Remolacha

especie de planta
(Redirección desde «Beta vulgaris»)
Para a variedade botánica cultivada polas súas follas e coñecida como acelga, véxase Acelga.

A remolacha[1][2][3] ou beterraba[4] (Beta vulgaris) é unha planta da familia das quenopodiáceas (Chenopodiacea), segundo a clasificación clásica, ou das amarantáceas (Amaranthaceae), segundo a clasificación filoxenética,[5][6][7] cuxas follas e raíces son comestíbeis.

Existen numerosas variedades da especie, das que algunhas se empregan para a alimentación humana (ben a raíz, ben as follas, como na acelga (Beta vulgaris var. cicla) ; outras como penso para o gando (remolacha forraxeira[2]: Beta vulgaris var.alba) , e outras para a produción de azucre (remolacha azucreira,[2] Beta vulgaris subsp. vulgaris var. altissima). Tamén existe a acelga mariña (Beta vulgaris subsp maritima ou Beta maritima).

A variedade de mesa ten raíces grosas, vermellas e carnosas, que se consomen principalmente cocidas, en ensaladas; a cor débese a dous pigmentos, a betacianina e a betaxantina, que resultan indixeríbeis, polo que tinxen o bolo alimentraio, os excrementos e a urina desa cor. Porén, pola súa atoxicidade úsase frecuentemente como colorante alimentario.

Como subproduto da industria azucreira está a polpa de remolacha. Este residuo industrial utilízase principalmente para a alimentación do gando (para os ruminantes).

Algúns doutros posíbeis usos, debido ao seu alto contido en pectinas, á a súa utilización para a produción de biocombustíbeis a través dun tratamento encimático e a súa posterior fermentación.

Morfoloxía editar

Caules de até 1 ou 2 m de altura, nas plantas silvestres (nas variedades cultivadas é moito máis curto), con follas en acorazonadas de entre 5 e 20 cm de longo nas plantas silvestres; . As flores son de 3 a 5 mm de diámetro, con 5 pétalos, e están reunidas densas espigas. É polinizada polo vento. O froito é un acio.

Propiedades editar

Remolacha crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía180 kJ (43 kcal)
9.56 g
Azucres6.76 g
Fibra alimentaria2.8 g
0.17 g
1.61 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
0%
2 μg
0%
20 μg
Tiamina (B1)
3%
0.031 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.04 mg
Niacina (B3)
2%
0.334 mg
Ácido pantoteico (B5)
3%
0.155 mg
Vitamina B6
5%
0.067 mg
Ácido fólico (B9)
27%
109 μg
Vitamina C
6%
4.9 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
16 mg
Ferro
6%
0.8 mg
Magnesio
6%
23 mg
Manganeso
16%
0.329 mg
Fósforo
6%
40 mg
Potasio
7%
325 mg
Sodio
5%
78 mg
Cinc
4%
0.35 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga87.58g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
 
Corte de remolacha cocida.

As raíces de Beta vulgaris conteñen unha cantidade significativa de vitamina C, e as follas son unha fonte de vitamina A. Ambas as dúas son igualmente fontes de fibra alimentaria, de ácido fólico e de antioxidantes. As raíces tamén son ricas en betaína (N,N,N-trimetilglicina).

A remolacha é rica en nitratos, que se transforman en nitritos grazas ás bacterias presentes na boca. Estes nitritos actúan sobre a vasodilatación arterial e a fluidificación do sangue, o que mellora o afluxo do sangue a certas zonas do cerebro. Unha dose cotiá de zume de remolacha pode, potencialmente, previr a demencia e a diminución cognitiva mellorando o afluxo sanguíneo cerebral.[8]

Cultivo editar

 
Remolachas.
 
Raíces de remolacha azucreira.

A remolacha é unha planta bienal, resistente, que pode ser cultivada comercialmente nunha gran variedade de climas temperados.

Durante a súa primeira estación de crecemento, produce unha gran raíz (de até 1 ou 2 kg) de almacenamento, cuxa masa seca contén do 15 ao 20 % en peso de sacarosa.

Se a planta non se colleita nese momento, a continuación, durante a súa segunda estación de crecemento, os nutrientes da raíz utilízanse para producir flores e, consecuentemente, froitos e sementes, reducíndose a raíz de tamaño. Na produción de remolacha comercial, colléitase despois da primeira estación de crecemento.

Na maioría dos países de climas temperados, as remolachas seméntanse na primavera, colleitándose en outono. En climas máis cálidos, como no Imperial Valley (California), a remolacha é un cultivo de inverno, sementándose en outono e colleitándose na primavera.

Até a segunda metade do século XX, a produción de remolacha, especialmente a azucreira, era moi intensiva en traballo. O control de plantas ventureiras realizábase mediante unha gran densidade de sementes nos cultivos, e despois o traballo tiña que ser matador manualmente cun legón, dúas ou incluso tres veces durante o período vexetativo. A recolección tamén requiría moitos traballadores.

Aínda que as raíces podían arrincarse por un dispositivo formado por un arado movido por un grupo de bestas, o resto das tarefas de recolección realizábanse a man. O labrador tomaba a remolacha polas súas follas, sacudía a terra e cortaba as follas, despois cada parte ía a unha fileira, as raíces a un lado, as follas verdes a outro. Un segundo traballador equipado cun coitelo de remolacha (unha ferramenta de mango curto parecida a un pequeno fouciño), cortaba a coroa. As raíces de remolacha transportábanse despois en carros.

Hoxe en día a sementeira é mecánica, e a aplicación de herbicidas para o control de plantas ventureiras e a colleita mecanizada supuxo a non dependencia de numerosos traballadores. Unha rotobatidora utiliza unha serie de coitelas para cortar a folla e a coroa da raíz (que é baixa en azucre). A cultivadora de remolacha levanta a raíz, eliminando o exceso de terra nunha soa pasada sobre o campo. Unha cultivadora moderna adoita cubrir seis regos ao mesmo tempo. As raíces bótanse en camións.

Se a remolacha ten que deixarse almacenada para entregala ao cabo dalgún tempo, fórmanse montóns que se cobren con palla para protexela da intemperie. Sempre que o montón estea ben construído e teña unha correcta ventilación, a remolacha non se deteriora de maneira significativa. As remolachas que, para conservarse, se conxelan e despois se desconxelan, producen hidratos de carbono complexos que causan graves problemas de produción na fábrica.

Uso alimenticio editar

O uso máis común deste vexetal é como alimento directo, pero tamén ten outras utilidades na alimentación, tales como:

  • Azucre, que se extrae dalgunhas variedades, despois de varios procesos. As variedades usadas nesta produción adoitan seren triploides xa que son moito máis produtivas.
  • Polpa de remolacha, obtida como subproduto da fabricación do azucre, e empregada como alimento dos ruminantes.
  • Colorante: da raíz obtense o E162, vermello remolacha.

Sinonimia editar

Beta vulgaris recibiu ao longo da historia distintos nomes científicos que se consideran sinónimos:[9]

  • Beta cicla L.
  • Beta esculenta Salisb.
  • Beta hortensis Mill.
  • Beta rapa Dumort.
  • Beta vulgaris subsp. cicla (L.) Schübl.&G.Martens
  • Beta vulgaris subsp. esculenta (Salisb.) Cout.
  • Beta vulgaris var. rapacea Willk.

Historia editar

A remolacha coñécese como hortaliza desde a Antigüidade. As súas primeiras referencias escritas veñen dos gregos, no século V a.C., e as principais variedades cultivadas foron descritas na Idade Media, especialmente por Pierandrea Mattioli. A orixe da súa utilización alimentaria das raíces parece situarse na gran chaira europea que se estende desde Alemaña até Rusia.

En 1600, Olivier de Serres escribiu en Le théâtre d'agriculture et mesnage des champs:

Unha especie de chaurovía é a remolacha, que nos chegou de Italia non hai moito tempo. É unha raíz forte, vermella, bastante grosa, das que as follas son as acelgas, e toda ela boa para comer, aparellada na cociña: até a raíz está situada entre as viandas delicadas, e o zume que produce, cocida, é semellante a un sirope de azucre, e é moi agradábel para ver pola súa vermella cor.

Parece que foi o primeiro en extraer o azucre das remolachas, pero non tivo éxito porque non deu cun proceso rendíbel.

En 1747, un alemán, Andreas Sigismund Marggraf, tivo éxito na extracción de azucre da remolacha. Un alumno seu, o profesor Achard, puxo este descubrimento a disposición da Academia prusiana. Esta iniciativa cristalizou en marzo de 1802, coa entrada en servizo da primeira fábrica de azucre de remolacha no mundo, en Kürnen do Oder (Silesia). A súa produción era artesanal: 70 kg de remolacha daban sobre 2 kg de azucre ao día.

