Camila de Cornualles
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Camila, duquesa de Cornualles, (nada Camilla Rosemary Shand, Camilla Parker Bowles tras o seu primeiro matrimonio e Camilla Windsor tras o seu segundo matrimonio), é a segunda esposa de Carlos de Gales e por matrimonio posúe, á parte do título ducal de Cornualles, os títulos de duquesa de Rothesay e de Chester.
Camilla de Cornualles | |
---|---|
Duquesa de Cornualles | |
![]() | |
A duquesa de Cornualles en 2014 | |
Nome completo | Camilla Rosemary Shand |
Outros títulos |
|
Nacemento | 17 de xullo de 1947 Londres, Inglaterra ![]() |
Predecesor | Diana de Gales |
Cónxuxe/s |
|
Descendencia | |
Casa real | Casa de Windsor (por matrimonio) |
Proxenitores | Bruce Shand Rosalind Cubitt |
![]() | |
Aínda que legalmente é princesa de Gales, o día do anuncio do compromiso matrimonial, o Palacio de Buckingham anunciou que Camila levaría o título de duquesa de Cornualles, con tratamento de Alteza Real, evitando confusións e brindando respecto á falecida Diana de Gales. Usa este título en todas as partes, excepto en Escocia, onde utiliza o título de duquesa de Rothesay. Dende 2013 ocupa o cargo honorífico de chanceler da Universidade de Aberdeen, en Escocia.
É unha das tres únicas princesas herdeiras consortes dunha casa reinante europea con ascendencia nobre.