Lionel Jospin

político francés

Lionel Jospin, nado en Meudon o 12 de xullo de 1937, é un político francés retirado que chegou a ocupar o cargo de primeiro ministro de Francia polo Partido Socialista Francés, entre o 3 de xuño de 1997 e o 6 de maio de 2002.

Lionel Jospin
Primeiro ministro de Francia
Período3 de xuño de 1997 - 6 de maio de 2002
AntecesorAlain Juppé
SucesorJean-Pierre Raffarin
Datos persoais
Nacemento12 de xullo de 1937
 Meudon
OrganizaciónParti Socialiste
PaiRobert Jospin
NaiMireille Jospin
CónxuxeSylviane Agacinski
FillosEva Jospin e Hugo Jospin
Alma máterLycée Charlemagne, Escola Nacional de Administração, Instituto de Estudos Políticos de París e Lycée Janson-de-Sailly
Profesiónfuncionario público
RelixiónCalvinismo
Na rede
IMDB: nm0991798 Allocine: 36259
Musicbrainz: 445e8c3c-dca3-4e73-aee7-c805767975dc Discogs: 7395428 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Membro do Partido Socialista Francés (PSF). En 1981 ocupou o cargo de primeiro secretario. Entre 1988 e 1992 foi ministro de Educación; nese período foi tamén o número dous nos Gobernos de Michel Rocard. Tras atravesar un período sen exercer cargos gobernativos, en 1994 anunciou a súa candidatura á Presidencia, contra Jacques Chirac e tras Jacques Delors abdicar de presentar a súa propia candidatura. Jospin perdeu as eleccións mais conquistou un 47,5% dos votos totais. Tras a derrota nas presidenciais, Jospin logrou unha vitoria nas lexislativas convocadas por Chirac de maneira anticipada, co cal Lionel Jospin se converteu no primeiro ministro, cargo que ostentaría desde o 1 de xuño de 1997 até 2002, ano no que anunciou a súa retirada do mundo da política.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar