You Can't Always Get What You Want

«You Can't Always Get What You Want»
Canción de The Rolling Stones
Lanzamento 4 de xullo de 1969
xullo de 1969
Formato Sete polgadas
Gravada Novembro de 1968, Olympic Studios, Londres
Xénero musical Rock and roll, gospel e soul
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 7:32 (álbum)
4:50 (sinxelo)
Discográfica Decca - London - ABKCO
Produtor(es) Jimmy Miller
Escritor(es) Jagger - Richards
Cronoloxía
«Monkey Man» «You Can't Always Get What You Want» «»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«You Can't Always Get What You Want» —en galego: «Non sempre podes conseguir o que queres»— é unha canción da banda británica de rock The Rolling Stones incluída no seu álbum Let It Bleed, editado en 1969. Escrita por Mick Jagger e Keith Richards, foi colocada no 2004 no posto 100 dentro da lista de Rolling Stone das 500 mellores cancións de todos os tempos.

Inspiración e composición editar

Da canción, Jagger dixo en 2003:

"«You Can't Always Get What You Want» foi algo que toquei coa guitarra acústica, unha desas cancións de dormitorio. Esta demostrou ser unha canción difícil de gravar debido a que Charlie non era capaz de tocar o patrón rítmico (groove), así que Jimmy Miller tivo que tocar a batería. Tamén tiven a idea de meter un coro, probablemente gospel, na pista, pero non terminei de decidirme. Jack Nitzsche, ou outro, dixo que podía utilizar ao London Bach Choir e dixemos: Será divertidísimo."[1]

Na súa recensión da canción, Richie Unterberger dixo:

"Se aceptas a observación de John Lennon de que os Rolling Stones copiaban as innovacións dos Beatles uns poucos meses despois, «You Can't Always Get What You Want» é a contraparte Stone de «Hey Jude». Jagger mencionou en 1969: "Encantoume o que os Beatles fixeron en «Hey Jude». A orquestra non só serve para cubrir algo extra. Podemos facer algo igual para o próximo disco."[2]

O tres versos (xunto co cuarto verso con tema variado) conteñen os maiores tópicos da década dos 60: amor, política e drogadicción. Cada verso captura a esencia dun optimismo inicial e a desilusión posterior, seguido polo resignado pragmatismo do coro. Unterberger conclúe da canción:

"Falouse moito de que a letra reflicte o final da prolongadísima festa que foron os sesenta... É unha interpretación válida, pero tamén debe sinalarse que existe dentro desta unha edificante e tranquilizadora melodía e interpretación. Isto é particularmente certo no refrán da canción, cando nos lembra que non sempre podemos conseguir o que queremos, pero podemos obter o que necesitamos".

Gravación e lanzamento editar

A canción foi gravada o 16 e 17 de novembro de 1968 nos Olympic Sound Studios de Londres. Conta coas participacións do London Bach Choir, que inicia a canción cunha poderosa apertura; Jimmy Miller, produtor por aquel entón dos Rolling Stones, na batería, substituíndo a Charlie Watts; Al Kooper ao piano, órgano e corneta; Rocky Dijon tocou as congas e as maracas. Nanette Workman, que acompañou a Jagger durante a interpretación, foi acreditada no disco como "Nanette Newman".

En certo momento, máis concretamente na terceira estrófa, o tema fala dun tal “Mr. Jimmy”. Hai varias teorías sobre de quen se trata: unha delas refírese ao produtor dos Stones, Jimmy Miller, pero a outra é moito máis interesante. Jimmy Hutmaker, era un personaxe coñecido en Excelsior, Minnesota. Aquel individuo dedicábase a andar polo distrito comercial da localidade. Coñecido como “Mr. Jimmy”, o personaxe tiña algúns problemas, aínda que parecía máis ou menos lúcido, a pesar de falar moito consigo mesmo. Todos os días, "Mr. Jimmy" ía de tenda en tenda durante toda a xornada e os donos, que xa lle coñecían, coidábanlle e dábanlle cousas. "Jimmy" faleceu en 2007.

Os Stones tocaron en Excelsior por primeira vez en 1964. Non foron ben recibidos. Mick Jagger foi a unha tenda local para comprarse un refresco de cereixa -como di a canción, o seu sabor favorito. Naquel momento o refresco dispensábase directamente na tenda, onde se almacenaba nun distribuidor que tiña cereixas reais dentro. Con todo, na tenda á que foi Jagger, non había cereixas, só o refresco. Detrás disto estaba "Mr. Jimmy", que lle dixo: “You can't always get what you want” (non sempre podes ter o que queres).

Conta a lenda que "Mr. Jimmy" apareceu no concerto dos Stones ao día seguinte e que Mick Jagger mandou unha limusina a recollerlle, aínda que tamén se di que, como moitas outras veces, foron os donos das tendas os que lle conseguiron a entrada.

A canción foi orixinalmente lanzada como lado B de «Honky Tonk Women» en xullo de 1969. Aínda que non apareceu nas listas desa época, London Records relanzou o sinxelo en 1973 e «You Can not Always Get What You Want» alcanzou o número 42 no Billboard Hot 100 e o número 34 no Cashbox Top 100.[3]

Unha das gravacións máis populares dos Stones, desde entón apareceu nos álbums compilatorios: Hot Rocks 1964-1971, Singles Collection: The London Years, Forty Licks, Rolled Gold+: The Very Best of the Rolling Stones, Singles 1968-1971, Slow Rollers e GRRR!. As gravacións en directo desta canción pódense atopar nos álbums Love You Live, Flashpoint, Live Licks, e The Rolling Stones Rock and Roll Circus (este último con Brian Jones na guitarra).º

Na cultura popular editar

No cine editar

Na televisión editar

  • A canción foi usada en polo menos cinco episodios da serie televisiva do drama médico da cadea Fox House. Aparece no episodio piloto cando Gregory House, o protagonista da serie, trata de zafarse do traballo imposto pola súa xefa, a Dra. Cuddy, e cita o título da canción: "en opinión do filósofo Jagger, non sempre podes obter o que desexas". Cuddy despois respóndelle: "o filósofo que mencionaches tamén di que tentándoo conséguese o que se necesita". A introdución da canción tocouse ao final do episodio. No último episodio da primeira tempada (Honeymoon), escóitase a canción de novo cando House tenta camiñar sen o apoio do seu bastón, pero sen éxito. A escena termina dramaticamente con el botando un dos seus analxésicos ao aire para despois ser capturado pola súa boca. A canción escóitase ao final do primeiro episodio da tempada 3, Meaning, cando House entra á oficina de Wilson e róuballe unha das súas receitas para falsificar a súa firma e conseguir máis Vicodin e no capítulo final da tempada 4 mentres está camiño ao "Ceo" con Amber, a noiva de Wilson. Por último escóitase o inicio da canción ao final do capítulo 19 da sétima tempada, no cal Masters decide non seguir traballando para House.
  • Aparece no episodio piloto da serie dramática televisiva Californication en 2007. A canción foi usada durante a escena de apertura a maneira de parodia da película The Big Chill, tamén foi usada para pechar o episodio 12 da cuarta tempada.
  • Os Simpsons parodian á canción no capítulo "Non sempre podes dicir o que queres" (You Kent Always Say What You Want).
  • Tamén aparece nun episodio da serie de drama médico de FX Nip/Tuck, e durante a cobertura de ESPN da NFL Draft do 2007.
  • En 2009, a repartición da serie de televisión Glee gravou a súa versión da canción para o episodio Sectionals.

Versións doutros artistas editar

  • En 1971, o pianista de jazz Vince Guaraldi realizou un cover desta canción para o seu álbum Oaxaca.
  • En 1981, seguiulle a versión de Aretha Franklin, lanzada para o seu álbum Love All the Hurt Away.
  • En 1990, o cantante inglés George Michael usou o coro da canción para o seu hit «Waiting For That Day». Tanto Jagger como Richards recibiron o seu crédito como compositores da canción.
  • En 1992, a banda de rock inglesa Def Leppard lanzou unha versión acústica da canción como Lado-B do seu sinxelo «Have You Ever Needed Someone So Bad». (Esta versión nunca foi oficialmente lanzada nos Estados Unidos.)
  • O músico de blues Luther Allison versionouna en 1997 para o álbum tributo a The Rolling Stones Paint it Blue: Songs of the Rolling Stones.
  • En 1998, a banda jam Rusted Root incluíu unha versión no seu homónimo cuarto álbum.
  • Con todo, a versión máis infrecuente foi lanzada en 2001 cando a banda reggae Steel Pulse gravouna para o disco tributo Paint It Black: A Reggae Tribute to the Rolling Stones.
  • O grupo de caridade Band from TV lanzou unha versión que foi incluída na banda sonora da serie de televisión da cadea Fox House.
  • Tim Ries, saxofonista habitual de The Rolling Stones, incluíu unha versión en clave de jazz no seu disco Stones World: The Rolling Stones Project II, en 2008.

Persoal editar

O persoal acreditado utilizado na gravación da canción foi o seguinte:[4]

The Rolling Stones

Persoal adicional editar

Posicionamento nas listas editar

Listas (1973) Mellor posición
  Canadá (RPM Top Singles)[5] 68
  Estados Unidos (Billboard Hot 100)[6] 42
  Estados Unidos (Cash Box Top 100) 34

Notas editar

  1. Loewenstein, Dora; Dodd, Philip (2003). According to the Rolling Stones (en inglés). San Francisco: Chronicle Books. ISBN 0-8118-4060-3. 
  2. McPherson, Ian. "You Can't Always Get What You Want". Consultado o 26 de maio de 2017. 
  3. Whitburn, Joel (2015). The Comparison Book (en inglés). Menomonee Falls, Wisconsin: Record Research Inc. p. 431. ISBN 0-89820-213-2. 
  4. Services, Keno Internet. "You Can't Always Get What You Want". Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  5. Canada, Library and Archives (17 de xullo de 2013). "Image : RPM Weekly" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2017. 
  6. "The Rolling Stones Complete Hit Singles List (1963–2006)". BeatZenith. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 24 de xullo de 2009.  Arquivado 16 de outubro de 2007 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar