Camerún nos Xogos Olímpicos

O Camerún participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos de Verán. O país retirouse dos Xogos de 1976 após tres días de competición, para unir o boicot africano en resposta da participación de Nova Zelandia, quen aínda mantiña relacións deportivas coa Suráfrica do apartheid. O Camerún tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno nunha ocasión, en 2002, cun só representante, Isaac Menyoli.

Camerún nos Xogos Olímpicos

Código COI CMR
Comité nacional Comité Nacional Olímpico e Deportivo do Camerún
www.cnosc.org (en francés)
Medalleiro
Ouro
3
Prata
1
Bronce
2
Total
6

Os deportistas cameruneses gañaron un total de seis medallas, incluíndo a medalla de ouro en fútbol nos Xogos de 2000.

O Comité Nacional Olímpico e Deportivo do Camerún foi creado e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1963.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Toquio 1964 1 0 0 0 0
  Cidade de México 1968 5 0 1 0 1 39
  Múnic 1972 11 0 0 0 0
  Montreal 1976 8 0 0 0 0
  Moscova 1980 25 0 0 0 0
  Os Ánxeles 1984 48 0 0 1 1 43
  Seúl 1988 15 0 0 0 0
  Barcelona 1992 8 0 0 0 0
  Atlanta 1996 15 0 0 0 0
  Sydney 2000 35 1 0 0 1 50
  Atenas 2004 17 1 0 0 1 54
  Pequín 2008 33 1 0 0 1 52
  Londres 2012 33 0 0 1 1 79
  Río de Xaneiro 2016 24 0 0 0 0
  Toquio 2020 12 0 0 0 0
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 3 1 2 6 74

Medalla nos Xogos Olímpicos editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Salt Lake City 2002 1 0 0 0 0
1988–2018 non participou
Total 0 0 0 0

Medallas por deporte editar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Atletismo 2 0 0 2
  Fútbol 1 0 0 1
  Boxeo 0 1 1 2
  Halterofilia 0 0 1 1
Total 3 1 2 6

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar