Acuerdo de Escazú

O Acordo Regional sobre el Acceso a la Información, la Participación Pública y el Acceso a la Justicia en Asuntos Ambientales en América Latina y el Caribe, máis coñecido como Acordo de Escazú, é un tratado internacional asinado por 24 países de América Latina e o Caribe respecto de protocolos para a protección do medio ambiente. Actualmente conta con doce ratificacións (Antiga e Barbuda, a Arxentina, Bolivia, Ecuador, Güiana, México, Nicaragua, Panamá, Saint Kitts e Nevis, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía e o Uruguai).[1][2]

No marco da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 27 de setembro de 2018 abreuse á firma o Acordo de Escazú.
Chico Mendes en 1988 antes do seu asasinato debido ao seu activismo ambiental no Brasil.

O acordo orixínase como resultado da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sustentable (Río+20), realizada en 2012, e a Decisión de Santiago adoptada en 2014 por 24 países. Desde ese momento realizouse un proceso de negociación entre os 24 países interesados, a través dunha comisión copresidida polas delegacións de Chile e Costa Rica. Tras catro anos de negociacións, o Acordo Rexional foi adoptado o 4 de marzo de 2018 na cidade costarriqueña de Escazú.[3]

Este acordo foi o primeiro realizado pola Comisión Económica para América Latina e o Caribe (Cepal), unha axencia da Organización das Nacións Unidas.[4] O acordo foi asinado finalmente por 14 países o 27 de setembro de 2018 no marco da reunión anual da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e posteriormente por outros 10 países máis e está á espera do proceso de ratificación respectivo por cada Estado asinante.

Este acordo rexional é considerado como un dos instrumentos ambientais máis importantes da rexión. Ten como obxectivo garantir a aplicación plena e efectiva en América Latina e o Caribe dos dereitos de acceso á información ambiental, participación pública naqueles procesos de toma das decisións na contorna ambiental e ao acceso á xustiza no ámbito ambiental, así como a aplicación e ao fortalecemento das capacidades e a cooperación, garantindo a protección do dereito de cada persoa, das xeracións presentes e futuras, a ter un desenvolvemento sustentable e a vivir nun medio ambiente san.[5]

Durante a Declaración, os países asinantes comprometéronse a avanzar na obtención dunha ferramenta rexional que facilite a aplicación completa dos dereitos ao acceso á información, participación e xustiza en asuntos ambientais. Como resultado, o 4 de marzo de 2018 foi adoptado o Acordo Rexional sobre Acceso á Información, a Participación Pública e o Acceso á Xustiza en Asuntos Ambientais en América e o Caribe, Acordo de Escazú, o cal estivo aberto á firma dos países de América Latina e o Caribe por un período de dous anos, do 27 de setembro de 2018 e até o 26 de setembro de 2020.[6]

Antecedentes editar

A Declaración de Río sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento, aprobada no segundo Cume da Terra en Río de Xaneiro en 1992, comprendeu a proclamación de 27 principios fundamentais, entre eles, o Principio 10:[7]

Principio 10
O mellor modo de tratar as cuestións ambientais é coa participación de todos os cidadáns interesados, no nivel que corresponda. No plano nacional, toda persoa deberá ter acceso adecuado á información sobre o medio ambiente de que dispoñan as autoridades públicas, incluída a información sobre os materiais e as actividades que encerran perigo nas súas comunidades, así como a oportunidade de participar nos procesos de adopción de decisións. Os Estados deberán facilitar e fomentar a sensibilización e a participación da poboación poñendo a información a disposición de todos. Deberá proporcionarse acceso efectivo aos procedementos xudiciais e administrativos, entre estes o resarcimento de danos e os recursos pertinentes.
Declaración de Río sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento, 1992

Vinte anos máis tarde, durante a Conferencia de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas (Río+20) levada a cabo do 20 ao 22 de xuño de 2012 en Río de Xaneiro, dez gobernos de América Latina e o Caribe impulsaron a Declaración sobre a Aplicación do Principio 10 da Declaración de Río. Estes dez países foron Chile, Costa Rica, Xamaica, México, Panamá, Paraguai, o Perú, a República Dominicana e o Uruguai.[8] Nesta declaración, os dez países afirmaron:

É necesario alcanzar compromisos para a aplicación cabal dos dereitos de acceso á información, participación e xustiza ambientais, consagrados no Principio 10 da Declaración de Río de 1992. Por iso, manifestamos a nosa vontade de iniciar un proceso que explore a viabilidade de contar cun instrumento rexional que pode ir desde guías, talleres, boas prácticas até un Convenio Rexional aberto a todos os países da Rexión e coa significativa participación de toda a cidadanía interesada.
Declaración sobre a Aplicación do Principio 10 da Declaración de Río, 2012

A partir desa declaración, iniciouse o proceso de desenvolvemento do tratado que tivo unha fase preparatoria de 2012 a 2014, culminando na Declaración de Santiago en Chile, e logo a negociación que se levou a cabo de 2014 a 2018, culminando co Acordo de Escazú en Costa Rica.[9] A partir dese momento, iniciouse o proceso de firma e ratificación do tratado.[10]

O obxectivo principal do acordo é, segundo o seu Artigo 1:

Garantir a aplicación plena e efectiva en América Latina e o Caribe dos dereitos de acceso á información ambiental, participación pública nos procesos de toma de decisións ambientais e acceso á xustiza en asuntos ambientais, así como a creación e o fortalecemento das capacidades e a cooperación, contribuíndo á protección do dereito de cada persoa, das xeracións presentes e futuras, a vivir nun medio ambiente san e ó desenvolvemento sostible.
Acordo de Escazú, Art. 1[11]

Proceso e países editar

 
     Países que ratificaron o Acordo.     Países firmantes do Acordo.     Países participantes das negociacións, sen firmar aínda.     Países que poderían sumarse ó Acordo.

A fase preparatoria do acordo durou dous anos. Empezou o 22 de xuño de 2012 durante a Conferencia de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas (Río+20) e terminou coa Decisión de Santiago o 10 de novembro de 2014.[9]

É o único acordo vinculante orixinado da Conferencia de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas (Río+20), o primeiro acordo rexional ambiental de América Latina e o Caribe, e o primeiro no mundo en adoptar disposicións específicas sobre defensores de dereitos humanos en asuntos ambientais.[5]

Negociación editar

Logo da Decisión de Santiago, conformouse unha Mesa Directiva con dous países copresidentes e outros cinco como membros. Conformouse un Comité de Negociación onde participou a Mesa Directiva e seis membros do público, para dialogar coa mesa.[3] A primeira Mesa Directiva estivo conformada polos seguintes sete países:[12]

  • Chile e Costa Rica, na súa calidade de copresidentes da Mesa Directiva, e
  • Arxentina, México, Perú, San Vicente e as Granadinas, e Trinidad e Tobago, na súa calidade de membros da Mesa Directiva.

Tamén formaron parte das negociacións representantes do público asistente, organizacións da sociedade civil e expertos académicos.[12]

Vinte e catro dos 33 países membros da Comisión Económica para América Latina e o Caribe (Cepal) participaron no proceso final de negociación do acordo na cidade costarriqueña de Escazú, que terminou coa celebración deste o 4 de marzo de 2018.[13]

Firma editar

O día 27 de setembro de 2018 iniciouse o proceso de firma de cada un dos países subscritores do acordo, durante a celebración da Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova York, Estados Unidos. 14 países inicialmente subscribiron o convenio: 12 na cerimonia inicial e 2 máis (Haití e República Dominicana) durante a tarde do mesmo día.[10]

Ao ano e día seguinte, o 28 de setembro de 2019 asinou Paraguai. En xullo de 2019 asinou San Vicente e as Granadinas.[14] O 24 e 26 de setembro Belize e Dominica asinaron o tratado.[15]

O prazo para asinar o documento terminou o 26 de setembro de 2020. Dos 33 países de América Latina e o Caribe considerados no acordo, 24 países asinárono.[16] Aqueles países que asinaron antes dese prazo poderán proceder a ratificalo en calquera momento. Aqueles que non o asinaron, xa non poderán ser países asinantes. No entanto, poden ser Parte do tratado mediante o proceso de adhesión, proceso de paso único equivalente á ratificación.[17]

