Álvaro Rey

futbolista español

Álvaro Rey Vázquez, nado en Sevilla o 11 de xullo de 1989, é un futbolista español que xoga como extremo no St Joseph's de Xibraltar.

Álvaro Rey
Información persoal
Nome Álvaro Rey Vázquez
Nacemento 11 de xullo de 1989
Lugar de nacemento Sevilla
Altura 1,83 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual St Joseph's
Número 23
Carreira xuvenil
AD Nervión
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2008 Cerro del Águila 35 (7)
2008–2010 Betis C 50 (4)
2010 Betis B 4 (0)
2010 Pobla de Mafumet 5 (2)
2010–2012 Gimnàstic 54 (1)
2012–2013 Xerez 28 (3)
2013–2014 Toronto 20 (1)
2014 Columbus Crew 2 (0)
2015 Murcia 4 (0)
2017 Panetolikos 9 (2)
2017 Arka Gdynia 1 (0)
2018 Racing de Ferrol 13 (4)
2018–2020 Mirandés 71 (9)
2020–2022 Bolívar 12 (2)
2022 Deportivo da Coruña 13 (1)
2022–2023 Xerez 25 (8)
2023– St Joseph's 6 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Inicios (1989-2010) editar

Nacido en Sevilla, formouse na canteira da AD Nervión. Tras pasar polo Cerro del Águila, o Betis C e o Betis B, fichou en 2010 polo Gimnàstic de Tarragona.

Nàstic e Xerez (2010-2013) editar

Co club catalán debutou na Segunda División o 31 de outubro, nun empate 1-1 na casa ante o Córdoba CF.[1] Pasou a maior parte desa tempada compaxinando o Nàstic co seu filial, o Pobla de Mafumet, da Terceira División. Na tempada 2011/12 marcou o seu primeiro gol como profesional, nunha vitoria pola mínima fronte o Elche CF, mais o equipo acabou descendendo.[2] En xullo de 2012, fichou polo Xerez, tamén de Segunda. Foi titular en máis da metade dos encontros dunha tempada desastrosa para o club, que acabou último e perdendo dúas categorías por mor das súas débedas.

Paso por América do Norte (2013-2014) editar

Fichou entón polo seu primeiro equipo estranxeiro, o Toronto FC da Major League Soccer.[3] Marcou o seu primeiro gol co seu novo club o 28 de setembro, na vitoria por 4-1 ante o DC United de Washington no BMO Field.[4]

En xuño de 2014 foi traspasado ao Columbus Crew SC, dos Estados Unidos, a cambio de Dominic Oduro.[5] O seu contrato foi rescindido de común acordo só un mes despois, alegando motivos persoais,[6] e asinou co Alcorcón.[7]

Alcorcón e cesión a Murcia (2014-2017) editar

Apenas dispuxo de minutos no equipo de Bordalás e en abril saíu cedido ao Murcia ata final de tempada.[8] Co equipo murciano disputou un total de cinco partidos da Segunda B, un deles na fase de ascenso a Segunda. Na tempada 2015/16 gañou protagonismo no Alcorcón, xogando un total de 26 encontros, 17 deles como titular, con Muñiz como adestrador, pero os seus números volveron caer na tempada seguinte.

Grecia e Polonia (2017-2018) editar

En febreiro de 2017, desvencellouse do Alcorcón e asinou un contrato de seis meses co Panetolikos FC da Super Liga de Grecia.[9] Debutou na máxima categoría grega o 19 de febreiro, nunha derrota por 1-2 contra o Platanias no estadio Panetolikos, marcando o único gol do seu equipo.[10]

O 16 de xullo de 2017 fichou polo Arka Gdynia da Ekstraklasa polaca.[11] Con ese equipo xogou só catro encontros: un de liga contra o Korona Kielce, dous da Copa de Polonia e outro da fase previa da Europa League fronte o FC Midtjylland de Dinamarca.

Racing de Ferrol (2018) editar

Deixou o equipo polaco a metade de tempada e en xaneiro de 2018 fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda B.[12] No equipo galego fíxose coa titularidade na dianteira, a carón de Joselu, e chegou a marcar un triplete contra o San Sebastián de los Reyes, o único da súa carreira.[13] Con todo, o conxunto verde acabou descendendo a Terceira.[14]

Mirandés (2018-2020) editar

En xullo de 2018 fichou polo Mirandés, tamén de Segunda B.[15] Foi titular durante a maior parte da tempada no equipo de Borja Jiménez, que acabou a liga na terceira posición. Na fase ascenso marcou dous goles, contra Recreativo de Huelva e Atlético Baleares, que contribuíron a que o equipo lograse o segundo ascenso á categoría de prata da súa historia.[16] Na seguinte tempada, con Andoni Iraola no banco, xogou un total de 41 partidos entre liga e Copa, marcando 8 goles. Marcou un dos tres goles do seu equipo contra o Sevilla na Copa do Rei, que serviron para eliminar o club andaluz nos oitavos de final, e foi titular tamén no partido de cuartos de final fronte ao Villarreal, onde o Mirandés logrou unha histórica segunda clasificación para as semifinais.[17]

Bolívar (2020-2022) editar

En agosto de 2020 volveu saír ao estranxeiro, fichando polo Bolívar, da Primeira División de Bolivia.[18] Debutou co club da Paz o 17 de setembro, nun partido da Copa Libertadores contra o Palmeiras. O equipo quedou terceiro no seu grupo da Libertadores, quedando eliminado da competición e pasando a xogar na Copa Suramericana, competición na que Álvaro Rey marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Bolívar o 2 de decembro nunha derrota por goleada contra o Lanús arxentino.[19] No club boliviano coincidiu cos tamén españois Alberto Guitián e Álex Granell, así como co adestrador Natxo González.

Deportivo da Coruña (2022) editar

En xaneiro de 2022 rescindiu o seu contrato co Bolívar para regresar ao fútbol español, fichando polo Deportivo da Coruña, na Primeira División RFEF, club adestrado polo seu antigo técnico no MIrandés, Borja Jiménez.[20][21] No equipo galego disputou 13 partidos, deles só 3 como titular, e marcou un gol de penalti contra o Valladolid Promesas.

Xerez (2022-2023) editar

Tras rematar o seu contrato co Deportivo baixou dúas categorías para regresar ao Xerez, da Terceira División RFEF.[22] Co equipo andaluz disputou 25 partidos, todos como titular, e marcou 8 goles.

St Joseph's editar

En xullo de 2023 marchou a Xibraltar, onde asinou contrato co St Joseph's.[23]

Notas editar

  1. "El Nàstic no logra salir del pozo". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de novembro de 2010. p. 21. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  2. "El Elche sucumbe ante el colista". Marca (en castelán). 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  3. Rowaan, Dave (24 de xullo de 2013). "Toronto FC to sign Spanish winger Alvaro Rey" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  4. "Toronto FC 4-1 DC United". ceroacero.es (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  5. "Crew acquires midfielder Alvaro Rey from Toronto FC" (en inglés). 6 de xuño de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  6. "Crew mutually agrees to part ways with midfielder Alvaro Rey" (en inglés). 15 de xullo de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  7. "Álvaro Rey, séptimo refuerzo de la A.D. Alcorcón" (en castelán). 15 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  8. "Álvaro Rey acabará la temporada en el Murcia cedido del Alcorcón". Marca (en castelán). 8 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de abril de 2015. 
  9. "Álvaro Rey: "La sensación con la que me voy es que no me han dado la oportunidad de demostrar todo mi fútbol"" (en castelán). 24 de marzo de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  10. "Panetolikos - Platania 2017". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  11. "Álvaro Rey piłkarzem Arki" (en polaco). 13 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  12. "El Racing incorpora a Álvaro Rey, un jugador con amplia experencia en Segunda". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  13. "Álvaro Rey: «En mi carrera nunca había logrado un hat trick»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  14. "El Racing de Ferrol desciende a Tercera División". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  15. Pérez, Nacho (14 de xullo de 2018). "Álvaro Rey, nuevo jugador del CD Mirandés" (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  16. Kuklinski, Alfredo (30 de xuño de 2019). "El Mirandés asciende a Segunda con sufrimiento". Marca (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  17. Rodríguez, Ángel (5 de febreiro de 2020). "El Mirandés sigue enamorado de la Copa". Marca (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  18. "El Bolívar ficha al español Álvaro Rey". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de agosto de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  19. "Set y eliminatoria para Lanús". As (en castelán). 2 de decembro de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  20. "Álvaro Rey, novo xogador do Dépor 2021-2022". 5 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  21. Falcón, Susana (7 de xaneiro de 2022). "Álvaro Rey y el deseo cumplido de Borja Jiménez" (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  22. "Álvaro Rey: "Regreso al Xerez CD para lograr el ascenso"" (en castelán). 20 de setembro de 2022. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  23. "Ya se conoce el destino del exjugador del Xerez CD Álvaro Rey" (en castelán). 5 de xullo de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar