Kolinda Grabar-Kitarović

Presidenta da Croacia

Kolinda Gravar-Kitarović, nada o 29 de abril de 1968 en Rijeka, Iugoslavia, é unha política croata, que foi presidenta de Croacia de 2015 a 2020.

Modelo:BiografíaKolinda Grabar-Kitarović

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Rijeka (Croacia) Editar o valor en Wikidata
Membro do Comité Olímpico Internacional
Representa: Croacia

2020 –
Presidente de Croacia
18 de febreiro de 2015 – 18 de febreiro de 2020
← Ivo JosipovićZoran Milanović →
Minister of Foreign and European Affairs (en) Traducir
17 de febreiro de 2005 – 12 de xaneiro de 2008
← Miomir Žužul (en) TraducirGordan Jandroković → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Humanidades e Ciencias Sociais da Universidade de Zagreb
Universidade George Washington
Universidade de Zagreb
Los Alamos High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnião Democrata Croata (pt) Traducir (1993–2015) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeJakov Kitarović Editar o valor en Wikidata
FillosKatarina Kitarović, Luka Kitarović Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webpredsjednik.hr Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm6820886 Facebook: 100044399467142 Twitter: KolindaGK Instagram: kolinda_gk Editar o valor en Wikidata

Formación

editar

Como estudante de secundaria, entrou nun programa de intercambio de estudantes e aos 17 anos trasladouse aos Álamos, Novo México, (Estados Unidos) onde se graduou en 1986; de volta en Croacia estudou na Universidade de Zagreb, onde se graduou en 1992 con licenciaturas en inglés, castelán e literatura.

Fala croata, inglés, castelán e portugués e entende o alemán, o francés e o italiano.

Carreira

editar

En 1992, Gravar-Kitarović converteuse en asesora do Departamento de Cooperación Internacional do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. En 1993 incorporouse á Unión Democrática Croata, un partido conservador. En 2003 era designada ministra de Asuntos exteriores, pero en 2005, este ministerio fusionouse con outro e foille asignado o cargo de Ministra de Asuntos Exteriores e Europeos. O 8 de marzo de 2008 converteuse en embaixadora de Croacia nos Estados Unidos.

De 2011 a 2014 foi a subsecretaria xeral de diplomacia pública na OTAN.[1]

Polémicas

editar

En 2010 produciuse un escándalo na embaixada croata nos Estados Unidos cando se descubriu que Jakov Kitarović, o marido de Kolinda Gravar, utilizaba un vehículo oficial para fins privados. Como contrapartida, en 2018 viaxou ó Mundial de Rusia pero non só pagando do seu propio peto a pasaxe e os gastos da viaxe, senón que se descontou do seu salario os días que pasou en Rusia.[2]

Presidencia

editar

Na primeira rolda das eleccións presidenciais do 21 de decembro de 2014 Kolinda Gravar-Kitarovic gañou 38,5% os votos, en segundo lugar figurou Ivo Josipović quen recibiu o 37,2 %, mentres que Senčić e Kujundžić, os dous candidatos seguintes, gañaron o 16,4% e o 6,3% dos votos respectivamente. Dado que ningún candidato obtivo máis do 50% dos votos, unha segunda volta estaba prevista entre os dous principais candidatos, Josipović e Gravar-Kitarović.

A segunda volta tivo lugar o 11 de xaneiro de 2015, ese día resultou Gravar-Kitarović electa polo 50,7% dos votos. O 19 de febreiro de 2015 asumiu como a primeira muller presidente de Croacia. Pertencía ao partido conservador Unión Democrática Croata, pero tivo que renunciar debido a que o cargo de presidenta non é compatíbel con cargos ou militancia nalgún partido.

Kolinda Gravar-Kitarovic co presidente polaco Andrzej Duda son os iniciadores e fundadores da Iniciativa Tres Mares.

En xaneiro de 2020 perdeu as eleccións presidenciais contra o candidato do Partido Socialdemócrata, Zoran Milanović.[3]