Fredrik Reinfeldt
John Fredrik Reinfeldt, nado en Haninge o 4 de agosto de 1965, é un político sueco, primeiro ministro do seu país e líder do conservador Partido Moderado. Foi elixido líder da súa formación o 25 de outubro de 2003, sucedendo no cargo a Bo Lundgren. Logo das eleccións lexislativas do 17 de setembro de 2006 converteuse en primeiro ministro de Suecia.
Fredrik Reinfeldt | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | John Fredrik Reinfeldt |
Nacemento | 4 de agosto de 1965 |
Lugar de nacemento | Österhaninge church parish |
Nacionalidade | Suecia |
Alma máter | Universidade de Estocolmo e Stockholm Business School |
Ocupación | político, economista e participante do fórum internacional |
Pai | Bruno Reinfeldt |
Nai | Birgitta Reinfeldt |
Cónxuxe | Filippa Reinfeldt |
Fillos | Gustav Reinfeldt, Erik Reinfeldt e Ebba Reinfeldt |
Coñecido por | Open Your Hearts |
Premios | H. M. The King's Medal e Order of Stara Planina |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Reinfeldt naceu na viliña de Österhaninge, en Haninge, na provincia de Södermanland e medrou en Tensta, Estocolmo. Xa de mozo se integrou nas mocidades do Partido Moderado, e foi un activo militante durante o seu tempo de estudo na Universidade de Estocolmo, onde se licenciou en Económicas en 1990.
Foi escollido como deputado nas eleccións lexislativas de 1991 cando os conservadores do Partido Moderado regresaron ao goberno da man do seu líder, o primeiro ministro Carl Bildt. Nese tempo foi secretario xeral das mocidades da súa formación, impoñéndose á facción máis liberal.
Baixo o liderado de Reinfeldt, que comezou en 2003, a súa formación gañou espazo cara ao centro do espectro político, e fixo do recurtamento de impostos nas clases medias a súa bandeira. Ao mesmo tempo, reduciu a súa belixerancia con respecto ao estado do benestar sueco. Á fronte da Alianza por Suecia, integrada por conservadores, liberais, centristas e democristiáns, conseguiu derrotar por estreita marxe o primeiro ministro socialdemócrata Göran Persson.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Det sovande folket (1993)
- Projekt Europa: sex unga européer om Europasamarbetet (1993)
- Nostalgitrippen (1995)
- Stenen i handen på den starke (1995)
- Väljarkryss: personvalshandbok (2001)
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fredrik Reinfeldt |