Baia
- Este artigo trata sobre un nome, para o accidente xeográfico véxase Baía.
Baia[1], ou as variantes Eulalia, Oalla, Balla e Alla,[1] é un nome propio feminino galego de orixe grega: Ευλαλια (Eulalia) que significa "a ben falada. En Galicia Santa Baia é patroa de multitude de parroquias, polo que debeu ser un nome común na antigüidade. Tamén en Cataluña hai unha gran devoción por Santa Baia ou Eulàlia[2] que é patroa de Barcelona xunto con Nosa Señora da Mercé. Ás veces confúndense as vidas de Santa Baia de Mérida con Santa Baia de Barcelona, nena martiritzada a principios do século IV.[3]

O nome Baia/Eulalia foi un nome frecuente na Idade Media en Francia, España e Portugal ("Eulàlia"). Desde os anos 60-70 foi perdendo popularidade, mais os seus hipocorísticos de orixe galega-asturiana: Olaia, Olalla foron gañando popularidade dende aquela en toda España, especialmente no norte (tamén a forma catalá ‘’Laia’’). A forma masculina Eulalio/ Baio está en desuso, tampouco é común a forma galega Baia hoxe en día, sendo a máis común en Galicia a forma Olalla.[3]
Onomástica editar
A festa onomástica celébrase os días[4]:
- Santa Baia de Mérida, virxe e mártir, 10 de decembro, patroa de multitude de parroquias galegas. Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Eulalia.
- Santa Baia de Barcelona, virxe e mártir, 12 de febreiro, patroa de Barcelona.
Orixe e difusión editar
Baia / Olalla é a evolución galega do nome culto Eulalia. Este deriva do adxectivo grego eulalos, composto de ευ (eu, "ben") e λαλεω (laleo, "falar"); o significado pode ser interpretado como "o que fala ben", "que fala con dozura"[5], "elocuente". A forma grega do nome sería Ευλαλια (Eulalia), aínda que só está documentado o masculino Ευλαλιος (Eulalios), latinizado despois tanto ao masculino coma ao feminino.
A difusión do nome débese ao culto ás santas así chamadas, en particular ás dúas mártires españolas, unha de Barcelona e a outra de Mérida. O nome é sonado ademais de en España, en Portugal e Francia. En Italia a notoriedade do nome aumentou grazas a unha canción de Quartetto Cetra de 1947, Eulalia Torricelli da Forlì. En Inglaterra, en época medieval, Eulalia semella confundirse en parte co nome Ilaria, Hilary.
Variantes editar
Variantes en galego editar
A variante máis común en Galicia (por ser patroa en máis parroquias) é Baia, sendo a variante culta Eulalia. Existen ademais as variantes Olalla (moi frecuente hoxe en día), Olaia, Oalla, Alla, Balla e Oballa.
Variantes noutras linguas editar
- Asturiano: Lala, Olalla.
- Catalán: Eulàlia, Olalla
- Hipocorístico: Laia
- Eslovaco: Eulália
- Esloveno: Evlalija
- Español: Eulalia, Olalla, Olaya
- Éuscaro: Eulale, Olaia, Eulari.
- Francés: Eulalie
- Galego: Baia, Olalla, Olaia, Alla.
- Variante culta: Eulalia.
- Grego antigo: Ευλαλια (Eulalia)
- Masculino: Ευλαλιος (Eulalios)
- holandés: Eulalia
- Húngaro: Eulália
- Inglés: Eulalia
- Hipocorístico: Eula, Lalia
- Latín: Eulalia
- Masculino: Eulalius
- Polonés: Eulalia
- Portugués: Eulália
- Ruso: Евлалия (Evlalija)
Datos do censo en España e Galicia editar
O nome Baia, malia ser a forma galega máis repetida no patrón parroquial, non conta con representación na poboación hoxe en día.[6] Tampouco aparece hoxe a variante rara Oalla.
A variante Eulalia, moi popular noutras zonas de España, non é moi común en Galicia, lévana só 706 mulleres[6], tamén é curioso que media de idade é alta: 61 anos.
A variante galega Olalla, aparece practicamente só en Galicia, con 1270 das 2896 en toda España, sendo a máis común de todas a versións do nome hoxe en día en Galicia.[6]
A variante galega Olaia, común na lingua vasca abunda en Galicia e no País Vasco, con 2414 mulleres, 186 delas en Galicia.[6]
A variante castelá (de orixe galega) Olaya é tamén moi común no noroeste do estado, con 2964 mulleres en todo o estado, 326 en Galicia.[6]
Persoeiros editar
- Baia de Mérida, mártir da época antiga.
- Baia de Barcelona, mártir da época antiga e patroa da cidade.
- Olallo, antipapa ou Eulalio, 380, antipapa romano.
- Eulalia de Borbón, 1864, infanta de España, filla da Raíña Isabel II.
- Olaia Fernández Davila, Vigo 1954, política galega do BNG, deputada no congreso de España.
- Eulalia Agrelo Costas, Rianxo 1974, filóloga e ensaísta galega.
- Eulalie Jensen, actriz estadounidense.
- Laia Manetti, actriz italiana.
- Laia Palau, deportista española.
- Eulalio Gutiérrez, político mexicano.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-06.
- ↑ Lligadas, Josep (1997). Santa Eulàlia, una fe jove (en catalán) (1ª ed.). Barcelona: Centre de Pastoral Litúrgica. ISBN 84-7467-447-6.
- ↑ 3,0 3,1 Laia a sellamara.com Arquivado 18 de agosto de 2015 en Wayback Machine., Datos do Censo Español, Fonte: INE.
- ↑ http://www.ecampmany.com/santoral
- ↑ "Hilary". Online Etymology Dictionary (en inglés). Consultado o 5 novembro 2014.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Instituto Nacional de Estadística
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Accademia della Crusca (1830). Dizionario della lingua italiana - Volume VII. Padua: Tipografia della Minerva.
- Albaigès i Olivart, Josep M. (1993). Diccionario de nombres de personas. Edicions Universitat Barcelona. ISBN 84-475-0264-3.
- Burgio, Alfonso (1992). Dizionario dei nomi propri di persona. Roma: Hermes Edizioni. ISBN 88-7938-013-3.
- Galgani, Fabio (2005). Onomastica Maremmana. Centro Studi Storici "A. Gabrielli".
- La Stella T., Enzo (2009). Santi e fanti - Dizionario dei nomi di persona. Roma: Zanichelli. ISBN 978-88-08-06345-8.