Zoran Milanović

político croata

Zoran Milanović, nado o o 30 de outubro de 1966, é un político croata, quinto e actual presidente de Croacia desde 2020.

Zoran Milanović
16 obljetnica vojnoredarstvene operacije Oluja 04082011 Zoran Milanovic 38.jpg
Nacemento30 de outubro de 1966
 Zagreb
NacionalidadeCroacia e República Federal Socialista de Iugoslavia
EtniaPobo croata
Relixiónateísmo
Alma máterFaculty of Law of the University of Zagreb e Universidade de Zagreb
Ocupaciónpolítico
Milanovic potpis.gif
editar datos en Wikidata ]

Anteriormente exerceu como primeiro ministro de Croacia entre 2011 e 2016. Tamén foi presidente do Partido Sociademócrata (SDP), o maior partido de centro-esquerda de Croacia, de 2007 a 2016. Consecuentemente, exerceu como líder informal da oposición en dúas ocasións, de 2007 a 2011, e de novo de xaneiro a novembro de 2016, cando Davor Bernardić o sucedeu como presidente do partido. O 5 de xaneiro de 2020, foi elixido para o cargo de presidente de Croacia ao derrotar á anterior presidenta, a conservadora Kolinda Grabar-Kitarović.

Despois de graduarse en Dereito pola Universidade de Zagreb, Milanović comezou a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores de Croacia. Foi asesor da misión croata na Unión Europea e na OTAN en Bruxelas entre 1996 e 1999. Durante o mesmo ano uniuse ao Partido Socialdemócrata. En 1998 completou un mestrado en Dereito da Unión Europea na Vrije Universiteit Brussel e foi asistente do ministro de Asuntos Exteriores de Croacia para asuntos políticos multilaterais en 2003.

En xuño de 2007 foi elixido presidente do SDP, tras a morte do líder do partido, o ex-primeiro ministro croata Ivica Račan. Baixo a dirección de Milanović, o partido terminou no segundo lugar nas eleccións parlamentarias de 2007 e non foi capaz de formar unha maioría gobernante. A pesar do resultado das eleccións, foi reelixido líder do partido en 2008. En 2011, Milanović iniciou a formación da Coalición Popular, unindo catro partidos políticos de centro e centro-esquerda. A coalición obtivo a maioría absoluta nas eleccións parlamentarias de 2011, sendo o propio SDP o maior partido do parlamento. Milanović converteuse así en primeiro ministro o 23 de decembro de 2011, despois de que o Parlamento de Croacia aprobase o seu goberno.

O inicio do seu mandato estivo marcado polos esforzos para finalizar o proceso de ratificación da entrada de Croacia na Unión Europea e pola celebración dun referendo de adhesión. O seu goberno introduciu cambios no código tributario, aprobou unha lei de fiscalización e iniciou varios grandes proxectos de infraestruturas. Tras o aumento do valor do franco suízo, o goberno anunciou que todos os préstamos en francos suízos serían convertidos a euros. Milanović apoiou a expansión dos dereitos das parellas do mesmo sexo e introduciu unha lei para a unión destas.

Tras as eleccións parlamentarias de 2015 e dous meses e medio de negociacións para formar goberno, finalmente foi sucedido como primeiro ministro polo tecnócrata Tihomir Orešković en xaneiro de 2016. Despois de que o goberno de Orešković caese, Milanović liderou a Coalición Popular, formada por catro partidos, nas eleccións parlamentarias celebradas en setembro de 2016. A coalición sufriu unha derrota sorpresa fronte ao HDZ de centro-dereita e Milanović anunciou a súa retirada da política. A continuación traballou como asesor do primeiro ministro albanés, Edi Rama.

O 17 de xuño de 2019, Milanović anunciou que se presentaría a cargo de presidente de Croacia nas eleccións de decembro como candidato do Partido Socialdemócrata, sendo nomeado por dito partido o 6 de xullo. Na primeira rolda das eleccións, o 22 de decembro de 2019, obtivo o maior número de votos (29,55%), por diante da presidenta naquel momento, Kolinda Grabar-Kitarović (26,65%), e na segunda, o 5 de xaneiro de 2020, conseguiu o 52,66% dos votos, sendo declarado dese xeito como o quinto presidente de Croacia.

TraxectoriaEditar

Seu pai, Stipe Milanović (1938-2019), era economista, e súa nai, Đurđica "Gina" (nacida Matasić) Milanović, era profesora de inglés e alemán.[1] Segundo el mesmo, as súas raíces familiares atópanse en Livno, Bosnia e Hercegovina.[2]

A súa familia paterna provén dos arredores de Sinj.[3] O seu avó paterno e un tío avó paterno, Ante e Ivan Milanović, respectivamente, de Glavice, supostamente uníronse aos partisanos iugoslavos en 1942, participando máis tarde na liberación de Trieste, mentres que o seu avó materno, Stjepan Matasić, dunha familia acomodada, era, segundo afirmou Milanović en 2016, un ustacha.[4]

O pai de Zoran era membro da Liga dos Comunistas de Iugoslavia.[3] Milanović foi bautizado en segredo pola súa avoa materna, Marija Matasić, na igrexa dos Santos Pedro e Pablo e recibiu como nome de bautismo "Marijan".[1] Foi criado no barrio de Knežija e despois de 1970 en Trnje, un barrio comunista. Tivo un irmán, Krešimir, que faleceu en 2019. Asistiu ao Centro de Xestión e Xudicatura desde 1981.

En 1985 ingresou na Universidade de Zagreb para estudar Dereito, despois realizou o seu servizo militar e volveu estudar en 1986. Ademais de croata, fala inglés, francés e ruso. Despois da universidade, traballou no Tribunal Comercial de Zagreb e en 1993 no Ministerio de Asuntos Exteriores, cuxo ministro era o seu futuro rival político Ivo Sanader. Un ano despois uniuse a unha misión de mantemento da paz da OSCE na rexión de Nagorno-Karabakh, disputada entre Armenia e Acerbaixán.

En 1994 casou con Sanja Musić, con quen ten dous fillos: Ante Jakov e Marko.[5] Dous anos despois, converteuse en asesor da misión croata na Unión Europea e na OTAN en Bruxelas e dous anos despois completou un mestrado en Dereito da UE nunha universidade de Bruxelas.

Presidente do partidoEditar

En 1999 incorporouse ao Partido Socialdemócrata (SDP). Despois da vitoria do SDP nas eleccións de 2000, traballou como enlace coa OTAN e tres anos despois converteuse en axudante do ministro de Asuntos Exteriores, Tonino Picula. Deixou o seu posto despois das eleccións de 2003, cando a conservadora Unión Democrática Croata chegou ao poder.

Como membro do SDP, en 2004 renunciou á súa posición como axudante do ministro de Asuntos Exteriores e converteuse en membro do recentemente fundado Comité Executivo do SDP, así como no secretario internacional encargado de contactos con outros partidos políticos. Dous anos despois, converteuse brevemente no voceiro do partido, substituíndo á ausente Gordana Grbić. A principios de setembro do 2006 converteuse en coordinador do SDP para a 4ª circunscrición nas eleccións de 2007.

O 2 de xuño celebrouse en Zagreb unha convención extraordinaria do Partido, debido á dimisión do 11 de abril do primeiro presidente do Partido e antigo primeiro ministro de Croacia , Ivica Račan. Milanović entrou na disputa polo posto, a pesar de ser considerado un "foráneo", debido ao seu curto período de tempo no partido, contra Željka Antunović (presidente do partido en funcións desde a renuncia de Račan), Milan Bandić e Tonino Picula. O 29 de setembro de 2007, durante a campaña para a presidencia do partido, prometeu publicamente que se o partido non sacaba máis escanos que o HDZ nas pŕoximas eleccións, dimitiría e nunca máis volvería buscar a presidencia do partido.[6]

Na primeira volta, foi o máis votado con 592 votos, moi por diante do seu rival máis próximo, Željka Antunović.[7] Na segunda rolda, enfrontouse a Antunović e gañou de novo cunha gran marxe, converténdose así no presidente do partido.

Eleccións ao Parlamento de 2007Editar

As eleccións parlamentarias de 2007 resultaron ser as eleccións cun resultado máis axustado desde a independencia, xa que o SDP obtivo 56 escanos, 10 menos que os 66 do HDZ. 5 dos escanos que gañou o HDZ foron do undécimo distrito reservado para os cidadáns residentes no estranxeiro, que era un dos principais. temas de campaña do SDP, que buscaba diminuír a importancia electoral dos chamados electores da diáspora. O resultado final deixou aos dous bandos en posición de formar goberno, sempre que reunisen 77 dos 153 representantes, pero foi Sanader quen logrou formar unha maioría para gobernar.

Despois de perder as eleccións xerais, Milanović non dimitiu como presidente do partido, a pesar de prometer antes das eleccións que o faría se o partido perdía.[6] Nas eleccións de 2007, a pesar de non ser o partido máis votado, o SDP xurdiu co maior grupo parlamentario da súa historia e obtivo o seu mellor resultado. Milanović anunciou que se presentaría para un mandato completo como presidente do partido. Nas eleccións internas de 2008 enfrontouse a Davorko Vidović e Dragan Kovačević, e resultou gañador con case o 80 por cento do voto delegado.

Primeiro mandato como líder da oposición (2007-2011)Editar

 
Logo do manifesto da coalición Kukuriku para as eleccións de 2011

Con 56 escanos o SDP saíu das eleccións de 2007 como o segundo maior partido no Parlamento e o maior partido que non formaba parte da maioría gobernante. Isto converteu a Milanović no líder oficial da oposición. Foi moi crítico coa administración de Sanader, especialmente no que respecta á economía e na loita contra a corrupción.

En setembro de 2008, Milanović realizou unha visita moi publicitada a Bleiburg para conmemorar as repatriacións.[8] Isto converteuno no segundo líder do Partido Socialdemócrata de Croacia en visitar o sitio, despois de Ivica Račan.

As eleccións municipais de 2009 celebráronse o 17 e o 31 de maio, resultando nun aumento considerable do Partido Socialdemócrata en determinadas cidades e circunscricións que se inclinaban tradicionalmente cara o HDZ, como Dubrovnik, Šibenik, Trogir e Vukovar, ademais de conservar os feudos tradicionais do SDP, como Zagreb ou Rijeka.

 
Milanović con Ivan Jakovčić, Radimir Čačić e Silvano Hrelja anunciaron a formación da coalición Kukuriku o 15 de xullo de 2011.

O 1 de xullo de 2009, Ivo Sanader anunciou que renunciaría ao cargo de primeiro ministro e propuxo á ministra Jadranka Kosor como nova primeira ministra. O parlamento aprobouna a ela e ao novo goberno, o que converteu a Kosor na primeira muller que foi nomeada primeira ministra.[9] Desde finais de 2008, o SDP lideraba as enquisas, cun marxe estreito. Tras a repentina dimisión de Sanader o HDZ caeu nas enquisas ao seu nivel máis baixo desde 1999, cando os escándalos de corrupción axitaron o partido.[10] Milanović insistiu en que a dimisión do primeiro ministro facía necesario un adianto das eleccións xerais. A maioría gobernante negouse a disolver o Parlamento e insistiu en que o gabinete de Kosor completaría o seu mandato.

En 2008, a adhesión do país á Unión Europea foi bloqueada por Eslovenia, coa que Croacia tiña unha disputa fronteiriza. Sanader e o seu homólogo esloveno Borut Pahor non foron capaces de resolver as súas diferenzas nos meses seguintes, o que supuxo que a adhesión de Croacia á Unión Europea quedase en punto morto. Houbo moitas especulacións, xa que Sanader non deu unha razón para a súa marcha, de se o bloqueo esloveno foi o causante da súa dimisión. Nos meses seguintes Kosor e Pahor reuníronse varias veces, tentando resolver a disputa fronteiriza. As negociacións deron como resultado un acordo que levou a continuar as negociacións para a adhesión croata á Unión Europea. A solución foi un Acordo de Arbitraxe que foi asinado en Estocolmo o 4 de novembro de 2009 polos primeiros ministros dos dous países e o primeiro ministro sueco Fredrik Reinfeldt. O acordo requiría unha maioría de dous terzos no Parlamento para que se aprobase. Milanović e a maioría dos parlamentarios do SDP votaron a favor do acordo. Con todo, criticou ao Goberno e especialmente aos dirixentes Sanader e Kosor, por perder un tempo precioso, xa que o arranxo con Eslovenia podería facerse un ano antes e Croacia non tería agardado tanto tempo para continuar co proceso de adhesión.[11]

A crise financeira de 2007-2008 afectou duramente a maioría dos países europeos, e tamén a Croacia. A crise continuou ao longo dos seguintes anos. A industria perdeu decenas de miles de empregos e o paro aumentou. O gasto dos consumidores reduciuse drasticamente en comparación cos niveis récord de 2007, provocando problemas xeneralizados tanto no comercio como nas industrias de transporte. O continuo descenso dos números deu lugar a unha rápida caída do apoio tanto do primeiro ministro como do goberno. Milanović foi moi crítico coa suposta lenta resposta do goberno e as medidas inadecuadas que pouco fixeron para revivir a economía. A recesión e o alto desemprego continuaron ao longo de 2011 e provocaron moitas protestas antigubernamentais en todo o país.

Eleccións ao Parlamento de 2011Editar

O 28 de outubro, os deputados votaron a favor de disolver o Parlamento.[12] O presidente da República, Ivo Josipović, acordou unha disolución do Sabor o luns 31 de outubro e programou as eleccións para o domingo 4 de decembro de 2011. Para ditas eleccións o SDP unirse a outros tres partidos de esquerda para crear a Coalición Popular, alcumada polos medios como coalición Kukuriku, con Milanović á cabeza. Kukuriku gañou as eleccións cunha maioría absoluta de 81 escanos.[13]

Primeiro ministro (2011-2016)Editar

 
Zoran Milanović no Parlamento croata o 23 de decembro de 2011
 
Índice de aprobación de Milanović desde que se converteu en primeiro ministro, dirixida por Ipsos Puls

Milanović presentou o seu gabinete ao parlamento o 23 de decembro, 19 días despois das eleccións. A votación de investidura tivo como resultado 89 votos a favor, 81 Kukuriku e 8 deputados minoritarios.[14] A transición ao poder produciuse á noite seguinte cando Jadranka Kosor deu a benvida a Milanović no lugar de reunión oficial do goberno, o Banski dvori, fronte ao edificio do Sabor na praza de San Marcos e entregoulle os papeis e documentos necesarios.[15]

Tomando posesión aos 45 anos, Milanović converteuse nun dos primeiros ministros máis novos desde a independencia de Croacia. Ademais, o seu gabinete tamén se converteu no máis novo, cunha idade media dos ministros de 48 anos.[16] Os membros do gabinete procedían de tres dos catro partidos da coalición gañadora, quedando sen representación o Partido Croata dos Pensionistas (HSU).[17] Milanović foi reelixido como presidente do SDP nas eleccións primarias de 2012 como único candidato.[18]

Política internaEditar

O goberno de Milanović comezou o seu mandato introducindo varias reformas progresistas. Durante o 2012 promulgouse unha lei sobre fertilización asistida, introduciuse a educación sobre saúde en todas as escolas primarias e secundarias do país, e Milanović anunciou unha ampliación dos dereitos para as parellas do mesmo sexo.[19][20] Durante as eleccións de 2011, a coalición Kukuriku prometeu publicar o rexistro de veteranos da Guerra de Independencia de Croacia, que se fixo en decembro de 2012.[21]

En novembro de 2012 e tras un veredicto inicial de culpabilidade un ano e medio antes, Ante Gotovina e Mladen Markač foron absoltos dos crimes contra a humanidade polos que foran acusados. Milanović cualificou a sentenza de "un momento importante para Croacia", e engadiu: "Quitóuseme un peso enorme dos ombreiros. Doulles grazas a eles por sobrevivir tanto tempo polo ben de Croacia".[22][23]

En setembro de 2013 producíronse protestas anticirílicas contra a introdución de sinais bilingües co alfabeto cirílico serbio en Vukovar. Milanović condenounos como "violencia chauvinista", dicindo que ía quitar os sinais en cirílico en Vukovar xa que o "estado de dereito debe prevalecer".[24]

O 1 de decembro de 2013 celebrouse en Croacia un referendo constitucional, o terceiro referendo desde a independencia. Foi organizado pola iniciativa cidadá Para a familia e propoñía unha emenda que definiría o matrimonio como unha unión entre un home e unha muller, creando así unha prohibición constitucional contra o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Milanović opúxose á proposta e dixo en HRT que votaría en contra.[25] O goberno aconsellou aos cidadáns que votasen en contra, pero o referendo foi aprobado polo 65% de votos a favor, con só un 38% de particpación. Milanović dixo non estar contento con que o referendo tivese sequera lugar e engadiu: "Creo que non nos fixo mellores, máis intelixentes ou máis bonitos".[26] Tamén dixo que o referendo non modificaba a definición existente de matrimonio segundo as leis croatas. Anunciou ademais a promulgación dunha nova Lei de Parellas, que permitiría ás persoas do mesmo sexo formar unha unión de parella para toda a vida, que compartiría os mesmos dereitos que os do matrimonio, ademais do dereito de adopción. O 12 de decembro de 2013, o Goberno aprobou a proposta de proxecto de lei,[27] e o Parlamento finalmente aprobou a lei en xullo de 2014.[28]

Unha mala situación económica debilitou o apoio público inicialmente forte ao goberno de Milanović, que se demostrou nas eleccións locais de 2013.[13] Nas primeiras eleccións ao Parlamento Europeo en Croacia en 2013, o SDP obtivo o 32% dos votos e cinco eurodeputados, un menos que o HDZ, o maior partido da oposición. O ano seguinte, o SDP sacou o 29,9% dos votos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e catro eurodeputados.[29] Milanović e o seu partido deron o apoio a Ivo Josipović nas eleccións presidenciais, que foron gañadas por Kolinda Grabar-Kitarović do HDZ. Josipović formou máis tarde o seu propio partido, Naprijed Hrvatska - Progresivni savez, en vez de volver ao SDP.[30]

En outubro de 2014 iniciouse unha protesta en Zagreb de veteranos de guerra croatas que pedían a dimisión de Predrag Matić, ministro de Veteranos de Guerra e unha nova lei constitucional que garantira os seus dereitos. Milanović rexeitou as súas demandas e dixo que non había ningún motivo para despedir ao ministro e que non se sometería a ultimatos: "O meu goberno nunca puxo en cuestión, por pensamento, obra ou omisión, a dignidade humana dos defensores croatas e a eterna significación da Guerra Patria".[31]

A protesta continuou ao longo de 2015. En maio o conflito subiu de nivel cando centos de veteranos se enfrontaron á policía diante do edificio do goberno. Milanović dixo que o seu goberno non freou os seus dereitos e que estaba preparado para as negociacións, pero que non sería chantaxeado. Ademais acusou ao HDZ de manipular aos veteranos. Tomislav Karamarko, o presidente do HDZ, rexeitou a acusación.[32] Milanović reuniuse en xuño cos representantes dos manifestantes, pero a protesta continuou.

