Primeiro ministro de Croacia
O Primeiro Ministro de Croacia (en croata: Premijer/ Premijerka Hrvatske), oficialmente Presidente do Goberno da República de Croacia (croata: Premijer/ Premijerka Hrvatske), é o xefe de goberno de Croacia, e é de facto o cargo máis poderoso e influente do Estado no sistema croata de goberno.
Presidente do Goberno de Croacia Predsjednik / Predsjednica Vlade Hrvatske | |
---|---|
Ámbito | República de Croacia |
Designado por | Parlamento de Croacia |
Nomeado por | Presidente de Croacia |
Duración | 4 anos |
Creación | 14 de abril de 1945 |
Primeiro titular | Vladimir Bakarić |
Sitio web | vlada.gov.hr |
Despois do establecemento por primeira vez do cargo en 1945, o período semipresidencial de 1990-2001 foi a única excepción na que o Presidente de Croacia ostentou a autoridade de facto. Na orde formal de precedencia croata, con todo, a posición de primeiro ministro é a terceira máis alta, despois do Presidente da República e o presidente do Parlamento.
A Constitución de Croacia indica que "o Parlamento supervisa ao goberno" (artigo 81) e que "o presidente da República garante o funcionamento e a estabilidade regulares e equilibrados do goberno" (no seu conxunto; artigo 94), mentres que o goberno está articulado no artigo 108. Dende o 2000, o primeiro ministro ten varios poderes constitucionais engadidos e é mencionado antes que o propio Goberno no texto da Constitución, nos artigos 87, 97, 99, 100, 101, 103 e 104. O actual primeiro ministro de Croacia é Andrej Plenković. O goberno de Croacia atópase en Banski dvori, un edificio histórico situado na parte oeste da praza de San Marcos en Zagreb.
Nome
editarO nome oficial do cargo, traducido literalmente, é "presidente do goberno" (Predsjednik Vlade), e non "primeiro ministro" (Prvi Ministar). Cando o cargo foi creado por primeira vez en 1945, introduciuse o nome de "presidente do goberno". O nome do cargo mudouse 8 anos despois coas reformas constitucionais iugoslavas de 1953, a "presidente do Consello Executivo" (Predsjednik Izvršnog vijeća). Despois doutra rolda de reformas constitucionais en 1990, o cargo foi renomeada ao seu título orixinal de "presidente do goberno".
Historia
editarO Real Goberno do Reino de Croacia Eslavonia (1868-1918) estaba encabezado polo Ban (Vicerrei), que representaba ao rei. O primeiro xefe de goberno de Croacia como república constituínte da República Federal Popular de Iugoslavia foi Vladimir Bakarić, que asumiu o cargo o 14 de abril de 1945. A posición era entón, como é hoxe, o cargo público máis poderoso do estado (a única excepción histórica é o sistema semipresidencial extremadamente poderoso empregado desde 1990 ata 2000, durante o cal o presidente foi de lonxe a figura máis significativa da xerarquía do goberno). Na República Socialista de Croacia de despois da segunda guerra mundial, houbo un sistema de partido único. Durante este tempo houbo doce xefes de goberno (empregando o título de presidente do Consello Executivo), todos procedentes das filas do Partido Comunista de Iugoslavia (KPJ), que foi reformado e pasou a denominarse como Liga dos Comunistas de Iugoslavia (SKJ) en 1952. O partido federal organizouse en seis suborganizacións - os partidos da república, un para cada unha das seis repúblicas federais. Os políticos e os primeiros ministros croatas do período foron membros da Liga dos Comunistas de Iugoslavia a través da súa adhesión á Liga dos Comunistas de Croacia (SKH), a parte croata do partido federal (como sucedeu respectivamente con todos os políticos iugoslavos). O cargo seguiu sendo o posto central da política croata a pesar da institución dunha presidencia colectiva en 1974 (anteriormente a función de xefe de Estado pertencía ao presidente do parlamento croata, o Sabor).
Despois das emendas constitucionais que permitían eleccións con varios partidos en Croacia, o Parlamento promulgou emendas á constitución (25 de xullo) que eliminaron as referencias socialistas e adoptou novos símbolos nacionais. O recentemente elixido Parlamento tricameral procedeu a cambiar a Constitución de Croacia e o 22 de decembro de 1990 esta foi chamada "Constitución de Nadal" definindo fundamentalmente a República de Croacia e a súa estrutura gobernamental. A partir das reformas constitucionais de 1990 en diante Croacia foi unha república semipresidencialista, o que significou que o presidente de Croacia tiña amplos poderes executivos (aínda máis expandidos máis tarde), incluído o nomeamento e destitución do primeiro ministro e doutros funcionarios no goberno. Durante este período, que durou ata as emendas constitucionais a finais do 2000, Croacia tivo sete primeiros ministros. O primeiro deles dende as reformas constitucionais de 1990 foi Stjepan Mesić, asumindo o cargo o 30 de maio de 1990.[1]
Tras o referendo de independencia de maio de 1991, no que o 93% dos votantes aprobou a secesión, Croacia proclamou formalmente a independencia de Iugoslavia o 25 de xuño de 1991, con Josip Manolić continuando no papel de primeiro ministro como xefe do goberno dunha Croacia independente. Con todo, o país asinou entón o Acordo de Brijuni de xullo de 1991 no que acordaba aprazar outras actividades para estreitar lazos con Iugoslavia. Mentres tanto, sucedeu a guerra de independencia croata e Franjo Gregurić foi nomeado para dirixir un goberno de unidade nacional. En outubro do mesmo ano, Croacia rompeu formalmente todos os vínculos legais restantes coa Federación Iugoslava.
Despois das eleccións xerais de xaneiro de 2000, a coalición de centro-esquerda gañadora liderada polo Partido Socialdemócrata modificou a Constitución e desposuíu efectivamente ao presidente da maioría dos seus poderes executivos, fortalecendo o papel do Parlamento e do primeiro ministro, convertendo a Croacia nunha república parlamentaria. De novo o primeiro ministro (como antes de 1990) converteuse no primeiro cargo na política croata.
Ata a data houbo doce primeiros ministros que presidiron 14 gobernos desde as primeiras eleccións multipartidistas. Nove ministros eran membros da Unión Democrática Croata durante o mandato, dous eran membros do Partido Socialdemócrata e un non era membro de ningún partido político. Dende a independencia, houbo unha primeira ministra (Jadranka Kosor), mentres que Savka Dabčević-Kučar foi a primeira muller (non só en Croacia, senón en Europa) que ocupou un cargo equivalente a un xefe de goberno como presidenta do Consello Executivo da República Socialista de Croacia (1967-1969).
Primeiros ministros de Croacia
editarPrimeiros ministros da República Socialista de Croacia dentro da República Federal Socialista de Iugoslavia (1945 – 1990)
editarNº | Foto | Nome | Mandato | Partido | Secretario xeral | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Inicio | Fin | Duración | |||||
1 | Vladimir Bakarić
(1912-1983) |
14 de abril de 1945 | 18 de decembro de 1953 | 8 anos, 8 meses e 4 días | Partido Comunista de Croacia(ata 1952) |
Vladimir Bakarić (1944–1969) | |
Liga dos Comunistas de Croacia (dende 1952) | |||||||
2 | Jakov Blažević
(1912–1996) |
18 de decembro de 1953 | 10 de xullo de 1962 | 8 anos, 6 meses e 22 días | Liga dos Comunistas de Croacia | ||
3 | Zvonko Brkić (1912–1977) | 10 de xullo de 1962 | 27 de xuño de 1963 | 11 meses e 17 días | Liga dos Comunistas de Croacia | ||
4 | Mika Špiljak(1916–2007) | 27 de xuño de 1963 | 11 de maio de 1967 | 3 anos, 10 meses e 14 días | Liga dos Comunistas de Croacia | ||
5 | Savka Dabčević-Kučar (1923–2009) |
11 de maio de 1967 | 8 de maio de 1969 | 1 ano, 11 meses e 14 días | Liga dos Comunistas de Croacia | ||
6 | Dragutin Haramija (1923–2012) |
8 de maio de 1969 | 28 de decembro de 1971 | 2 anos, 7 meses e 20 días | Liga dos Comunistas de Croacia | Savka Dabčević Kučar (1969–1971) | |
7 | Ivo Perišin (1925–2008) | 28 de decembro de 1971 | 8 de maio de 1974 | 2 anos, 4 meses e 10 días | Liga dos Comunistas de Croacia | Milka Planinc (1971–1982) | |
8 | Jakov Sirotković (1922–2002) | 8 de maio de 1974 | 9 de maio de 1978 | 4 anos e 1 día | Liga dos Comunistas de Croacia | ||
9 | Petar Fleković (1932–) |
9 de maio de 1978 | Xullo de 1982 | 4 anos e 1 ou 2 meses | Liga dos Comunistas de Croacia | ||
10 | Ante Marković (1924–2011) | Xullo de 1982 | 20 de novembro de 1985 | 3 anos e 3 ou 4 meses | Liga dos Comunistas de Croacia | Jure Bilić (1982–1983) | |
Josip Vrhovec (1983–1984 | |||||||
Mika Špiljak (1984–1986) | |||||||
11 | Ema Derossi-Bjelajac (1926–) |
20 de novembro de 1985 | 10 de maio de 1986 | 5 meses e 20 días | Liga dos Comunistas de Croacia | ||
12 | Antun Milović (1934–2008) | 10 de maio de 1986 | 30 de maio de 1990 | 4 anos e 20 días | Liga dos Comunistas de Croacia (ata xaneiro de 1990) |
Stanko Stojčević (1986–1989) | |
Liga dos Comunistas de Croacia (dende xaneiro de 1990) |
Ivica Račan (1989–1990) |
Primeiros ministros da República de Croacia (1990 – actualidade)
editarAínda parte da RFS de Iugoslavia ata o 25 de xuño de 1991.
Nº | Foto | Nome | Mandato | Partido | Composición | Presidente | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inicio | Fin | Duración | ||||||
1 | Stjepan Mesić (1934–) |
30 de maio de 1990[1] | 24 de agosto de 1990 | 2 meses e 25 días | HDZ | HDZ | Franjo Tuđman (1990-1999) | |
2 | Josip Manolić (1920-) |
24 de agosto de 1990[2] | 25 de xuño de 1991 | 10 meses e 23 días | HDZ | HDZ | ||
25 de xuño de 1991 | 17 de xullo de 1991 | |||||||
3 | Franjo Gregurić (1939–) |
17 de xullo de 1991[3] | 12 de agosto de 1992 | 1 ano e 26 días | HDZ | HDZ | ||
4 | Hrvoje Šarinić (1935–2017) |
12 de agosto de 1992[4] | 3 de abril de 1993 | 7 meses e 22 días | HDZ | HDZ | ||
5 | Nikica Valentić (1950–) |
3 de abril de 1993[5] | 7 de novembro de 1995 | 2 anos, 7 meses e 4 días | HDZ | HDZ | ||
6 | Zlatko Mateša (1949–) |
7 de novembro de 1995[6] | 27 de xaneiro de 2000 | 4 anos, 2 meses e 20 días | HDZ | HDZ | ||
Stjepan Mesić (2000-2010) | ||||||||
7 | Ivica Račan (1944–2007) |
27 de xaneiro de 2000[7] | 23 de decembro de 2003 | 3 anos, 10 meses e 26 días | SDP | SDP | ||
SDP | ||||||||
8 | Ivo Sanader (1953–) |
23 de decembro de 2003 | 6 de xullo de 2009 | 5 anos, 6 meses e 13 días | HDZ | HDZ | ||
HDZ | ||||||||
9 | Jadranka Kosor (1953–) |
6 de xullo de 2009 | 23 de decembro de 2011 | 2 anos, 5 meses e 17 días | HDZ | HDZ | ||
Ivo Josipović (2010-2015) | ||||||||
10 | Zoran Milanović (1966–) |
23 de decembro de 2011 | 22 de xaneiro de 2016 | 4 anos e 30 días | SDP | SDP | ||
Kolinda Grabar Kitarović (2015-presente) | ||||||||
12 | Tihomir Orešković (1966–) |
22 de xaneiro de 2016 | 19 de outubro de 2016 | 8 meses e 27 días | Independente | HDZ | ||
12 | Andrej Plenković (1970–) |
19 de outubro de 2016 | Presente | 2 anos, 9 meses e 8 días | HDZ | Ata o 28 de abril de 2017: HDZ MOST | ||
Do 28 de abril ao 9 de xuño de 2017: HDZ | ||||||||
Dende o 9 de xuño de 2017:HDZ |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarNotas
editar- ↑ "PRETHODNE VLADE RH" (en croata). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2011. Consultado o 1 de agosto de 2019.