Luiz Inácio Lula da Silva

35 presidente do Brasil

Luiz Inácio Lula da Silva, nado en Caetés (daquela Vargem Grande, en Pernambuco) o 27 de outubro de 1945, é un político brasileiro. Asumiu a Presidencia da República Federativa do Brasil en 2003 coa maior votación da historia do país (52,4 millóns de votos), quebrando cifras de votación de todos os expresidentes brasileiros. Nesa altura, os seus resultados só queda por baixo, no mundo, dos do xeneral indonesio Susilo Yudhoyono (69,27 millóns de votos), George W. Bush (58,4 millóns de votos), John Kerry (54,8 millóns de votos), os tres nas eleccións realizadas en 2004, e do expresidente estadounidense Ronald Reagan, que tivo, en 1984, 54,4 millóns de votos. Mais ultrapasou a votación do presidente Bill Clinton, que tivo 47,4 millóns de votos.

Modelo:BiografíaLuiz Inácio Lula da Silva

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Luiz Inácio da Silva Editar o valor en Wikidata
27 de outubro de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Caetés, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
44º Presidente do Brasil
1 de xaneiro de 2023 – 31 de decembro de 2026
← Jair Bolsonaro
39º Presidente do Brasil
1 de xaneiro de 2007 – 31 de decembro de 2010
← Luiz Inácio Lula da SilvaDilma Rousseff →
38º Presidente do Brasil
1 de xaneiro de 2003 – 31 de decembro de 2006
← Fernando Henrique CardosoLuiz Inácio Lula da Silva →
Deputado federal por São Paulo (pt) Traducir
1 de febreiro de 1987 – 1 de febreiro de 1991
Datos persoais
ResidenciaPalácio da Alvorada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaLulismo (pt) Traducir, Progresismo, populismo de esquerda (pt) Traducir, Socialismo democrático e economia de mercado socialista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Altura1,68 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político, torneiro mecânico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Traballadores (1980–) Editar o valor en Wikidata
Participou en
8 de agosto de 2023Cúpula da Amazônia de 2023 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJanja Lula da Silva (2022–)
Marisa Letícia Lula da Silva (1974–2017)
Maria de Lurdes da Silva (1969–1971) Editar o valor en Wikidata
FillosMarcos Cláudio Lula da Silva
 () Marisa Letícia Lula da Silva
Lulinha
 () Marisa Letícia Lula da Silva Editar o valor en Wikidata
PaisAristides Inácio da Silva Editar o valor en Wikidata  e Eurídice Ferreira de Melo Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
7 de abril de 2018-8 de novembro de 2019Prisão de Luiz Inácio Lula da Silva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio weblula.com.br Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1300752 Allocine: 449958
Facebook: lula Twitter: LulaOficial Instagram: lulaoficial Telegram: LulanoTelegram LinkedIn: lulaoficial Youtube: UCvO2BExvkAbGMsTGnEnI_Ng TikTok: lulaoficial BNE: XX1001494 Dialnet: 632342 WikiTree: Silva-2280 Editar o valor en Wikidata

Foi candidato a presidente en 1989 (derrotado por Fernando Collor de Mello), en 1994 (derrotado por Fernando Henrique Cardoso) e en 1998 (novamente derrotado por Fernando Henrique Cardoso), gañando por fin as eleccións de 2002 (o segundo máis votado foi José Serra, do PMDB). En 2006 foi reelixido co 60,83% dos sufraxios (máis de 58,2 millóns de votos) fronte Geraldo Alckmin (candidato do PSDB). En 2017 foi condenado por corrupción e, aínda que posteriormente a condena foi revogada, pasou na cadea 580 días.[1][2] Foi de novo electo presidente o 30 de outubro de 2022, derrotando a Jair Bolsonaro.[3][4] Deste xeito, é o único presidente en ser escollido para un terceiro mandato na Historia do Brasil.[5]

Lula é cofundador, presidente de honra e afiliado ao Partido dos Trabalhadores (PT), un dos máis importantes partidos brasileiros.

Traxectoria

editar

Con 7 anos a súa familia realizou unha viaxe común para moitos nordestinos do Brasil: en condicións precarias, dirixiuse para o estado de São Paulo, coa esperanza de oportunidades mellores de vida. Pasaron a residir en Guarujá, cidade do litoral do estado.

Da Silva foi alfabetizado no Grupo Escolar Marcílio Dias. En 1956 pasou a morar en São Paulo. Con 12 anos foi empregado nunha tinturaría, tendo despois exercido as profesións de auxiliar de secretaría.

Operario e sindicalista

editar

Seguindo para a industria, Lula conseguiu unha praza no curso de torneiro mecánico no SENAI, organización brasileira de ensino industrial, formándose metalúrxico. Algúns anos despois, mudouse para São Bernardo do Campo, onde tivo os primeiros contactos co movemento sindical en 1968, por influencia do seu irmán José Ferreira de Melo, alcumado Frei Chico, quen lle presentou o seu primeiro libro titulado: O Que é a Constituição.

En 1969 Lula foi elixido para dirixir o sindicato dos metalúrxicos de São Bernardo do Campo. En 1975 foi elixido presidente do mesmo sindicato. Reelixido en 1978, foi un dos líderes sindicais que retomaron a práctica de manifestacións públicas de grande escala, que deixaran de ocorrer desde o endurecimento represivo da ditadura militar nos 10 anos anteriores. Durante o movemento das manifestacións, a idea de fundar un partido representante dos traballadores foi madurecendo, e, en 1980 fundou o Partido dos Trabalhadores, (PT).

Política

editar

Na idea de participar nos procesos electorais, cambiou xudicialmente o seu nome de Luís Inácio da Silva para Luís Inácio Lula da Silva (a lexislación vixente prohibía o uso de alcumes polos candidatos).

En 1982, Lula participou nas eleccións do goberno de San Paulo, que perdeu. En 1984, participou na campaña Diretas Já ao lado do Dr. Ulysses Guimarães, que clamaba por eleccións presidenciais directas despois de anos de ditadura militar e presidentes nomeados. A campaña non tivo éxito e as eleccións presidenciais de 1984 foron feitas polo Colexio Electoral (indirectas). En 1986, foi elixido deputado federal con récord de votos tendo unha actuación discreta.

En 1989, realizáronse as eleccións directas. Lula era candidato a presidente, liderando todas as investigacións até semanas antes da elección. O gañador foi Fernando Collor de Mello, candidato conservador do PRN, que recibiu entusiasmado apoio de considerábel parte da poboación que se sentía intimidada ante a perspectiva de que o ex-sindicalista fora radical e abertamente aliñado coas teses de esquerda.

Os medios de comunicación de liña progresista e a oposición afirmaron que o resultado das eleccións de 1989 tería sido decisivamente manipulado por sectores dos medios de comunicación da liña conservadora. É un feito que Collor se empeñou nunha campaña de difamación de Lula, presentando no seu horario electoral gratuíto unha antiga noiva de Lula, coa cal este tiña unha filla, e que o acusaba de lle propoñer un aborto e de ser "racista". Algúns aínda afirmaron que, alén deste feito obxectivo, houbo manipulacións dalgúns dos principais órganos dos medios de comunicación brasileiros, que cubrirían as eleccións de forma a favorecer a candidatura de Collor. A pedra de toque desas alegacións foi nun resumo do último debate televisivo entre os dous candidatos, que foi levado ao ar polo telexornal máis seguido do país a poucos días da elección -xa que logo, nun momento crítico do proceso electoral- que concedía máis tempo a Fernando Collor que a Lula. Falouse tamén na época da interrupción deliberada do servizo de ómnibus urbano en áreas de baixa renda, dificultando o traslado de electores até as seccións electorais, así como do secuestro do empresario Abílio Diniz, nas vésperas das eleccións, por un grupo de supostos terroristas estranxeiros, e que se mostrou na televisión o mesmo empresario, liberado do seu cativerio, portando unha camisa co emblema do PT, que lle tería sido colocada polos mesmos secuestradores.

En 1991, o presidente Collor, oriúndo dunha tradicional familia alagoana de políticos e empresarios do sector de comunicacións, foi denunciado por corrupción activa e pasiva polas súas ligazóns co empresario e caixa da campaña de Collor, Paulo César Farias. O escándalo decorrente desas acusacións provocou ampla mobilización social no que ficou coñecido como Movemento Cara Pintada. No seu ápice a serie de protestas pacíficas reuniu máis de cincuenta millóns de cidadáns, xamais visto no mundo en tamaña proporción, esixindo a censura do presidente. O movemento foi vitorioso grazas á presión social exercida sobre as bases parlamentarias.

En 1994, Luiz Inácio Lula da Silva volveu a presentarse á presidencia e foi novamente derrotado, desa vez polo candidato do PSDB, o sociólogo Fernando Henrique Cardoso. Ex senador, Cardoso tiña un historial político ligado á centro-esquerda, tendo sido exiliado durante a ditadura militar, e é un dos intelectuais máis respectados do mundo.

Á fronte do Ministério da Fazenda no goberno de Itamar Franco, Cardoso foi un dos mentores do Plano Real, que tivo éxito en frear a hiperinflación e estabilizar a moeda brasileira. En 1998 converteurse no primeiro presidente brasileiro en ser reelixido, derrotando a Lula na primeira quenda.

O 27 de outubro de 2002 Lula foi electo presidente do Brasil, derrotando ó candidato de FHC, José Serra do PSDB. No seu discurso de investidura, Lula afirmou: "E eu, que durante tantas vezes fui acusado de não ter um diploma superior, ganho o meu primeiro diploma, o diploma de presidente da República do meu país". A declaración foi unha resposta contra os innúmeros ataques que sufriu en virtude da súa baixa educación formal, que moitos consideran incompatíbel co cargo mais importante da República. Moitos opositores din que tal afirmación non é verídica, pois Lula xa tiña o certificado de torneiro mecánico emitido polo SENAI, así como un diploma similar como deputado federal. As causas deste desabafo foron os ataques sufridos na campaña que desmerecían a súa educación.

  1. "Lula discursará neste sábado em São Bernardo do Campo". El País Brasil (en portugués). 2019-11-08. Consultado o 2023-01-09. 
  2. "Por 8 votos a 3, Supremo rejeita recurso que buscava reverter anulação das condenações de Lula". G1 (en portugués). Consultado o 2023-01-09. 
  3. "Lula vence o segundo turno e volta para o terceiro mandato de presidente". G1 (en portugués). Consultado o 2022-10-31. 
  4. "Lula é eleito novamente presidente da República do Brasil". Justiça Eleitoral (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-31. 
  5. "Lula é o 1º a ganhar 3 vezes eleição para presidente do Brasil". Folha de S.Paulo (en portugués). 2022-10-30. Consultado o 2022-10-31. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Fernando Henrique Cardoso
 
Lista de presidentes do Brasil

20032011
Sucesor:
Dilma Rousseff
Predecesor:
Jair Bolsonaro
 
Lista de presidentes do Brasil

2023–no cargo
Sucesor:
'