Ceraxe, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
Ceraxe é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 35 habitantes (15 homes e 20 mulleres), 8 menos ca en 2007.
Ceraxe | |
---|---|
Peto de ánimas da Meixoa | |
Parroquia | Aguasantas |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°25′45″N 8°26′58″O / 42.429167, -8.449444 |
Poboación | 35 hab. (2010) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar naceu o pai franciscano Andrés María Solla García.
Patrimonio
editarNeste lugar atópanse dous cruceiros: un no Campo (Ceraxe de Arriba) e outro en Ceraxe de Abaixo. Aquí atopábase o pazo de Ceraxe. Parte das súas pedras foron usadas na construción da casa reitoral de Valongo.
O peto de ánimas da Meixoa (Ceraxe de Arriba) foi construído en 1878. É de tipo pechado, coroado cunha cruz alta e dous pináculos aos lados. Ten un fornelo pequeno arqueado, cun retablo de pedra policromada protexida por un vidro. O retablo ten a imaxe da Virxe co Neno Xesús sobre unha nube, un bispo baixo ela, e tres ánimas entre lapas por baixo deste. Ten dúas inscricións: na esquerda, TODOS DE CORAZON POR CIERTO SECOREDENOS CON EL PADRE NUESTRO, e na dereita TODOS LOS QUE IDES PASANDO ACORDADOS DE NOSOTRAS QUE ESTAMOS PENANDO.
Lugares e parroquias
editarLugares de Aguasantas
editarLugares da parroquia de Aguasantas no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Agualta | O Barazal | As Boliñas | Calvelle | O Campo | O Campodanta | A Casa Grande | O Casal | O Castro | Ceraxe | O Coto | A Coutada | A Coviña | O Cristil | Famelga | O Fental | A Godela | O Igrexario | Martín | A Pena | Penelas | Peroselo | A Portela | Portomartín | O Regueiro | Sucastro | Trasdonabal | O Trebello |