Primeira División de Bolivia

A Primeira División de Bolivia é a categoría de máximo nivel dentro da liga profesional de fútbol que se disputa en Bolivia, organizada pola Liga del Fútbol Profesional Boliviano.

Primeira División de Bolivia
Fundación1950
Rexión Bolivia
Equipos17
Actual campiónThe Strongest
(16º título)
Máis laureadoFC Bolivar
(31 títulos)
Sitio webwww.lfpb.com.bo/

O torneo actual naceu en 1977, sucedendo á Copa Simón Bolivar (1960-1976) e ó Campionato Nacional (1950-1959). Actualmente considéranse o mesmo campionato profesional, mais con distintos nomes e formatos. Dende o ano 2003 ata o ano 2010 disputáronse cada tempada dous torneos, Apertura e Clausura, de xeito que cada ano había dous equipos campións. Non obstante a tempada 2011/12 está formada por 3 torneos (Adecuación, Apertura e Clausura), con distintos formatos cada ún, xa que a liga estase adaptando ó calendario europeo, para que as tempadas rematen antes do verán.

O club máis laureado na historia do campionato é o Fútbol Club Bolívar da Paz (23 títulos), seguido do Club Jorge Wilstermann de Cochabamba (12 títulos) e do Club The Strongest da Paz (11 títulos). Mais lonxe están o Club Blooming e o Oriente Petrolero da cidade de Santa Cruz de la Sierra con 5 títulos cada un. O primeiro campión foi o propio Fútbol Club Bolívar, mentres que o campión actual é o Club The Strongest.

Esta liga pode ser considerada unha das dúas menos competitivas de Suramérica, coa liga venezolana, pois nunca un equipo destas dúas ligas chegou a unha final da Copa Libertadores entre 1960 e 2011.

Equipos 2012 editar

 
Estadio Hernando Siles, o estadio nacional de Bolivia situado na Paz.

Os seguintes 12 equipos compiten na tempada 2011/12. As cidades da Paz, Potosí e Santa Cruz están representadas con 2 equipos. É salientable a ausencia do Club Jorge Wilstermann, que en 2010 descendeu de categoría por vez primeira na súa historia.

Equipo Fundación Cidade Estadio Capacidade
  Aurora 27 de maio de 1935 Cochabamba Félix Capriles 32.000
  Blooming 1 de maio de 1946 Santa Cruz de la Sierra Ramón Tahuichi Aguilera 35.000
  Bolivar 12 de abril de 1925 A Paz Hernando Siles 42.000
  Guabirá 13 de abril de 1962 Montero Gilberto Parada 13.000
  La Paz FC 30 de maio de 1989 El Alto Cosmos 79 4.000
  Nacional Potosí 8 de abril de 1942 Potosí Víctor Agustín Ugarte 30.000
  Oriente Petrolero 5 de novembro de 1955 Santa Cruz de la Sierra Ramón Tahuichi Aguilera 35.000
  Real Mamoré 15 de marzo de 2006 Trinidad Gran Mamoré 12.000
  Real Potosí 1 de abril de 1986 Potosí Víctor Agustín Ugarte 30.000
  San José 19 de marzo de 1942 Oruro Jesús Bermúdez 35.000
  The Strongest 8 de abril de 1908 A Paz Rafael Mendoza Castellón 14.000
  Universitario de Sucre 5 de abril de 1961 Sucre Olímpico Patria 30.000

Palmarés editar

O palmarés da liga está dominado polo Bolivar, con 23 títulos:

Nº de Títulos Equipo Campionatos obtidos
23   Bolivar 1950, 1953, 1956, 1966, 1968 , 1976, 1978, 1982, 1983, 1985, 1987, 1988, 1991, 1992, 1994, 1996, 1997, 2002, 2004-A, 2005-AD, 2006-A, 2009-A, 2011-AD
12   Jorge Wilstermann 1957, 1958, 1959, 1960, 1967, 1972, 1973, 1980, 1981, 2000, 2006-ST, 2010-A
11   The Strongest 1952, 1964, 1974, 1977, 1986, 1989, 1993, 2003-A, 2003-C, 2004-C, 2011-A
5   Oriente Petrolero 1971, 1979, 1990, 2001, 2010-C
5   Blooming 1984, 1998, 1999, 2005-A, 2009-C
3   San José 1955, 1995, 2007-C
2   Aurora 1963, 2008-C
2   Deportivo Municipal 1961, 1965
2   Always Ready 1951, 1957
1   Real Potosí 2007-A
1   Chaco Petrolero 1970
1   Universitario de Sucre 2008-A
1   Guabirá 1975
1   Litoral 1954
1   Universitario de La Paz 1969

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar