Alfonso Costa

escultor e pintor galego (1943- )
Non confundir con Afonso Augusto da Costa (1871-1937) primero ministro durante a Primeira República Portuguesa.

Alfonso Costa Beiro, nado en Noia en 1943, é un pintor galego.

Infotaula de personaAlfonso Costa
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsNacho Costa Beiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Viviu en Noia ata os 18 anos que se trasladou a Barcelona estudando na Llotja, Escola de Artes e Oficios. En 1967 xa realizou a súa primeira exposición. En 1972 conseguiu unha bolsa da Fundación March para ir a Florencia. Comezou a expoñer en Lisboa, A Habana etc. En 1983 conseguiu unha bolsa do Ministerio de Cultura. En 1984 rematou unha pintura de 2.000 metros cadrados. Realizou murais para diversas institucións. En 1988 realizou unha grande exposición no Kiosko Alfonso da Coruña. En 1997 instalouse definitivamente en Galicia. Pintou diversos murais, como a cúpula do Liceo de Noia, realizou esculturas públicas, editáronse varias publicacións sobre a súa obra, e recibiu múltiples premios e mencións.[1]

Figura nos museos provinciais de Lugo e Pontevedra, de Sada, da Coruña; de Arte Moderna de Barcelona, de Palma de Mallorca, de Hospitalet, Barcelona, Provincial de Burgos, de Arte Moderna de Madrid, Zabaleta de Quesada, Xaén; de Xirona; de Ostende, Bélxica; de Vigo e da Fundación March, en Madrid. Tamén: Museo da Emigración Galega, Buenos Aires (Argentina), Casa da Cultura de Menden (Alemaña), Vaticano (Roma), Casa da Cultura de Arnsberg (Alemaña), Museo de Arnsberg (Alemaña), Casa Henri Abelé (Francia). Ademais de institucións oficiais como o Instituto Padre Sarmiento de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Concello da Coruña, Generalitat de Barcelona, Deputacións provinciais de Santander, Xirona, Guadalajara, e o Congreso dos Deputados.

Pintura, debuxo e gravado, murais, carteis[2], ilustración de libros e escultura son as facetas destacadas da súa arte.

Eva Veiga, Luz Pozo Garza e Dores Tembrás didicáronlle poemas á súa pintura.[3] Creou o Curso de Gravado do Liceo de Noia.[4]

Na súa obra hai un diálogo permanente entre a luz e as cores do Mediterráneo e a melancolía e as nebulosidades do Atlántico, unha viaxe vital e creativa que deu forma a un mundo novo no que cohabitan en harmonía pintura, debuxo, murais, gravados e deseño.[5]

Premios editar

  • 1968: Primeiro Premio, Salón de Outono de Manresa.
  • 1969: Primeiro Premio de Pintura Tema Deportivo. Olot.
  • 1970: Primeiro Premio de Debuxo Arte Contemporánea. Barcelona.
  • 1971: Segundo Premio de Pintura Cidade de Hospitalet.
  • 1972: Primeiro Premio de Debuxo María Blanchart. Santander.
  • 1973: Premio Internacional de Debuxo Ynglada Guillot. Barcelona.
  • 1974: Premio Nacional de Debuxo Pancho Cossio. Santander.
  • 1974: Primeiro Premio de Pintura Fundación Güell. Barcelona.
  • 1975: Premio Cidade de Barcelona de Gravado.
  • 1977: Premio de Pintura Sotomayor. A Coruña.
  • 1978: Medalla de Bronce, Premio Europa. Ostende (Bélxica).
  • 1979: Premio de pintura, Cidade de Palma. Palma de Mallorca.
  • 1980: Segundo Premio de Pintura, Ciudad de Burgos.
  • 1981: Medalla de ouro e Primeiro Premio Pintura Zabaleta. Quesada (Xaén).
  • 1982: Premio Especial Bienal Internacional do Deporte nas Belas Artes. Madrid.
  • 1983: Terceiro Premio de Pintura, tema "A Constitución Española". Congreso dos Deputados. Madrid.
  • 1984: Fillo Prddilecto da vila de Noia
  • 1985 : Primeiro Premio de Murais Leyma. (Destruído) A Coruña.
  • 1986: Primeiro Premio de Debuxo IX Bienal Internacional do Deporte nas Belas Artes. Barcelona.
  • 1987: Primeiro Premio de Debuxo Pérez Villamil. Ferrol.
  • 1992: Primeiro Premio de Pintura Focsa. Barcelona.
  • 1994: Mención de Honor en gravado. Museo del Grabado Contemporáneo. Marbella.
  • 1996: Accésit "Maestro Mateo" CajaSur. Córdoba.
  • 1999: Accésit na Bienal de Pintura Fútbol Club Barcelona.
  • 1999: Primeiro Premio de Pintura "Maestro Mateo". Córdoba.
  • 2006: Finalista do Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado. A Coruña.
  • 2008: A Asociación Cultural Barbantia concédelle o "Sireno de bronce" da Cultura. Ribeira.
  • 2008: Premio Santa Bárbara da Comunicación. Cámara Oficial Mineira de Galicia.
  • 2008: Mención honorífica. Exposición Nacional Homenaxe a Música. Agrupación Española de Acuarelistas. Madrid.

Notas editar

  1. "Biografía". www.alfonsocosta.es. Consultado o 2020-11-23. 
  2. "Alfonso Costa, el pincel gallego que se oculta tras la cartelería de «El Misterio de Elche»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-05-26. Consultado o 2020-11-23. 
  3. "Destacados". www.alfonsocosta.es. Consultado o 2020-11-23. 
  4. "Alfonso Costa ve imprescindible crear un museo de arte en Noia". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-11-23. 
  5. "Alfonso Costa". CORALIA. 2018-07-04. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-23. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • EstiI y II Muestras Unión Fenosa (1989-1991). Unión Fenosa, A Coruña.
  • Castro Arines, J. de (1986). Alfonso Costa, Edit. Sotelo Blanco, Barcelona.
  • Castro, X. A (1985). Expresión atlántica, Edit. Follas Novas, Santiago de Copostela.
  • García Iglesias, J. M. (1990). Alfonso Costa, Edit. Dubé, Barcelona.
  • Gran enciclopedia gallega. Vol. 7. (1964). S. Cañada, Edit., Gijón.
  • Mon, Fernando (1987). Pintura contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña.
  • Pablos, Francisco (1981). Plástica gallega, Caixavigo, Vigo.
  • Vangardas e silencios (1988). Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
  • Veiga, Eva (2001). Alfonso Costa. Nova Galicia Edicións, S.L. Vigo.

Ligazóns externas editar