Borut Pahor
Borut Pahor, nado o 2 de novembro de 1963, en Postojna (Eslovenia) é un político do Partido Socialdemócrata e actual presidente de Eslovenia. Tamén foi primeiro ministro do país entre o 2008 e o 2012 e ademais membro do Parlamento Europeo.
Borut Pahor | |
---|---|
![]() | |
Presidente de Eslovenia | |
Período | 22 de decembro de 2012 - 22 de decembro de 2022 |
Antecesor | Danilo Türk |
Primeiro Ministro de Eslovenia | |
Período | 21 de novembro de 2008 - 20 de febreiro de 2012 |
Antecesor | Janez Janša |
Sucesor | Janez Janša |
Datos persoais | |
Nacemento | 2 de novembro de 1963 |
Postojna | |
Cónxuxe | Tanja Pečar |
Alma máter | Universidade de Ljubljana e Nova Gorica Grammar School |
Profesión | Político |
Relixión | ateísmo |
Na rede | |
http://www.borutpahor.si | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Creceu na cidade de Šempeter, na fronteira con Italia. Estudou no instituto de Nova Gorica, matriculándose despois Ciencias Políticas na Universidade de Liubliana, onde se graduou en 1987. Durante este período, militou no Partido Comunista de Eslovenia.