Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.
Aguasantas | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Aguasantas. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′17″N 8°27′21″O / 42.42138889, -8.45583333 |
Área | 18,7 km² |
Poboación | 278 hab. (2019) |
Densidade | 14,87 hab./km² |
Entidades de poboación | 28[2][1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. Posiblemente o primeiro templo fose románico. No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro[3].
Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.
Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai franciscano Andrés Solla García.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Aguasantas, Cerdedo-Cotobade.
-
Portada da igrexa
-
Adro da Igrexa parroquial de Santa María.
-
Ermida de San Xosé.
Lugares e parroquias
editarLugares de Aguasantas
editarLugares da parroquia de Aguasantas no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Agualta | O Barazal | As Boliñas | Calvelle | O Campo | O Campodanta | A Casa Grande | O Casal | O Castro | Ceraxe | O Coto | A Coutada | A Coviña | O Cristil | Famelga | O Fental | A Godela | O Igrexario | Martín | A Pena | Penelas | Peroselo | A Portela | Portomartín | O Regueiro | Sucastro | Trasdonabal | O Trebello |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
- ↑ Fraguas Fraguas, A.: "Nosa Señora de Aguasantas en Cotobade", en Romarías e santuarios (1988).
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Aguasantas, Cerdedo-Cotobade |