A data do 21 de novembro de 1806 constitúe un fito chave para a economía azucreira europea. Para responder ao bloqueo imposto polos exércitos británicos aos portos franceses, Napoleón instaurou o bloqueo continental: todas as mercadorías británicas foron daquela prohibidas en solo francés, o que incluía o azucre de cana proveniente das Antillas. Para compensar a penuria de azucre de cana, o emperador decidiu apoiar activamente a produción de remolacha azucreira. En poucos anos creáronse numerosas fábricas de transformación.

A primeira extracción industrial de azucre en Francia foi obra de Benjamin Delessert, en 1812.

 
Moderna cultivadora de remolacha azucreira.

Cando se levantou o bloqueo, o azucre de cana das colonias antillanas inundou de novo o mercado. Baixo o peso da competencia, a nacente industria acusou o golpe. Un gran número de azucreiras pecharon as súas portas despois de sufrir importantes perdas. Pero a abolición da escravitude, en 1848, xerou unha forte suba do prezo do azucre de cana debido a unha diminución da súa produción. Os remolacheiros aproveitaron e, ao tempo, as industrias azucreiras melloraron progresivamente os seus rendementos grazas á construción de grandes unidades de produción.

A remolacha forraxeira desenvolveuse fortemente en Europa a mediados do século XX, chegando os seus cultivos en Francia a ocuparen preto dun millón de hectáreas pouco antes da segunda guerra mundial. Pero máis tarde diminuíu moito debido ao aumento do consumo de millo ensilado para a alimentación invernal dos bovinos.[10][11]

Pero recentemente o cultivo da remolacha volveuse a desenvolver para producir etanol, e está en curso o desenvolvemento do seu uso para a produción de biocombustibles como o biogás.

O Museo da Remolacha Azucreira editar

O Museo de la Remolacha Azucarera (MUREA), situado en Alfambra, a 26 km de Teruel (España), é a única instalación museolóxica coñecida no mundo sobre este produto.[12] A súa instalación realizouse nun antigo lavadoiro modernista, datado en 1926, e consta de tres seccións:

  • Fondo permanente de apeiros, maquinaria e transporte relacionados coa remolacha.
  • Montaxes que amosan sementes e raíces da planta.
  • Centro de interpretación.
  • Salón de actos con vídeos sobre o cultivo da remolacha.

O MUREA foi nomeado "entidade colaboradora" do programa Europeo "Comenius", na súa convocatoria de 2007, a través da Axencia Nacional Sócrates, da UE.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para remolacha.
  2. 2,0 2,1 2,2 BUSCatermos - Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela remolacha
  3. Definición de Remolacha no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  5. PLANTS Profile for Beta vulgaris (common beet); USDA PLANTS (en inglés) Consultada o 31/07/2012.
  6. "Spinach, Beet and Swiss Chard - Notes - HORT410 - Vegetable Crops - Department of Horticulture and Landscape Architecture - Purdue University". Hort.purdue.edu. Arquivado dende o orixinal o 16-09-2012. Consultado o 12-09-2012. (en inglés) Consultada 0 31/07/2012.
  7. "Integrative Biology 335: Systematics of Plants". Life.illinois.edu. Arquivado dende o orixinal o 10-05-2011. Consultado o 12-09-2010.  (en inglés) Consultada o 31/07/2012.
  8. Presley, Tennille D. e col. (2010): "Acute effect of a high nitrate diet on brain perfusion in older adults. Nitric Oxide.
  9. M.M.P.N. DATABASE Beta names
  10. Hill, G. e Langer, R. H. M. (1991): Agricultural plants. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 197–199. ISBN 0-521-40563-7.
  11. "Sugarbeet. University of California.". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2009. Consultado o 31 de xullo de 2012. 
  12. Sitio web do Museo Arquivado 28 de febreiro de 2016 en Wayback Machine..

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Hanelt, Peter; Büttner, R.; Mansfeld, Rudolf e Kilian, Ruth (2001): Mansfeld's Encyclopedia of Agricultural and Horticultural Crops. Springer. pp. 235–241. ISBN 3-540-41017-1.
  • Hill, G. e Langer, R. H. M. (1991): Agricultural plants. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 197–199. ISBN 0-521-40563-7.
  • Hopf, Maria e Zohary, Daniel (2000): Domestication of plants in the old world: the origin and spread of cultivated plants in West Asia, Europe, and the Nile Valley. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 0-19-850356-3.

Ligazóns externas editar