Ratificación editar

Unha vez asinado o acordo nas Nacións Unidas, os Estados poden aprobar, ratificar ou aceptar o acordo.[17]

Así mesmo, a nivel internacional, 11 Estados deben ratificalo para que poida entrar en vigor. A data de finais de 2020, xa o ratificaron 12 países (Antiga e Barbuda, a Arxentina, Bolivia, Ecuador, Güiana, México, Nicaragua, Panamá, Saint Kitts e Nevis, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía e o Uruguai); xa o asinaron e está pendente da súa ratificación, 10 países: (o Brasil, Colombia, Costa Rica, Granada, Guatemala, Haití, Xamaica, Paraguai, o Perú e a República Dominicana).[18]

O 18 de abril de 2019, tivo lugar a primeira ratificación do Acordo por parte de Güiana. Uns meses despois, o 26 de setembro ratificaron cinco países máis: Bolivia, Xamaica, Saint Kitts e Nevis, San Vicente e as Granadinas e o Uruguai.[14]

O 4, 9 e 10 de marzo de 2020 ratificaron Antiga e Barbuda, Nicaragua e Panamá, respectivamente. Ecuador depositou o seu instrumento de ratificación o 21 de maio do mesmo ano.[1] O 24 de setembro Arxentina ratificou o tratado de maneira unánime.[2] O 5 de novembro o Senado mexicano aprobou tamén por unanimidade a ratificación do acordo.[19][20]

País Situación Firma Ratificación Notas
  Antiga e Barbuda Negociador e asinante 27-09-2018 04-03-2020 [21]
  Arxentina Negociador e asinante 27-09-2018 24-09-2020 [2]
  Bahamas Non participante
  Barbados Non participante
  Belize Asinante 24-09-2020
  Bolivia Negociador e asinante 02-11-2018 26-09-2019 [1]
  Brasil Negociador e asinante 27-09-2018
  Chile Negociador
  Colombia Negociador e asinante 11-12-2019 [22]
  Costa Rica Negociador e asinante 27-09-2018
  Cuba Non participante
  Dominica Negociador e asinante 26-09-2020
  Ecuador Negociador e asinante 27-09-2018 21-05-2020 [23]
  O Salvador Negociador
  Granada Negociador e asinante 26-09-2019
  Guatemala Negociador e asinante 27-09-2018
  Güiana Asinante 27-09-2018 18-04-2019
  Haití Asinante 27-09-2018
  Honduras Negociador
  Xamaica Negociador e asinante 26-09-2019 [24]
  México Negociador e asinante 27-09-2018 05-11-2020 [19]
  Nicaragua Asinante 27-09-2019 09-03-2020
  Panamá Negociador e asinante 27-09-2018 10-03-2020
  Paraguai Negociador e asinante 28-09-2018 [25]
  Perú Negociador e asinante 27-09-2018 [26]
  República Dominicana Negociador e asinante 27-09-2018
  Saint Kitts e Nevis Negociador e asinante 26-09-2019 26-09-2019 [27]
  San Vicente e as Granadinas Negociador e asinante 12-07-2019 26-09-2019 [28]
  Santa Lucía Negociador e asinante 27-09-2018 01-12-2020
  Suriname Non participante
  Trinidad e Tobago Negociador
  Uruguai Negociador e asinante 27-09-2018 26-09-2019
  Venezuela Non participante

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "18. Regional Agreement on Access to Information, Public Participation and Justice in Environmental Matters in Latin America and the Caribbean, United Nations Treaty Collection" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Medio ambiente: Diputados aprobó la adhesión de Argentina al Tratado de Escazú". Consultado o 25 de setembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Comisión Económica para América Latina y el Caribe (2018). "Antecedentes del Acuerdo Regional" (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2018. 
  4. Guterres, António (2018). "Prólogo" (PDF). Acuerdo Regional sobre el Acceso a la Información, la Participación Pública y el Acceso a la Justicia en Asuntos Ambientales en América Latina y el Caribe (PDF). Santiago: Organización de las Naciones Unidas. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de maio de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Colombia firma “Acuerdo de Escazú” en pro del medio ambiente y los derechos humanos". Ministerio de Ambiente y Desarrollo Sostenible. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-22. 
  6. "Principio 10 de la Declaración de Río" (en inglés). 2014-11-06. Consultado o 2020-11-22. 
  7. "Declaración de Río sobre el Medio Ambiente y el Desarrollo". Consultado o 2020-10-28. 
  8. "Declaración sobre Aplicación del Principio 10 de la Declaración de Río sobre el Medio Ambiente y el Desarrollo" (PDF). 1992. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de outubro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 Comisión Económica para América Latina y el Caribe (10 de decembro de 2014). Decisión de Santiago (PDF). Santiago de Chile: Naciones Unidas. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  10. 10,0 10,1 Comisión Económica para América Latina y el Caribe (27 de setembro de 2018). "Catorce países firman en la sede de la ONU tratado de nueva generación sobre acceso a la información, la participación pública y la justicia en asuntos ambientales". Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  11. "Prólogo". Acuerdo Regional sobre el Acceso a la Información, la Participación Pública y el Acceso a la Justicia en Asuntos Ambientales en América Latina y el Caribe (PDF). Santiago: Organización das Nacións Unidas. 2018. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de maio de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  12. 12,0 12,1 PERÚ, Empresa Peruana de Servicios Editoriales S. A. EDITORA. "Acuerdo de Escazú: el primer tratado regional que protege a los defensores ambientales" (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  13. "A un año del Acuerdo de Escazú: un instrumento ambiental sin precedentes en la historia de América Latina" (en castelán). 4 de marzo de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  14. 14,0 14,1 "Acuerdo de Escazú: a un año de su firma, primeras señales" (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  15. BARRIO, David (9 de abril de 2018). "Acuerdo Regional sobre el Acceso a la Información, la Participación Pública y el Acceso a la Justicia en Asuntos Ambientales en América Latina y el Caribe." (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2020. 
  16. Comisión Económica para América Latina y el Caribe (2020-08-30). "Cierre del período de firma del Acuerdo de Escazú" (en castelán). Consultado o 2020-10-24. 
  17. 17,0 17,1 Artículo 21 - Firma, ratificación, aceptación, aprobación y adhesión. Acuerdo de Escazú. Santiago de Chile: Nacións Unidas, 2018
  18. "Con mensaje de urgencia Gobierno radicó proyecto de ley para aprobación del Acuerdo de Escazú | Ministerio de Ambiente y Desarrollo Sostenible". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-22. 
  19. 19,0 19,1 "La ONU encomia la ratificación del Acuerdo de Escazú en el Senado de México" (en castelán). 2020-11-06. Consultado o 2020-11-07. 
  20. "México ratificó Acuerdo de Escazú y ahora dicho tratado ya puede entrar en vigor" (en castelán). 6 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-07. 
  21. "El Acuerdo de Escazú gana impulso" (en castelán). 17 de marzo de 2020. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  22. "Después de mucho pataleo, Colombia finalmente firmó el Acuerdo de Escazú" (en castelán). 11 de decembro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  23. PC (5 de febreiro de 2020). "Pleno de la Asamblea Nacional ratifica el Acuerdo de Escazú" (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2020. 
  24. "JAMAICA’S SIGNATURE OF THE ESCAZU AGREEMENT | Jamaica". 1 de outubro de 2019. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  25. "Acuerdo de Escazú: 15 países firmaron histórico tratado para la defensa de los derechos ambientales" (en castelán). 1 de outubro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  26. "Comisión de Relaciones Exteriores rechazó ratificación del Acuerdo de Escazú". Consultado o 20 de outubro de 2020. 
  27. editor-cs (30 de setembro de 2019). "St Kitts and Nevis Foreign Minister signs Escazú Agreement" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  28. ieyenews. "CANARI applauds Jamaica, St. Kitts and Nevis and St. Vincent and the Grenadines for signing the Escazú Agreement | IEyeNews" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar