Xi Jinping

Secretario xeral do Partido Comunista da China

Xí Jìnpíng, en chinés simplificado: 习近平; en chinés tradicional: 習近平 , nado en Pequín o 15 de xuño de 1953, é un político da República Popular da China e secretario xeral do Partido Comunista da China. Xi é actualmente o principal membro do Secretariado do Partido Comunista Chinés, o presidente da China, o director da Escola Central do Partido, e o máis importante membro do Comité Permanente do Politburo, que é o órgano de control de facto do país.[1]

Infotaula de personaXi Jinping

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(zh-hans) 习近平 Editar o valor em Wikidata
15 de xuño de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Pequín, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Presidente da República Popular da China
14 de marzo de 2013 –
← Hu Jintao
Chairman of Central Military Commission of People's Republic of China (en) Traducir
14 de marzo de 2013 –
Secretário-Geral do Partido Comunista da China (pt) Traducir
15 de novembro de 2012 –
← Hu Jintao
Presidente da Comisión Militar Central do Partido Comunista Chinés
15 de novembro de 2012 –
← Hu Jintao
Vice-presidente da República Popular da China (pt) Traducir
15 de marzo de 2008 – 14 de marzo de 2013
← Zeng QinghongLi Yuanchao (pt) Traducir →
President of the Central Party School of the Chinese Communist Party (en) Traducir
22 de decembro de 2007 – 15 de xaneiro de 2013
← Zeng QinghongLiu Yunshan →
First Secretary of the Chinese Communist Party (en) Traducir
22 de outubro de 2007 – 15 de novembro de 2012
← Zeng QinghongLiu Yunshan →
Membro do Comité Permanente do Politburó do Partido Comunista da China
22 de outubro de 2007 –
Member of the Politburo of the Chinese Communist Party (en) Traducir
22 de outubro de 2007 –
Secretary of the Shanghai Committee of the Chinese Communist Party (en) Traducir
marzo de 2007 – outubro de 2007
← Han Zheng (pt) TraducirYu Zhengsheng (pt) Traducir →
Governor of Fujian (en) Traducir
agosto de 1999 – outubro de 2002
← He GuoqiangLu Zhangong →
Membro da Asemblea Popular Nacional

Vice-prefeito(a) (pt) Traducir Xiamen - 厦门
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPequín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Tsinghua - Enxeñaría química (1975–1979)
Beijing Bayi School (en) Traducir (1960–)
Beijing 101 Middle School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosPreto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Pequín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónestadista , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAssembleia Popular Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China (1974–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaMandarín e lingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Popular de Liberación Editar o valor em Wikidata
Rango militarComandante en xefe Editar o valor em Wikidata
Participou en
20182018 SCO Summit (en) Traducir
20172017 SCO Summit (en) Traducir
2013APEC Indonesia 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePeng Liyuan (1987–)
Ke Lingling (1979–1982)
FillosXi Mingze
 () Peng Liyuan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisXi Zhongxun Editar o valor em Wikidata  e Qi Xin Editar o valor em Wikidata
IrmánsXi Heping (en) Traducir, Xi Qianping (en) Traducir, Xi Zhengning (en) Traducir, Qi Qiaoqiao, Qi An'an (en) Traducir e Xi Yuanping Editar o valor em Wikidata
ParentesDeng Jiagui (en) Traducir (cunhado (pt) Traducir)
Zhang Lanlan (en) Traducir (cuñada)
Ke Hua (en) Traducir (sogro)
Zhang Yannan (en) Traducir (filla da irmá) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Papeis de Panamá
Open Letter asking Xi Jinping to Resign his post of General Secretary (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7010941 Facebook: 习近平-Xi-Jinping WikiTree: Xi-2 Editar o valor em Wikidata

Fillo do político comunista Xi Zhongxun, Xi Jinping comezou súa carreira política, na provincia de Fujian, e foi posteriormente escollido como xefe do partido na provincia veciña de Zhejiang, e despois promovido a xefe do partido de Shanghai tras a dimisión de Chen Liangyu. Coñecido polas súas posturas liberais, o duro combate á corrupción e unha franqueza e abertura en canto a reformas políticas e económicas,[2] Xi Jinping é o destacado líder emerxente da quinta xeración de líderes da República Popular da China.

Asumiu o cargo de Presidente da China o 14 de marzo de 2013, na principal sesión lexislativa do Congreso Nacional Popular.

En 2017, foi escollido por The Economist o home máis poderoso do mundo.[3][4]

Traxectoria editar

Xi Jinping naceu o 1 de xuño de 1953, en Pequín, e a súa familia ten raíces ancestrais en Fuping, Weinan, provincia de Shanxi. É o fillo máis novo de Xi Zhongxun, un dos fundadores da guerrilla comunista en Shanxi e ex-viceprimeiro ministro do país. Á época do nacemento de Xi Jinping, o seu pai era o xefe do departamento de propaganda do Partido Comunista, e máis tarde vicepresidente do Congreso Nacional do Pobo. Cando Xi tiña 10 anos de idade, durante a Revolución Cultural, o seu pai foi expurgado e foi enviado para traballar nunha fábrica en Luoyang, sendo prendido en 1968. Sen a protección do seu pai, Xi Jinping foi traballar a Yanchuan, Shanxi, en 1969, durante a Campaña de Envío ao Campo de Mao Tse Tung. Xi Jinping converteuse en secretario do equipo de produción da rama local do Partido. Cando saíu, en 1975, el tiña só 22 anos. Preguntado respecto a esa experiencia pola televisión estatal chinesa, Xi lembrouna dicindo que "foi emocionante. Foi comovedor. E cando os ideais da Revolución Cultural non puideron ser realizados, esta transformouse nunha ilusión".[5] De 1975 a 1979, Xi estudou enxeñaría química na Universidade de Tsinghua.

Formación e personalidade editar

Xi ten doutoramentos en enxeñaría química e ciencia política.

Xi foi descrito nun 2011 nun artigo do Washington Post por aqueles que o coñecen como "pragmático, serio, cauteloso, traballador e discreto". Xi tamén foi descrito como unha boa man na solución de problemas e "aparentemente desinteresado nas trampas do alto cargo". Tamén é coñecido por adorar filmes de Hollywood, como Saving Private Ryan e Infiltrados, eloxiando tamén o cineasta independente Jia Zhangke.

Vida persoal editar

Xi casou coa famosa cantante folk chinesa Peng Liyuan (彭丽媛) en 1987. Peng Liyuan, un nome familiar na China, era moito máis coñecida para o público do Xi ata o seu ascenso político. A parella frecuentemente vivía separada debido en gran parte ás súas distinguidas vidas profesionais. Teñen unha filla chamada Xi Mingze (习 明泽), que estudou na Universidade Harvard no outono de 2010 cun pseudónimo.[6]

É coñecido por ser fanático por fútbol. Incentivou a práctica do mesmo no país, convertendo o deporte en obrigatorio nas escolas chinesas, alén de construír miles de campos de fútbol espallados polo país.[7] Tamén deu valor ao Campionato Chinés de Fútbol.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar