcatrán, como a eupiona, a parafina cerosa, o pitacal (a primeira tintura sintética) e o fenol (un antiséptico). Tamén dedicou os seus últimos anos a investigar un campo da enerxía non probado daquela, que combina a electricidade, o magnetismo e a calor, emanado de todos os seres vivos, ao que chamou forza ódica.[1]

Infotaula de personaCarl Reichenbach

Carl Ludwig von Reichenbach
Nome orixinalKarl Ludwig Freiherr von Reichenbach
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1788
Stuttgart
Morte19 de xaneiro de 1869
Leipzig
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Formación profesionalDoutor en Filosofía
EducaciónUniversidade de Tubinga
Coñecido porVexase o texto
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico, xeólogo, metalúrxico, naturalista, industrial e filósofo
EmpregadorAcademia de Ciencias de Prusia
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaC.Rchb. Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor em Wikidata
FillosHermine von Reichenbach Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Reichenbach-294

Traxectoria editar

Vida editar

Reichenbach, á idade de 16 anos concibiu a idea de establecer un novo estado alemán nunha das illas dos Mares do Sur e, durante cinco anos, dedicouse a este proxecto.

Estudou na Universidade de Tubinga, onde obtivo o grao de Doutor en Filosofía. Posteriormente, dirixiu a súa atención á aplicación da ciencia ás artes industriais, visitou fábricas de varios tipos, e metalúrxicas en Francia e Alemaña, e estableceu a súa primeira empresa metalúrxica moderna, con forxas propias en Villingen e Hausach, na rexión da Selva Negra, no sur de Alemaña e, máis tarde, en Baden, na Baixa Saxonia, preto de Bremen.

Contribucións científicas editar

Reichenbach realizou investigacións científicas orixinais en moitas áreas. A primeira monografía xeolóxica que apareceu en Austria foi a súa Geologische Mitteilungen aus Mähren (Viena, 1834).[1]

A súa posición como xefe das grandes fábricas químicas, fornos de ferro e talleres de máquinas da gran propiedade do conde Hugo garantiulle excelentes oportunidades para realizar investigacións experimentais a grande escala. De 1830 a 1834 investigou produtos complexos da destilación de substancias orgánicas como o alcatrán de hulla e de madeira, descubrindo unha serie de valiosos compostos de hidrocarburos, entre eles a creosota, a parafina, o eupione e o fenol (antisépticos), o pitacal e o cidreret (colorantes sintéticos), o picamar (unha base de perfume), o assamar, o capnomor e outros. Baixo o nome de eupione, Reichenbach incluíu a mestura de aceites de hidrocarburos que agora se coñecen como aceites de parafina cerosa ou de carbón. No seu artigo no que se describe a substancia, publicado por primeira vez no Neues Jahrbuch der Chemie und Physik, detívose na importancia económica desta e das súas parafinas asociadas, sempre que se establezan os métodos para separalas de forma barata dos compostos betuminosos naturais.[1]

O magnetismo terrestre editar

Reichenbach ampliou o traballo de científicos anteriores, como Galileo Galilei, quen cría que o eixe da Terra estaba conectado magneticamente a unha forza central universal no espazo, ao concluír que o magnetismo terrestre provén do ferro magnético, que se pode atopar nos meteoritos. O seu razoamento foi que os meteoritos e os planetas son iguais, e non importa o tamaño do meteorito, a existencia polar pódese atopar no obxecto. Isto foi considerado concluínte pola comunidade científica no século XIX.

A forza ódica editar

En 1839 Von Reichenbach retirouse da industria e entrou nunha investigación sobre a patoloxía do sistema nervioso humano. Estudou a neurastenia, o somnambulismo, a histeria e a fobia, acreditando informes de que estas condicións estaban afectadas pola Lúa. Despois de entrevistar a moitos pacientes, descartou moitas causas e curas, pero concluíu que tales enfermidades tendían a afectar a persoas cuxas facultades sensoriais eran infrecuentemente vivas. A estes chamou "sensíbeis".[2]

Influído polos traballos de Franz Anton Mesmer formulou a hipótese de que a condición podía verse afectada polo electromagnetismo ambiental, pero finalmente as súas investigacións levárono a propoñer unha nova forza imponderábel liagda ao magnetismo, que pensaba que era unha emanación da maioría das substancias, unha especie de "principio de vida" que impregna e conecta todos os seres vivos. A esta manifestación vitalista deulle o nome de forza ódica.[3]

Algunhas publicacións editar

Honores editar

Epónimos editar

  • (Apiaceae) Cnidium reichenbachii Huter ex Nyman.[4]
  • (Asteraceae) Centaurea reichenbachii Hayek.[5]
  • (Cyperaceae) Carex reichenbachii Kük.Pflanzenr. (Engler) Cyperac.-Caricoid. 138. 1909 (IK).</ref>

Abreviaturas editar

A abreviatura C.Rchb. úsase para indicar a Carl Reichenbach como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[6]

A abreviatura Reichenbach emprégase para recoñecer a Carl Reichenbach como autotridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Reichenbach, Karl. En The New American Cyclopedia, 1863.
  2. Odic-Magnetic Letters - 1859. archive.org. New York: C. Blanchard, 1860.
  3. Gerry Vassilatos (2000): Lost Science. Adventures Unlimited Press. ISBN 978-0-9328-1375-6.
  4. Consp. Fl. Eur. Suppl¡. 2 (1): 140. 1889 (IK).
  5. Denkschr. Kaiserl. Akad. Wiss., Wien. Math.-Naturwiss.`` Kl. lxx. 714. 1901.
  6. C.Rchb. – Carl (Karl) Ludwig von Reichenbach (1788-1869) no IPNI.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar