Ana de Gran Bretaña

(Redirixido desde "Ana I de Gran Bretaña")
Raíña Ana en 1705. Obra de Mikael Dahl.

Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte.

Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa. Sucedeu ao xenro, o príncipe Guillerme de Orange, viúvo da súa irmá máis vella María II, sendo a última monarca da Casa de Estuardo. Foi substituída por un curmán afastado, o futuro rei Xurxo I, da Casa de Hannóver.

Índice

TraxectoriaEditar

Por mor dunha infección ocular, a princesa foi a Francia, onde viviu coa súa avoa ata 1670. Coa conversión do seu pai ao catolicismo, María e Ana foron forzadas a abrazar o anglicanismo.

Ao pouco de se converter Ana en raíña, comezou a Guerra de Sucesión Española, con moitos dos Estados de Europa en guerra intentando restar poder a dinastía Borbón. Inglaterra entrará na guerra a fin de estabilizar o poder francés en Europa, xa que se o candidato francés fose rei de España e Francia, esta última sería a maior nación do continente. Unha das súas primeiras accións foi organizar a frota e as accións bélicas nas que actuaría, nomeando ao seu marido Gran Lord Almirante da Mariña Real.

ReinadoEditar

Como o sistema vixente en Inglaterra era a monarquía parlamentaria, Ana tivo que facer amizades co máximo de parlamentarios influentes que podía, como forma diso a Raíña promovía ceas maxestosas e regalos caros. Unha gran xogada para facer máis activa na participación política. Sempre estaba presente nas reunións parlamentarios, mesmo os que non tiñan a debida importancia.

O seu marido, o príncipe Xurxo morreu en 1708, posiblemente dunha pneumonía, quedando a raíña Ana moi aflixida.

Foi un tema que a Raíña máis se ocupou durante o seu reinado. No século XVI, expandiu o territorio das Trece Colonias (na América do Norte), e decretou a explotación dalgúns produtos en Xeorxia e Virxinia. E conquistou o Suriname en 1710. Foi un gran paso para a economía inglesa, xa que moitos produtos tropicais foron exportados.

Pegada na numismática galegaEditar

 
Moeda a nome da raíña Ana co topónimo "VIGO" baixo o busto
 
Medalla de 1702 conmemorativa da Batalla de Rande

Entre o botín logrado polas tropas inglesas na Batalla de Rande, na ría de Vigo, en 1702, figuraban importantes cantidades de ouro e prata. Parte dese metal fundiuse e destinouse á emisión de moedas pola casa da moeda de Londres (daquela dirixida por Isaac Newton), de prata con valores de 1 penique, 6 peniques, 1 xilin, media coroa e unha coroa, e de ouro con valores de media guinea, unha guinea e cinco guineas.

Co gallo de conmemorar esa importante vitoria, nos anversos destas moedas amósase, baixo o busto da raíña, a inscición "VIGO".

Ademais destas moedas, batéronse tamén medallas en ouro, prata e bronce, conmemorativas do suceso. En todos os casos amosan, entre outros motivos, imaxes da ría e do porto de Vigo, e da destrución da flota defensora hispano-francesa.[1]

NotasEditar

  1. "Emisións da Raíña Ana de Inglaterra". En Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. ISBN 84-605-9958-2. Páxinas 173-176.