O 4 de agosto de 2015, por insistencia de Milanović e do ministro de Defensa Ante Kotromanović, celebrouse en Zagreb un desfile militar das Forzas Armadas Croatas en honra do Día da Victoria, celebrando o 20 aniversario da Operación Tormenta. Milanović deu as grazas a todos os que sacrificaron a súa vida pola liberdade de Croacia. Tamén expresou o seu agradecemento a Franjo Tuđman, primeiro presidente croata, que liderou Croacia durante a guerra.[33]

Croacia tiña todo o dereito a facer todo o que podía para manterse viva e integral, tiña o dereito de non ser expulsada do seu fogar, tiña o dereito de non servir de escudo humano para os que destruían as cidades e queimaban as aldeas. Croacia hoxe non celebra a guerra, non está a celebrar o sufrimento nin a persecución de ninguén, deixemos isto claro para todos os que aínda non o entendan. Croacia fixera todo o posible para evitar a guerra, ofrecera solucións pacíficas. E foron rexeitadas. Croacia celebra hoxe a liberdade e a paz e cun corazón puro celebra a vitoria, un punto de inflexión que puxo fin a unha guerra fea, imposta e especialmente canalla.

EconomíaEditar

 
Índice de aprobación do goberno de Milanović, realizadas por Ipsos Puls

O goberno de Milanović adoptou varias reformas en materia tributaria para facer fronte á difícil situación económica. Aumentou o imposto sobre o valor engadido estándar do 23% ao 25% e introduciu novas taxas de IVE para bens e servizos que antes non tributaban. Tamén reduciu as cotizacións de seguros sociais e os salarios do sector público.[17][34] En outubro aprobouse a Lei de Liquidacións de Operacións Financeiras e Pre-quebra, que permitiu ás empresas que non podían pagar as súas facturas permanecer abertas durante o proceso de bancarrota e reestruturar as súas débedas. Por mor da oposición do seu socio de coalición, o HNS, o imposto sobre a propiedade non se expandiu.[13]

O goberno conseguiu reducir o déficit orzamentario ao 5,3% en 2012,[35] pero o PIB contraeuse un 2,2% e a débeda pública alcanzou o 69,2%.[36][37] O tempo no que Milanović ocupou o cargo estivo marcado por varios recortes na cualificación crediticia de Croacia. O 14 de decembro de 2012, Standard & Poor's rebaixou a cualificación a longo prazo do país a BB+ e a cualificación a curto prazo a B.[38] O 1 de febreiro de 2013, Moody's rebaixou a cualificación de Croacia de Baa3 a Ba1.

En 2012 comezaron varios proxectos de construción importantes, incluído unha nova terminal de pasaxeiros no aeroporto internacional de Zagreb e un terceiro bloque da central de combustión de Plomin. Non obstante, algúns proxectos foron suspendidos, incluída a central hidroeléctrica de Ombla.[39] O goberno dixo que a construción da ponte de Pelješac comezaría na primavera de 2016.[40] Milanović manifestou o seu apoio a unha maior exploración e explotación de petróleo e gas no mar Adriático,[41] asunto que ao que se opoñen os partidos da oposición e as organizacións ecoloxistas.

En novembro de 2012, o ministro de Economía e viceprimeiro ministro Radimir Čačić dimitiu e foi substituído por Ivan Vrdoljak. En 2013 introduciuse unha nova lei de fiscalización para controlar a economía encuberta e minimizar a evasión de impostos.[42] O goberno puxo o foco na industria da construción naval e privatizou os estaleiros estatais en maio de 2013.[43] Co fin de pagar a débeda pública, o goberno presentou un proxecto para monetizar as autoestradas croatas en 2013, que supoñía preto de 2.500 millóns de euros. Os sindicatos e as asociacións civís rexeitaron a proposta e pediron a retirada da medida. Unha iniciativa cívica chamada "Non imos regalar as nosas estradas" reuniu firmas para un referendo sobre este tema. Aínda que o tribunal constitucional decidiu que un referendo sobre o tema era inconstitucional, o goberno anunciou que daba marcha atrás coa medida. En lugar do plan inicial de arrendar as estradas do país a investimentos estranxeiros, o goberno anunciou que ofrecería no seu lugar accións destas aos cidadáns croatas e aos fondos de pensións.[44]

A Lei de Pensións de xaneiro de 2014 elevou a idade legal de xubilación de 65 a 67 anos e a idade de xubilación anticipada de 60 a 62.[13] A taxa de desemprego alcanzou en febreiro de 2014 o 22,7%,[45] pero desde entón estivo a diminuír e alcanzou a taxa máis baixa en dous anos en agosto. En maio de 2014, Milanović cesou ao ministro de finanzas, Slavko Linić, debido a que este realizou unha adquisición de propiedade para o ministerio que logo resultou valer moito menos do que pagaron por ela. Nomeou no seu lugar a Boris Lalovac.[46] No 2015 introduciuse cambios no imposto sobre a renda das persoas físicas, aumentándose a parte non impoñible dos ingresos, o que supuxo un aumento salarial neto para en torno a un millón de persoas.[47]

En xaneiro de 2015 o goberno decidiu conxelar os tipos de cambio de francos suízos durante un ano, tras un aumento do franco que provocou préstamos cada vez máis caros para os prestameiros desa moeda.[48] En agosto de 2015 Milanović anunciou que os préstamos en franco suízo se converterían en euros.[49]

O PIB diminuíu en 2013 (-0,9%) e 2014 (-0,4%), pero no 4º trimestre de 2014 o crecemento do PIB real alcanzou o 0,3% por primeira vez desde 2011.[36] O 28 de agosto de 2015 anunciouse que a economía crecera un 1,2% por terceiro trimestre consecutivo o que supuxo a saída de Croacia dunha recesión económica de seis anos.[50] O déficit orzamentario diminuíu en 2015 ata o 3,2% do PIB, baixando do 5,5% en 2014 e a débeda pública situouse no 86,7% do PIB, a taxa de crecemento da débeda máis baixa desde a introdución da metodoloxía ESA 2010.[51]

Política exteriorEditar

 
Milanović e o xeneral do exército dos Estados Unidos Martin Dempsey reunidos en Zagreb en 2014
 
Milanović no cumio de primeiros ministros de Europa central e oriental en Bucarest en 2013

A política exterior de Milanović concentrouse inicialmente na adhesión de Croacia á Unión Europea. O 22 de xaneiro de 2012 celebrouse un referendo de adhesión á UE, que se saldou cun 66,25% de votos a favor e o 33,13% en contra. Ao redor do 47% do censo votou no referendo.[17] O 11 de marzo de 2013, Milanović asinou o Memorando de Acordo co primeiro ministro esloveno, Janez Janša, sobre o asunto de Ljubljanska Banka, que pechou en 1991 sen reembolsar o diñeiro aos seus clientes croatas. Croacia acordou suspender unha demanda contra o banco e o seu sucesor, mentres que Eslovenia se comprometeu a ratificar o Tratado de Adhesión de Croacia á UE.[52] Eslovenia ratificou a proposta de adhesión de Croacia o 2 de abril de 2013.[53] Despois de que os 27 estados membros asinaran o tratado de adhesión á UE, o 1 de xullo de 2013 Croacia uniuse á Unión Europea converténdose no 28º estado membro.[54]

O 27 de febreiro de 2012 Milanović visitou Bosnia e Hercegovina, na que foi a súa primeira viaxe a un país estranxeiro como primeiro ministro.[55] Ao día seguinte visitou Široki Brijeg e Mostar, onde se reuniu con membros da Asemblea Nacional Croata, unha organización política dos croatas de Bosnia e Hercegovina. Milanović dixo que todo o que pedía para os croatas dese país era un trato xusto e engadiu que Croacia apoiaría a adhesión de Bosnia e Hercegovina á Unión Europea.[56]

Debido á guerra civil en Siria, en febreiro de 2012 Milanović pediu que as empresas croatas que traballasen en Siria se retirasen do país. O 18 de xaneiro de 2013, o Ministerio de Asuntos Exteriores croata declarou que Croacia, así como toda a Unión Europea, recoñecían a Coalición Nacional para as Forzas da Oposición e a Revolución Siria como os únicos "representantes lexítimos das aspiracións do pobo sirio".[57][58] En febreiro de 2013 Milanović anunciou que Croacia retiraría as súas tropas dos Altos do Golán, onde participaban na misión de mantemento da paz da ONU, despois de que se informase de que Croacia vendera as súas vellas armas á oposición siria.[59][60]

Cando se iniciaron manifestacións e disturbios en Bosnia e Hercegovina en 2014, Milanović visitou Mostar, unha cidade con maioría croata, onde a sede do HDZ BiH resultou danada nos disturbios. Saraxevo criticou esta acción e dixo que debería ter visitado primeiro a capital. O Goberno croata negouse a aceptar acusacións de Saraxevo que etiquetaron como inaceptables sobre o carácter da guerra croata-bosníaca.

O 22 de xullo de 2015 produciuse un importante escándalo durante o procedemento arbitral da disputa fronteiriza croata-eslovena, cando se descubriu que o representante esloveno apertou a outros xuíces para que se pronunciasen a favor de Eslovenia. Tres días despois Milanović anunciou a retirada de Croacia da arbitraxe tras unha reunión cos líderes dos grupos parlamentarios.

Crise europea de inmigrantesEditar

O 16 de setembro de 2015, emigrantes e refuxiados de Oriente Medio, Asia do Sur e África comezaron a entrar en Croacia desde Serbia en gran número[61] despois da construción da barreira entre Hungría e Serbia. O 17 de setembro Croacia pechou a súa fronteira con Serbia.[62] Tras os esforzos iniciais para rexistrar todas as entradas de migrantes en Croacia, o rexistro cesou o 18 de setembro e os migrantes comezaron a ser transportados cara a Eslovenia e Hungría. A data do 23 de setembro de 2015, máis de 40.000 persoas entraran en Croacia desde Serbia, establecéndose os principais centros de aceptación en Opatovac e Zagreb,[63] mentres que tamén se acumulaban inmigrantes en Beli Manastir, Ilača, Tovarnik, Ježevo e Sisak.[64] Milanović criticou a Serbia por enviar inmigrantes só a través da fronteira croata, mentres evitaba a Hungría e Romanía e afirmou que o seu país "non se convertería nun punto quente de acceso de inmigrantes".[65] As tensións aumentaron entre Serbia e Croacia e o 24 de setembro Serbia prohibiu as importacións de Croacia para protestar contra a decisión de Croacia de pechar a fronteira para mercancías, mentres que Croacia respondeu prohibindo a todos os vehículos matriculados en Serbia entrar en Croacia.[66] O 25 de setembro Croacia aliviou o bloqueo na súa fronteira e Serbia fixo o propio coa prohibición das importacións desde Croacia, pero Milanović dixo que estaba listo para bloquear a fronteira de novo se fose necesario.[67] A finais de 2015 construíuse en Slavonski Brod un novo centro de aceptación de refuxiados máis permanente.

Eleccións ao Parlamento de 2015Editar

 
Milanović con outros membros da coalición Croacia Está Medrando o 8 de setembro de 2015

Para as eleccións parlamentarias de 2015, a Coalición Kukuriku cambiou o seu nome a Croacia Está Medrando. Estaba formada por tres dos catro membros orixinais: o Partido Socialdemócrata, o Partido Popular Croata - Demócratas Liberais (HNS-LD) e o Partido dos Pensionistas Croatas (HSU), así como outros tres novos: o Partido Laborista - Laboristas Croatas, o Partido Campesiño Croata Auténtico (A-HSS) e o Partido Zagorje. A Asemblea Democrática Istriana abandonou a coalición. A campaña da coalición, dirixida por Milanović, baseouse na retórica contra as medidas de austeridade e facendo fincapé nas políticas do goberno durante o seu mandato.

Despois de 76 días de negociacións, a Coalición Patriótica e o partido Ponte de Listas Independentes formaron o décimo terceiro goberno croata con Tihomir Orešković como novo primeiro ministro. Milanović entregoulle formalmente a Orešković o cargo na tarde do 22 de xaneiro de 2016, tras un longo debate parlamentario sobre o programa do novo goberno e a posterior votación de investidura.

Segundo mandato como líder da oposición (2016)Editar

O 2 de abril de 2016 celebráronse eleccións para a dirección do partido. O rival de Milanović foi Zlatko Komadina, o prefecto do condado de Primorje-Gorski Kotar, quen avogaba por un SDP "moito máis socialdemócrata".[68] Milanović volveu ser reelixido presidente do SDP para os seguintes catro anos.[69]

Eleccións parlamentarias de 2016Editar

 
Milanović con outros membros da Coalición Popular en Zabok, onde asinaron un acordo de coalición o 16 de xullo de 2016

En xullo de 2016, o SDP, o HNS-LD e o HSU formaron a Coalición Popular (en croata: Narodna koalicija) para as eleccións parlamentarias de 2016. A eles uníuselles o Partido Campesiño Croata (HSS), mentres que os Laboristas Croatas abandonaron a coalición.[70]

O 24 e 25 de agosto filtráronse conversacións dun encontro con representantes da asociación de veteranos, no que Milanović realizou unhas polémicas declaracións contra os países veciños de Serbia e Bosnia e Hercegovina, que provocaron críticas.[71][72] Mentres comentaba a adhesión de Serbia á UE e a súa lei sobre xurisdición universal para a persecución de crimes de guerra en todo o territorio da antiga Iugoslavia, Milanović afirmou que o goberno serbio actuaba de xeito arrogante e que estaba disposto, non só a bloquear as negociacións de adhesión de Serbia a UE, senón tamén a adoptar unha lei especial que permitise a Croacia procesar aos cidadáns serbios que cometeran crimes en Kosovo, engadindo que "os serbios queren ser gobernantes dos Balcáns, pero son en realidade un puñado de miseria".[73] Falando sobre Bosnia e Hercegovina, Milanović afirmou que non estaba "emocionado coa situación alí" e queixouse de que "non había ninguén con quen puidese falar en Saraxevo", engadindo que lle gustaría que Bosnia e Hercegovina entrara na UE aínda sen cumprir todas as condicións previas, xa que "é un país sen lei nin orde".[74] Ademais, afirmou que non lle importaba o saúdo Za dom spremni, (saúdo dos ustachas croatas, equivalente ao saúdo nazi) pero instou aos veteranos a non usalo por ser prexudicial para Croacia.[75]

O HDZ gañou unha maioría de escanos no parlamento e formou unha maioría gobernante co partido Most, tomando posesión o líder do HDZ, Andrej Plenković, como novo primeiro ministro. Milanović anunciou que non se presentaría a outro mandato como presidente do SDP. [76] O 26 de novembro sucedeuno Davor Bernardić como presidente do SDP. [77]

Ruptura coa políticaEditar

Despois de abandonar a política, Milanović entrou no mundo da consultoría e fundou unha empresa chamada EuroAlba Advisory.[78] Desde 2017, foi asesor do primeiro ministro albanés Edi Rama[79] e presidente do Consello Diplomático do Colexio de Relacións Internacionais e Diplomacia da Universidade Dag Hammarskjöld.[80]

Campaña presidencial de 2019Editar

O 17 de xuño de 2019, Milanović confirmou que se presentaría ás próximas eleccións presidenciais do país como candidato do SDP, co lema de campaña "Un presidente con carácter".[81] Mentres anunciaba a súa candidatura, Milanović dixo que quería ser o "presidente dunha Croacia moderna, progresista, inquisitiva e aberta".[82] O comité principal do SDP, así como a presidencia do HSS, deron o seu apoio á candidatura presidencial de Milanović.[83][84] Posteriormente foi avalado por varios partidos de centro-esquerda e centrista, entre eles o HSU, o PGS, o NS-R, os Demócratas, o IDS, o HL, o SU, o Glas, o MDS, o SNAGA e o ZS.[85][86]

A primeira volta das eleccións tivo lugar o 22 de decembro de 2019, e Milanović foi o candidato máis votado co 29,55% dos votos, por diante de Kolinda Grabar-Kitarović, que recibiu o 26,65% dos votos.[87] Miroslav Škoro, candidato independente, obtivo o apoio do 24,45% dos votantes. Foi a primeira vez na historia croata que o presidente que estaba no cargo non foi o máis votado na primeira volta. Milanović foi o máis votado nas tres cidades máis grandes de Croacia: 33,02% en Zagreb, 30,79% en Split e 41,87% en Rijeka e o segunda (25,61%) na cuarta cidade máis importante, Osijek, na que gañou Škoro (33,33%).[88]

O 5 de xaneiro de 2020 tivo lugar a segunda volta entre Milanović e Grabar-Kitarović. Milanović gañou por unha marxe próxima aos 105.000 votos, converténdose así no 5º presidente de Croacia desde a independencia e o segundo presidente que foi nomeado oficialmente polo Partido Socialdemócrata, despois de Ivo Josipović (2010-2015).[89]

O novo presidente Zoran Milanović fixo a súa primeira aparición pública nun acto oficial en Rijeka. Alí asistiu á cerimonia inaugural de Rijeka como Capital Europea da Cultura 2020.[90] Alí reuniuse co alcalde Vojko Obersnel, encomiou aos artistas, ao programa do día e á cerimonia de apertura.[91] Milanović tamén eloxiou aos fundadores do punk rock en Rijeka e a súa tradición de 44 anos, afirmando que, "Nos tempos en que Paraf estaban dando o seu primeiro concerto, Sid Vicious aínda non cantaba nos Sex Pistols. Estes feitos son dunha importancia crucial no tocante ao mapa cultural de Europa".[92]

PresidenciaEditar

A inauguración de Zoran Milanović como 5º presidente tivo lugar o 18 de febreiro de 2020. Foi a primeira vez que non se celebrou a cerimonia de inauguración presidencial na praza de San Marcos, no centro de Zagreb, onde están os edificios do parlamento e do goberno. Pola contra, Milanović decidiu renunciar á habitual pompa da cerimonia invitando só a uns 40 convidados, incluídos funcionarios do estado, ex presidentes, a súa familia e membros do seu equipo de campaña.[93] Tamén foi a primeira vez que os líderes dos partidos, diplomáticos e figuras da igrexa non asistiron á inauguración.[94] A cerimonia comezou coa interpretación do himno nacional pola famosa cantante croata de pop e jazz Josipa Lisac, acompañada polo pianista Zvjezdan Ružić, cuxa versión alternativa do himno nacional de Croacia[95][96] adoptou un ton rimbombante, moi diferente ao habitual carácter sombrío do himno.[97] Isto causou unha gran polémica,[98] unha denuncia contra a artista e un debate público sen precedentes sobre o himno nacional e a liberdade artística.[99]

O 24 de febreiro de 2020, o presidente Milanović condenou duramente a queima nun festival en Imotski dunha efixie que mostraba a unha parella do mesmo sexo co seu fillo, describiu o suceso como un "acto inhumano, totalmente inaceptable", e esixiu unha desculpa dos organizadores do evento[100] afirmando que "merecen a condena máis forte do público porque o odio cara aos demais, a intolerancia e a inhumanidade non son e non serán unha tradición croata". Tamén reclamou unha reacción das institucións, especialmente polo feito de que o evento foi observado por moitos nenos que puideron presenciar "a difusión do odio e a incitación á violencia".[101]

O presidente Milanović realizou a súa primeira viaxe ao estranxeiro o 27 de febreiro de 2020 a Otočec ob Krki, Eslovenia, onde se reuniu co presidente Borut Pahor. Os dous concluíron firmemente que farían todo o posible para mellorar e facer excelentes as relacións entre os dous países, sinalando que se coñecían desde facía máis de 16 anos. Tamén discutiron sobre a cuestión fronteiriza entre os dous países, a adhesión croata ao espazo Schengen e sobre os controis fronteirizos aplicados polo goberno croata en resposta á pandemia do coronavirus. O presidente Milanović tamén abordou a perspectiva europea de Albania e Macedonia do Norte.[102]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Milanović – Od fakina iz kvarta do šefa Banskih dvora" (en croata). 5 de decembro de 2011. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  2. "Milanović se nasmijao na konstataciju novinara o broju glasova iz BiH" (en bosníaco). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Zoran Milanović: Moj deda je bio ustaša!" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  4. "Tko je Milanovićev djed ustaša kojeg je tek sada otkrio" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  5. "Premijerova supruga samozatajna je liječnica i majka" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Milanović obećao ostavku ako ne pobijedi Sanadera" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  7. "Uskoro rezultati izbora za predsjednika SDP-a" (en croata). Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2007. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  8. "Milanović na Bleiburgu: 'Ja sam tu zbog žrtava, a ne zbog propalih režima'" (en croata). 14 de setembro de 2008. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  9. "Croatia's PM Sanader resigns, quits politics" (en inglés). 1 de xullo de 2009. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  10. "Nikad veća razlika: SDP 'potukao' HDZ" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  11. "Sabor izglasao Sporazum o arbitraži, SDP 'aktivno suzdržan'" (en croata). 3 de novembro de 2009. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  12. "Ovo su bili najzanimljiviji trenuci u Saboru!" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 "2015 Croatia Report" (PDF) (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  14. "Pogledajte kako je izglasano povjerenje Vladi!" (en croata). 23 de decembro de 2011. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  15. "SAD zainteresirane za drugi blok u Krškom" (en croata). 2 de marzo de 2012. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  16. "Novi članovi Banskih dvora – Milanovićevih 21" (en croata). 22 de decembro de 2011. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  17. 17,0 17,1 17,2 "Britannica Book of the Year 2012" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  18. "Mozak van da skoči: Čekaju nas sve hladnije zime i sve vrelija ljeta" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  19. "Milanović: Gay parovima trebamo dati prava kao u Španjolskoj, zbog toga nitko neće ništa izgubiti" (en croata). 11 de maio de 2012. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  20. "GRAĐANSKI ODGOJ I OBRAZOVANJE U ŠKOLI – POTREBA ILI UVJET?" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  21. "Croatia Publishes List of War Veterans" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  22. "Generals' war crime convictions overturned" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  23. "Croatian Generals Ante Gotovina And Mladen Markac Acquitted" (en inglés). 16 de novembro de 2012. Consultado o 12 de maio de 2020. 
  24. "PM says rule of law must be complied with in Vukovar" (en inglés). 5 de setembro de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  25. "Croatia to hold referendum on same-sex marriage ban". BBC (en inglés). 8 de novembro de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  26. "Croatian Government to Pursue Law Allowing Civil Unions for Gay Couples". The New York Times (en inglés). 2 de decembro de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  27. "Milanović: Veslom smo gurali Jakovinu da ide u Bali" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  28. "POVIJESNA ODLUKA U SABORU Istospolni će parovi od rujna imatiista prava kao i bračni partneri". www.jutarnji.hr (en croata). 15 de xullo de 2014. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  29. "Resultados de Croacia - Eleccións europeas 2014" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  30. "Josipovic to Form New Left Party in Croatia" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  31. "Croatia PM Rejects Protesting Veterans’ Demands" (en inglés). 29 de outubro de 2014. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  32. "Croatian PM says opposition manipulating war veterans' protest" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  33. "Milanovic says Croatia not celebrating war but freedom and peace". dalje.com. 29 May 2015. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 27 October 2015. 
  34. "2014 Croatia Report" (PDF) (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  35. "General government deficit (-) and surplus (+) - annual data" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  36. 36,0 36,1 "Real GDP growth rate - volume" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  37. "General government gross debt - annual data" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  38. "Rating: Croatia Credit Rating" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  39. "Zmajlović potvrdio: Vlada je odbila HEP-ov zahtjev za gradnju hidroelektrane Ombla" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  40. "Croatia: Delayed bridge bypassing Bosnia goes ahead". BBC (en inglés). 15 de xullo de 2015. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  41. "Adriatic Driling: Milanović Supports Further Exploration of Hydrocarbon Reserves in the Adriatic Sea" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  42. "Grey Economy On The Way Out In Croatia" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  43. "Croatia plans to wrap up privatization of shipyards by end-May – fin min" (en inglés). 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  44. "Croatia to Offer Shares in Highways to Citizens" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  45. "ALARMANTNE BROJKE Stopa nezaposlenosti u veljači najviša u posljednjih 12 godina, a Mrsić je zadovoljan" (en croata). 21 de marzo de 2014. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  46. "Croatian PM sacks finance minister over property purchase" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  47. "Personal Income Tax (Croatia)" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  48. "Croatia Freezes Swiss Franc Exchange Rate" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  49. "UPDATE 1-Croatia to convert Swiss franc loans into euros" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  50. "RAST IZNAD SVIH OČEKIVANJA Hrvatsko gospodarstvo u drugom tromjesečju ove godine poraslo 1,2 posto!" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  51. "Croatia's 2015 general government deficit at 3.2%, public debt at 86.7% of GDP" (en inglés). 21 de abril de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  52. "Slovenia and Croatia Signed LB Memorandum" (en inglés). 11 de marzo de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  53. "Slovenia backs Croatia's EU entry after bank dispute set aside" (en inglés). 2 de abril de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  54. "Croatia celebrates on joining EU". BBC (en inglés). 1 de xullo de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  55. "Premijer Milanović u Sarajevu" (en croata). 27 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  56. "Milanović u Mostaru: Posjetio SKB Mostar i Sveučilište, održao predavanje studentima" (en croata). 28 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  57. "RH priznala sirijsku oporbu kao legitimnog predstavnika naroda" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  58. "Hrvatska priznala sirijsku oporbu kao jedinu legitimnu vlast u Siriji" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  59. "Zbog NY Timesa Hrvatska povlači svoje vojnike s Golanske visoravni" (en croata). 28 de febreiro de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  60. "Croatia Is Withdrawing Soldiers From Israel-Syria Frontier" (en inglés). 28 de febreiro de 2013. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  61. "U Hrvatsku stiglo 1300 izbjeglica: "Trebamo pomoć, ne možemo se nositi s desecima tisuća ljudi"" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  62. "Migrant crisis: Croatia closes border crossings with Serbia" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  63. "Na Kubi proizvedena "Julija" - prva cigara za žene" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  64. "FOTO, VIDEO: STIGLO VIŠE OD 7000 IZBJEGLICA Veliki stampedo u Tovarniku, u Dugavama azilant gađao ciglom fotoreportera" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  65. "Croatia 'will not become a migrant hotspot' says prime minister". The Guardian (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  66. "Tensions between Croatia and Serbia rise over refugees" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  67. "Croatia lifts border blockade with Serbia" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  68. "Komadina: It's time for a democratic and modern SDP" (en inglés). 16 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  69. "Milanovic re-elected SDP leader" (en inglés). 2 de abril de 2016. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  70. "SDP to run in coalition with HNS, HSS and HSU" (en inglés). 9 de xullo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  71. "Leaked Audiotapes of Former PM and SDP Chief Milanović Cause Controversy in West Balkans" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  72. "Poslušajte kako je tekao jednosatni sastanak na Iblerovom trgu" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  73. "MILANOVIĆ O SRBIMA 'Žele biti gospodari Balkana, a zapravo su šaka jada'" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  74. "Milanović: BiH nije država" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  75. "Milanović ponudio braniteljima: 'Želite li da vam ostavim Tomu Medveda?'" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  76. "Zoran Milanović Will Not Run for Another Term as SDP President" (en inglés). 12 de setembro de 2016. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  77. "New SDP leader to advocate society of equal opportunity" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  78. "Former Prime Minister Milanović Starts a Business" (en inglés). 14 de novembro de 2016. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  79. "Former Prime Minister Milanović Advising Albanian Government" (en inglés). 10 de novembro de 2017. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  80. "Milanović dobio novi posao, radit će u Visokoj školi diplomacije" (en croata). 17 de novembro de 2017. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  81. "Milanovic confirms running for president on his Facebook profile" (en inglés). 17 de xuño de 2019. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  82. "Zoran Milanović Launches His Presidential Campaign" (en inglés). 18 de xuño de 2019. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  83. "SDP main committee supports Zoran Milanovic's presidential bid" (en inglés). 6 de xullo de 2019. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  84. "HSS supports Milanovic in presidential race" (en inglés). 16 de xullo de 2019. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  85. "ŠIROKA KOLINDINA POTPORA S PROŠLIH IZBORA SVELA SE SAMO NA HDZ Završen ciklus grupiranja stranaka oko kandidata: Analiziramo tko je najbolje prošao..." (en croata). 30 de setembro de 2019. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  86. Grubić, Mladen. "MDS daje podršku kandidaturi Zorana Milanovića za predsjednika Republike Hrvatske". eMedjimurje.hr (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  87. "Zoran Milanović relativni pobjednik izbora, u drugi krug i Kolinda Grabar-Kitarović" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  88. "Izbori za predsjednika RH 2019. - rezultati". www.izbori.hr (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  89. "Croatia elects centre-left challenger Zoran Milanovic as president". BBC (en inglés). 6 de xaneiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  90. "PM says gov't strongly supported Rijeka as European Capital of Culture project" (en inglés). 7 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  91. "Milanović: Friends from Ljubljana Are Our Most Natural Allies" (en inglés). 2 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  92. "Milanović: U vrijeme kad su Parafi imali prvi koncert Sid Vicious još nije pjevao u Sex Pistolsima" (en croata). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  93. "Zoran Milanovic inaugurated as Croatian president" (en inglés). 18 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  94. "Zoran Milanovic inaugurated as Croatia's fifth president in low-key ceremony" (en inglés). 18 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  95. "Josipa Lisac pjeva himnu uz klavirsku pratnju Zvjezdana Ružića, na inauguraciji Zorana Milanovića" (en croata). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  96. "Singer Josipa Lisac sued for 'mocking' Croatian national anthem". BBC (en inglés). 21 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  97. "Croatian singer faces criminal charges for 'mocking' national anthem". BBC (en inglés). 21 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  98. "Croatian singer Josipa Lisac gets sued for her performance of the National Anthem" (en inglés). 20 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  99. "JOSIPA LISAC IZVEDBOM ‘LIJEPE NAŠE’ IZAZVALA RASPRAVE: ‘To nije moja himna…’, kažu jedni, drugi uzvraćaju: ‘Kad sluh oštrite na narodnjacima’" (en croata). 18 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  100. "Outrage after effigy of same-sex couple and child burned at festival in Croatia" (en inglés). 25 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  101. "Croatia's president condemns burning of gay couple effigy" (en inglés). 24 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  102. "Predsjednici Hrvatske i Slovenije žele bolje odnose unatoč "problemčićima"" (en croata). 27 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar