Exército Popular de Liberación
O Exército Popular de Liberación (chinés simplificado: 中国人民解放军, chinés tradicional: 中國人民解放軍, pinyin: Zhōnggúo Rénmín Jiěfàng Jūn) é o exército da República Popular Chinesa.
O Exército Popular de Liberación (EPL) foi, nos seus orixes, o exército do Partido Comunista da China, que levou a este partido á vitoria na Guerra Civil Chinesa contra o Kuomintang. Fundado o 1 de agosto de 1927 como "Exército Vermello", adoptou o nome actual en xuño de 1946. Dende a proclamación da República Popular, mantívose subordinado fundamentalmente ó partido máis que ó goberno do Estado. Inclúe a Exército, Forza Aérea e Mariña. A súa forza de 2,5 millóns de militares convérteno no maior exército do mundo, en termos de número de militares.
Galería de imaxesEditar
Soldados do Exército Popular de Liberación desfilando en Pequín
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Exército Popular de Liberación |