Columbus Crew

O Columbus Crew Soccer Club é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Columbus, no estado de Ohio, polo que xoga na conferencia Leste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996. Tamén foi o primeiro equipo dos Estados Unidos en construír un estadio específico para o fútbol, no ano 1999 [2].

Columbus Crew
NomeColumbus Crew Soccer Club
Alcume(s)Crew SC, The Black & Gold
Fundación1995
EstadioMapfre Stadium
Columbus, Ohio
Estados Unidos
Inauguración1999 [1]
Capacidade20,145
PropietarioPrecourt Sports Ventures LLC
AdestradorFlag of the United States.svg Gregg Berhalter
LigaMajor League Soccer
2014Leste: 3º
Global: 7º
Playoffs: Semifinais de Conferencia
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Crew SC é un dos equipos máis laureados da MLS xa que conta con cinco trofeos oficiais. En 2015, os novos propietarios cambiaron o logo do equipo e tamén o nome do estadio (Mapfre Stadium). Entre os xogadores máis importantes que pasaron polo club cabe destacar a Chad Marshall, Jeff Cunningham e Brian McBride.

HistoriaEditar

IniciosEditar

Na tempada inaugural da MLS, en 1996, o equipo conseguiu clasificarse para os playoffs, pero perdeu na primeira ronda contra o Tampa Bay Mutiny. Por outra parte os seareiros do Columbus recibiron o premio de mellor afección da liga [3]. Na seguinte tempada, o equipo chegou ata a final de Conferencia, pero perderon os dous partidos fronte o que sería o campión, o DC United. No ano 1998, chegou a primeira gran final do equipo, na U.S. Open Cup pero perderon 2-1 fronte ó Chicago Fire [4]. O ano 2000, foi o primeiro no que o equipo non conseguiu chegar ós postos de playoff [5]. No ano 2002, os de Columbus conseguiron de novo chegar á final de Conferencia, pero foron eliminados polo New England Revolution.

A chegada dos títulosEditar

No ano 2002 chegou o primeiro título ás vitrinas do Columbus Crew, tras gañar a final por 1-0 fronte ó Los Angeles Galaxy. Dende o ano 2003 ao 2006, o equipo sufriu varias malas noticias e sumou malos resultados, quedando fora dos postos de playoff nos anos 2003 e 2005. Unha das súas estrelas, Brian McBride, marchou ó Fulham. E ademais no ano 2006, o propietario do club morreu. A única excepción foi que o equipo logrou gañar no 2004 a Supporters' Shield.

A chegada das estrelas internacionaisEditar

No ano 2007, revolucionouse a MLS coa incorporación de David Beckham ás filas do Los Angeles Galaxy, a estrela que asinaron os Black & gold foi Guillermo Barros Schelotto [6]. O ano 2008 foi unha tempada histórica para o conxunto de Columbus, conseguiron gañar a MLS Cup 3-1 fronte ó New York Red Bulls, co arxentino Schelotto como mellor xogador do partido. Ademais ese mesmo ano conseguiron gañar a súa segunda Supporters' Shield [7]. O ano seguinte volveu a revalidar ese mesmo título. Nos anos 2009 e 2010, o equipo participou na Liga de campións da CONCACAF e os dous anos foi eliminado en cuartos de final [8][9]. Tras tres anos con malos resultados o Crew SC conseguiu chegar ás semifinais de conferencia no ano 2014 [10].

Xogadores [11]Editar

Posto País Xogador
1 POR   Steve Clark
2 DEF   Tyson Wahl
3 DEF   Chris Klute
4 DEF   Michael Parkhurst
5 DEF   Emanuel Pogatetz
6 MED   Tony Tchani
7 MED   Kristinn Steindorsson
8 MED   Mohammed Saeid
9 MED   Justin Meram
10 MED   Federico Higuain
11 MED   Cedrick Mabwati
12 MED   Kevan George
13 MED   Ethan Finlay
14 DEF   Waylon Francis
Posto País Xogador
16 MED   Hector Jimenez
17 DEL   Ben Speas
18 DEL   Aaron Schoenfeld
19 MED   Romain Gall
20 MED   Wil Trapp
21 DEF   Chad Barson
22 DEF   Gaston Sauro
23 DEL   Kei Kamara
24 DEF   Sergio Campbell
25 DEF   Harrison Afful
26 MED   Ben Swanson
28 POR   Matt Lampson
30 DEL   Jack McInerney
41 POR   Brad Stuver

TítulosEditar

Récords[12]Editar

NotasEditar