A Quinza, Ventosela, Ribadavia
A Quinza é unha aldea da parroquia de Ventosela no concello ourensán de Ribadavia, na comarca do Ribeiro.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 65 habitantes (32 homes e 33 mulleres).
A Quinza | |
---|---|
Parroquia | Ventosela |
Concello | Ribadavia |
Coordenadas | 42°18′24″N 8°07′38″O / 42.306588919543, -8.1272735097753Coordenadas: 42°18′24″N 8°07′38″O / 42.306588919543, -8.1272735097753 |
Poboación | 65 hab. (2023) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNo ano 1196 a condesa Urraca Fernández doou á catedral compostelá a súa parte da Quinza, onde se constituíu a famosa bodega da Canónica, que o cabido de Compostela posuíu ata a desamortización do XIX.
Xeografía
editarA aldea atópase na beira leste do río Avia, a 1,1 quilómetros Ribadavia e a 1,8 de Ventosela.
A zona ten coma extremo sur a N-120, polo norte e polo oeste o río antes citado e polo leste, bosques.
O lugar posúe dúas partes facilmente diferenciadas. Unha delas atópase no norte, xusto á beira do río, a maior característica desta zona é as súas casas apiñadas nunha extensión pequena aproximadamente circular. A outra, está no sur, cunha núcleo bastante máis pequeno de casas xuntas e algunhas dispersas. Estas dúas zonas distan 100 metros aproximadamente. En xeral, a vista da aldea ofrece unha zona diseminada con pequenos núcleos de poboación.
Poboación
editarO envellecemento da poboación non pasa por alto esta aldea, aínda que existen residentes de vacacións (verán, Nadal, fins de semana etc.) que lle dan algo de vida á aldea.
No ano 2000 vivían na Quinza 92 veciños (44 homes e 48 mulleres). O pico de habitantes nos últimos anos logrouse no 2001 con 95 residentes. Mantívose por con leves subas e baixas (sen baixar das 90 persoas) ata 2005 (con 88 rexistrados).
Evolución da poboación no período 2000-2012:
Ano | 2000 | 2005 | 2010 | 2012 |
---|---|---|---|---|
Habitantes | 92 | 88 | 68 | 61 |
Variación (%) | - | -4,3% | -22,7% | -10,3% |
Entre o ano 2000 e 2012, a poboación da Quinza diminuíu un 32,6 %.
Comunicacións
editarA N-120 constitúe o eixe principal de circulación para os habitantes, dende este vial pódese acceder ao casco urbano de Ribadavia, á A-52, ao resto da parroquia ou ao veciño concello de Castrelo de Miño. Unha ponte sobre o Avia comunica a aldea coa parroquia lindeira de Regodeigón, dende a que se pode ir cara aos veciños Carballeda de Avia, Leiro ou O Carballiño. Tamén hai un amplo sendeiro que da acceso á principal zona recreativa do concello (xa no casco urbano de Ribadavia. Aquí sitúanse as piscinas públicas un amplo parque, pistas de tenis, un campo de fútbol etc. Debido á proximidade da capital do concello ao lugar, moita xente camiña ou vai en bicicleta por esta ruta para chegar á vila.
Servizos
editarUnha gasolineira e algún establecemento hostaleiro constitúen os lugares comerciais da Quinza.
A asociación de veciños A Quinzana é a única do lugar, que agrupa tanto a residentes de todo ano como a residentes de vacacións (verán, fins de semana).
Lugares e parroquias
editarLugares de Ventosela
editarLugares da parroquia de Ventosela no concello de Ribadavia (Ourense) | |
---|---|
A Quinza | San Paio | Santa Cristina | Val de Pereira | Ventosela |
Parroquias de Ribadavia
editarNotas
editar- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Francelos, Ribadavia". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.