BRICS
Os BRICS son unha asociación de países e grupo económico, político e social formado por Brasil, Rusia, a India, a China e Suráfrica,[1] aos que se lle incorporan, a partir do 1 de xaneiro de 2024, Arxentina, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Exipto e Etiopía.[2] Até a incoporación da República Surafricana en 2011, o grupo era coñecido como BRIC.
Todas estas nacións teñen en común unha gran poboación: a China e a India superan os 1 100 millóns e o Brasil e Rusia os 150 millóns; un enorme territorio, case 38,5 millóns de quilómetros cadrados, o que lles proporciona dimensións estratéxicas continentais e unha xigantesca cantidade de recursos naturais e enormes cifras que adoitan presentar de crecemento do seu PIB e de participación no comercio mundial nos últimos anos, o que os fai atractivos como destino de investimentos. México e Corea do Sur son os únicos países comparables aos BRICS, mais as súas economías excluíronse debido a que xa son membros da OCDE. Tódolos países BRICS forman parte do G20.
Reunións da cúpula dos BRICS
editarCúpula | Participantes | Data | País anfitrión | Líder anfitrión | Localización |
---|---|---|---|---|---|
1ª | BRIC | 16 de xuño de 2009 | Rusia | Dmitrii Medvedev | Ekaterimburgo |
2ª | BRIC | 15 de abril de 2010 | Brasil | Luiz Inácio Lula da Silva | Brasilia |
3ª | BRICS | 14 de abril de 2011 | China | Hu Jintao | Sanya |
4ª | BRICS | 29 de marzo de 2012 | India | Manmohan Singh | Nova Deli |
5ª | BRICS | 26 de marzo de 2013 | Suráfrica | Jacob Zuma | Durban |
6ª | BRICS | 15 de xullo de 2014 | Brasil | Dilma Rousseff | Fortaleza |
7ª | BRICS | 9 de xullo de 2015 | Rusia | Vladimir Putin | Ufa |
8ª | BRICS | 16 de outubro de 2016 | India | Narendra Modi | Goa |
9ª | BRICS | 5 de setembro de 2017 | China | Xi Jinping | Xiamen |
10ª | BRICS | 26 de xullo de 2018 | Suráfrica | Cyril Ramaphosa | Xohanesburgo |
11ª | BRICS | 13 e 14 de novembro de 2019 | Brasil | Jair Bolsonaro | Brasilia |
12ª | BRICS | 17 de novembro de 2020 | Rusia | Vladimir Putin | San Petersburgo (virtual) |
13ª | BRICS | 9 de setembro de 2021 | India | Narendra Modi | Nova Deli (virtual) |
14ª | BRICS | 23 e 24 de xuño de 2022 | China | Xi Jinping | Pequín (virtual) |
15ª | BRICS | 22 e 24 de agosto de 2023 | Suráfrica | Cyril Ramaphosa | Xohanesburgo |
Notas
editar- ↑ "Suráfrica, nuevo miembro del BRIC". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "Brics confirma entrada de Argentina, Arábia Saudita, Emirados, Irã, Egito e Etiópia". Folha de São Paulo (en portugués). 24 de agosto de 2023.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BRICS |