Área sanitaria de Ferrol
A área sanitaria de Ferrol é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego.[1]
Abrangue os vinte concellos de Ferrolterra, no norte da provincia da Coruña: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.[2]
Os hospitais da área están integrados no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 174.883 cidadáns con tarxeta sanitaria.[3]
Notas
editar- ↑ "Lei do DOG nº 68 do 2018/4/9 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-18.
- ↑ "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-18.
- ↑ "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-18.