Tensta, Estocolmo

barrio de Estocolmo, Suecia

Tensta é un suburbio ao norte da cidade de Estocolmo, Suecia, no distrito de Spånga-Tensta.[1]

Unha rúa de Tensta

Demografía editar

A súa poboación, a 31 de decembro de 2011, era de 18 393 habitantes, dos cales un 86,7 % ten orixe estranxeira. O 95 % dos nenos das escolas locais son estranxeiros.[2]

A taxa de desemprego en 2012 era do 8,9 %, e un 40,2 % da poboación beneficiábase economicamente de axudas sociais.[3]

Comunicación editar

Conta cunha estación da liña azul do metro de Estocolmo, cunha galería comercial,[4] xunto a estación do metro, e cun pequeno mercado de froitas.

Cultura editar

A galería de arte "Tensta Konsthall" tamén está situada cerca do centro de Tensta e conseguiu facerse cun nome entre as mellores galerías de Estocolmo.[5]

Galería de imaxes editar

Notas editar