Bill Whitehouse
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 1954
Escudería(s) Connaught privado
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1954
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1954


Bill Whitehouse nado en Plumstead o 1 de abril de 1909 e finado en Reims o 14 de xullo de 1957 foi un británico expiloto de carreiras de Inglaterra.

Bill empezou a competir nun Cooper 500 en 1949 nas carreiras de 500 cc Car Club National (máis tarde Fórmula 3). Seguiron varias vitorias e boa colocacións. Participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o 17 de xullo de 1954. Retirouse da carreira con problemas no sistema de combustible e non anotou puntos no Campionato do Mundo. Tamén competiu en varias carreiras fora do campionato de Fórmula Un. Bill foi o propietario do Westmount Garage en Blendon, Bexley, Kent. Este garaxe foi máis tarde a base do equipo Gemini Formula Junior. Morreu nun choque durante unha carreira de Fórmula 2 en Reims pilotando un coche oficial prestado despois de que o seu Cooper T39 privado tivese falla no motor.[1] Posteriormente tamén morreu o americano Herbert MacKay-Fraser.

Resultados Completos na Fórmula Un Editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1954 Bill Whitehouse Connaught Type A Lea-Francis 4 en liña ARX 500 BEL FRA GBR
Ret
ALE SUI ITA ESP NC 0

Notas Editar

  1. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 401. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar