Abrir o menú principal

Aérospatiale foi un fabricante aeroespacial estatal francés que producía tanto aeronaves civís como militares, foguetes e satélites. Orixinalmente era coñecida como Société nationale industrielle aérospatiale (SNIAS). A súa sede atopábase no 16o distrito de París.[1][2] O nome cambiou a Aerospatiale no ano 1970.

Aérospatiale
Tipoempresa pública
Fundación1970
Industriaaeroespacial e defensa
editar datos en Wikidata ]

Durante os anos 90 Aérospatiale pasou por varias reestruturacións e fusións significativas. A súa división de helicópteros combinouse coa compañís alemá DaimlerBenz Aerospace AG (DASA) para formar o Eurocopter Group. En 1999 a maioría de Aérospatiale, agás as súas actividades de satélites, fusionáronse coa división de defensa do conglomerado francés Matra, Matra Haute Technologie, para formar Aérospatiale-Matra. Ese mesmo ano a división de satélites uníuse a Alcatel para converterse en Alcatel Space, no presente Thales Alenia Space. En 2001 Aérospatiale-Matra fusionouse coa compañía española Construcciones Aeronáuticas SA (CASA) e a alemá DaimlerChrysler Aerospace AG (DASA) para formar a multinacional European Aeronautic Defence and Space Company (EADS). No presente a meirande parte dos antigos activos da compañía son parte do consorcio multinacional Airbus.

ProdutosEditar

NotasEditar

  1. Who Owns Whom: Continental Europe. Dun & Bradstreet. 1990. 
  2. "Offices and facilities". Aérospatiale. Consultado o 24 de outubro de 2018.