Danilo Türk, xurista, diplomático e político, é o presidente de Eslovenia dende o 22 de decembro de 2007.

Infotaula de personaDanilo Türk

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Maribor Editar o valor em Wikidata
Presidente de Eslovenia
23 de decembro de 2007 – 22 de decembro de 2012
← Janez DrnovšekBorut Pahor →
Permanent Representative of Slovenia to the United Nations (en) Traducir
setembro de 1992 – febreiro de 2000 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Federal Socialista de Iugoslavia (–1991)
Eslovenia (1991–) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Ljubljana (pt) Traducir
University of Belgrade Faculty of Law (en) Traducir
Universidade de Belgrado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xurista , historiador , profesor universitario , diplomático , agitator (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU
Universidade de Columbia
Universidade de Ljubljana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticosen valor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eslovena e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBarbara Miklič Türk
Premios

Datos biográficos editar

Türk estudou Dereito na Universidade de Liubliana, onde traballou desde 1978 como profesor, sendo nomeado en 1995 Catedrático de Dereito Internacional. Entre o 1992 e o 2000 foi Embaixador de Eslovenia ante as Nacións Unidas, e presidente do Consello de Seguridade da ONU en agosto de 1998 e novembro de 1999[1]. Kofi Annan nomeouno Secretario Xeral Adxunto para Asuntos Políticos das Nacións Unidas. Entre outros asuntos, interveu ante o Consello de Seguridade sobre o conflito palestino-israelí.

Eleccións editar

En 2007 decidiu presentarse ás eleccións presidenciais de Eslovenia. Contaba co apoio dos Socialdemócratas, de Zares e de DeSus, entre outros grupos. Na primeira volta das presidenciais, o 21 de outubro de 2007, obtivo un 24,54% dos votos, fronte a Lojze Peterle, que obtivo 28,50%. Ambos se enfrontaron na segunda volta das presidenciais o día 11 de novembro, onde se alzou coa vitoria obtendo o 68,2% dos votos[2]. Asumiu como terceiro presidente o 23 de decembro de 2007, moi poucos días antes de que Eslovenia asumise a Presidencia da Unión Europea.

Predecesor:
Janez Drnovšek
Presidente de Eslovenia
2007 -

 

Sucesor:
No cargo

Notas editar

  1. "Presidents of the Security Council : 1990-1999", UN.org.
  2. “UN diplomat wins Slovenia election”, Al Jazeera, 11. November 2007

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar