Buciños, Buciños, Carballedo
Buciños é un lugar da parroquia de Buciños que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2017 tiña 23 habitantes (12 mulleres e 11 homes), catro mulleres menos ca en 2016. En 2018 eran 24 (14 mulleres e 10 homes).
Buciños | |
---|---|
Detalle da igrexa parroquia de Buciños | |
Parroquia | Buciños |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°32′18″N 7°51′10″O / 42.538361, -7.852667 |
Poboación | 22 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO nome do lugar deriva do antropónimo en latín Buccinius relacionado con buccina/bucina[1].
Fóra da parroquia ningún outro lugar de Galicia leva o nome de Buciños.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial, situada no lugar de Buciños, foi construída entre finais do século XVIII e comezos do XIX. No seu interior consérvanse as cinzas de San Pexerto mártir, atopado en xaneiro de 1823 nas catacumbas de San Calisto de Roma[2]. Os restos foron doados en 1832 polo bispo de Valladolid José Antonio de Ribadeneira, natural desta parroquia, xunto cun vaso de sangue e a lápida de pedra do seu sepulcro anterior coas letras gravadas PEGERTVS[3]. O nome Pegerto foi moi común na contorna, e se ben a xente do lugar pronuncia "Pegerto ou Peguerto", a evolución natural de ser palabra patrimonial sería Pexerto. A súa festividade celébrase o 9 de setembro,[4] cunha romaría de sona porque a el ofrecíanse os mozos que entraban en quintas xa que era crenza que fora soldado en Roma. Moita xente ía o día 8 á Nosa Señora do Faro e xa continuaba para Buciños celebrar o San Pexerto.
Tamén era moi concorrida a festa do patrón San Miguel (29 de setembro) na que se xuntaba moita xente para "comer de campo" a carne ao caldeiro, o polbo á feira e a comida da casa. Ademais do campo da festa enchíanse de xente os prados da regueira. Como xa era unha festa tardía e no tempo da vendima repetíase o dito: San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.
Fronte á igrexa parroquial está a casa natal do escultor Manuel García "Buciños".
Buciños na cultura popular
editarCarballedo, terra de boas mozas, que en Buciños sonche roxas!
Lugares e parroquias
editarLugares de Buciños
editarLugares da parroquia de Buciños no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Alén do Río | A Barreira | O Barrio | Buciños | A Casa Grande | O Coedo | A Corna | A Corveira de Baixo | A Eirexiña | Loureiro de Baixo | Loureiro de Riba | O Outeiro de Buciños | O Porto | San Trocado | Surrego | A Torre | Trasar de Sabugueiro | Trasmontes |
Parroquias de Carballedo
editarNotas
editar- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Arquitectura religiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 06/07/2017.
- ↑ "Pegerto". Lembranzas do Seminario de Lugo. Consultado o 06/07/2017.
- ↑ Guerra, Jesús (2004). Vida y novena de San Pegerto de Buciños.