Zifio de Gervais

especie de cetáceo

O zifio de Gervais,[2] Mesoplodon bidens, tamén coñecido na bibliografía internacional como zifio europeo, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]

Zifio de Gervais
Mesoplodon europaeus

Mesoplodon europaeus na superficie do mar

Comparación co tamaño dun humano medio
Comparación co tamaño dun humano medio

Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Subfamilia: Hyperoodontinae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. europaeus
Nome binomial
Mesoplodon mirus
(Gervais, 1855)
Área de distribución de Mesoplodon mirus
Área de distribución de Mesoplodon mirus

Área de distribución de Mesoplodon mirus
Sinonimia
Véxase o texto

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1855 polo paleontólogo e entomólogo francés François Louis Paul Gervais, baixo o nome de Dioplodon europaeus, na páxina 320 da súa obra Histoire naturelle des Mamifères. 2. Ordre des Cétacés. París: L. Curmer.[3][5]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, véxase Mesoplodon.

O epíteto específico, europaeus, débese que Gervais describiu a especie nas costas europeas, concretamente, nas do Canal da Mancha en Inglaterra.[3]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3][5]

  • Dioplodon europaeus Gervais, 1855 (basónimo)
  • Dioplodon gervaisi Deslongchamps, 1866
  • Mesoplodon densirostris Gunther, 1955 (identificación errónea)
  • Mesoplodon gervaisi Ellerman & Morrison-Scott, 1951
  • Neoziphius europaeus Gray, 1871
  • Nodus europaeus Hershkovitz, 1961

Historia do descubrimento editar

Nalgún momento entre 1836 e 1841, un capitán dun dos barcos do comerciante e armador francés Abel Vautier encontrou un grande animal flotando na entrada do Canal da Mancha, co corpo cuberto por un enxame de gaivotas. Cortoulle a cabeza e levouna a Caen, onde lla presentou a Vautier. Vautier, á súa vez, mostrouna ao anatomista Deslongchamps. E o espécime dalgunha maneira abriuse camiño até o científico francés Paul Gervais, quen o describiu como unha nova especie en 1855. Durante varias décadas, esta mantívose como o único espécime coñecido desta especie, e moitos ignoraron o seu estado específico e afirmaron que simplemente representaba unha forma aberrante de zifio de Sowerby adulto.[6] A identidade da especie foi confirmada polo descubrimento de dous espécimes en Nova Jersey, un macho inmaturo capturado cerca de Atlantic City en 1889 e unha femia adulta encontrada varada en Long Branch en 1905.[7]

Características editar

As principais características de Mesoplodon europaeus son:[8]

  • É un zifio de tamaño pequeno ou mediano en comparación cos outros zifíidos, pero é a especie máis grande dos membros do xénero Mesoplodon.
  • O seu corpo é fusiforme, alongado, comprimido lateralmente e bastante grácil en comparación con outros membros do xénero Mesoplodon.
  • Os machos miden uns 4,5 m de lonxitude e as femias polo menos 5,2 m, e probabelmente pesan máis de 1 200 kg. Crese que as crías miden uns 2,1 m.
  • A cabeza é pequena e o seu melón é pouco protuberante.
  • A liña da boca é notabelmente recta, incluso nos machos, e os dous dentes dos machos erupcionan cara á punta do bico e case non se notan.
  • A coloración é gris escura nas partee superiores e gris clara nas inferiores. As femias poden presentaren manchas máis claras nos xenitais e na cabeza, cun círculo escuro ao redor dos ollos. Os xuvenís presentan unha coloración máis clara, pero pronto escurecen.

Distribución editar

Hábitat e ecoloxía editar

Poboación editar

Ameazas editar

Esta especie, ao igual que outros zifios, é probábel que sexa vulnerábel a ruídos antropoxénicos fortes, como os xerados polo sonar das mariñas e as exploracións sísmicas.[9] En particular, varios varamentos masivos atípicos de zifios, incluídos os zifios de Gervais, asociáronse con actividades navais: de mediados a finais da década de 1980 nas Illas Canarias,[10] en marzo de 2000 nas Bahamas,[11] e novamente en setembro de 2002 durante unha manobra naval da OTAN cun sonar de baixa frecuencia ao redor das Canarias.[1]

Evidencias de individuos varados de varias especies, incluída Mesoplodon europaeus, indican que tragaron obxectos de plástico desbotados, o que eventualmente pode conducir á morte.[12]

A caza directa nunca se asociou con esta especie. Porén, as pescarías con redes de enmalle e palangre en toda a área de distribución da especie espertan a preocupación de que é probábel que se produzan capturas incidentais. Incluso niveis baixos de captura incidental poderían causar impactos neste grupo de cetáceos.[1]

O impacto previsto do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza dos impactos non está clara.[13]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) considera que hai pouca información sobre a abundancia da poboación desta especie, e ningunha sobre a evolución da súa tendencia. Non se cre que sexa pouco frecuente, pero é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións. Por iso cualifica o status da especie como DD (datos insuficientes).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Mesoplodon europaeus na Lista vermella. da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 5 de novembro de 202w0.
  2. Díaz d'a Silva & Cartelle 2007, p. 126.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Mesoplodon europaeus (Gervais, 1855 no WoRMS. Consultado o 12 de novembro de 2020.
  4. Mesoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 12 de novembro de 2020.
  5. 5,0 5,1 Mesoplodon europaeus (Gervais, 1855) bo GBIF.
  6. True, F. W. (1910): An account of the beaked whales of the family Ziphiidae in the collection of the United States National Museum, with remarks on some specimens in other American museums. Washington: Government Printing Office.
  7. "Diagnoses and Distributions of Beaked Whales of the Genus Mesoplodon Known from North American Waters", por Joseph Curtis Moore. En Kenneth S. Norris, ed., (1966): Whales, dolphins, and porpoises. Berkeley: University of California Press.
  8. Díaz d'a Silva & Cartelle 2007.
  9. Cox, T. M. et al. (2006): "Understanding the impacts of anthropogenic sound on beaked whales". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 177-187.
  10. Waring, G. T.; Josephson, E.; Fairfield, C. P. & Maze-Foley, K. (2006): "U.S. Atlantic and Gulf of Mexico marine mammal stock assessments" - 2005. NOAA Technical Memorandum NMFS-NE-201.
  11. Rowles et al. (2000): "Mass stranding of multiple cetacean species in the Bahamas on March 15-17, 2000. Cambridge, UK: International Whaling Commission.
  12. Scott, M. D. et al. (2001): "A note on the release and tracking of a rehabilitated pygmy sperm whale (Kogia breviceps)". Journal of Cetacean Research and Management 3 (1): 87-94.
  13. Learmonth, J. A. et al. (2006): "Potential effects of climate change on marine mammals". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review 44: 431-464.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar