O Trebello, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

lugar da parroquia de Aguasantas, no concello de Cerdedo-Cotobade


O Trebello é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), o mesmo número ca en 2007.

O Trebello

Casa no Trebello.
ParroquiaAguasantas
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°25′55″N 8°26′32″O / 42.431944444444, -8.4422222222222Coordenadas: 42°25′55″N 8°26′32″O / 42.431944444444, -8.4422222222222
Poboación5 hab. (2010)
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

Neste lugar atópase o cruceiro de Trebello, cun oco dun esmoleiro pechado cunha porta de ferro situado no pedestal, e un pequeno reloxo de sol no fuste. Na mesma praciña hai un peto de ánimas construído na parede dunha casa, que antigamente tiña as figuras de santo Antón, santa Bárbara e santa Tareixa.

Do lugar parte un camiño de pedra cara a Sualomba (A Lama), pasando pola Godela e cruzando o río Barbeira a través da ponte do Peso.

O topónimo posiblemente fai mención a que neste lugar se colocaban trebellos, trampas de ferro para atrapar animais polos pés.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Aguasantas editar

Lugares da parroquia de Aguasantas no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Agualta | O Barazal | As Boliñas | Calvelle | O Campo | O Campodanta | A Casa Grande | O Casal | O Castro | Ceraxe | O Coto | A Coutada | A Coviña | O Cristil | Famelga | O Fental | A Godela | O Igrexario | Martín | A Pena | Penelas | Peroselo | A Portela | Portomartín | O Regueiro | Sucastro | Trasdonabal | O Trebello

Parroquias de Cerdedo-Cotobade editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)