Abrir o menú principal

Keith Richards, nado o 18 de decembro de 1943, é un músico inglés e un compositor de cancións, é membro fundador dos Rolling Stones.

Keith Richards
Keith Richards 2 Berlinale 2008.jpg
AlcumeКит Ричард
Nacemento18 de decembro de 1943
 Dartford
NacionalidadeReino Unido
Alma máterLondon School of Economics
OcupaciónProdución musical, cantautor, guitarrista, compositor, autobiógrafo, escritor e actor
CónxuxePatti Hansen
FillosAlexandra Richards e Theodora Richards
editar datos en Wikidata ]
Richards nun concerto no 2006.

A revista Rolling Stones dixo que Richards creara "o maior conxunto de acordes de guitarra" e el estivo de cuarto na lista dos cen mellores guitarristas. Catorce cancións que Richards escribiu co vocalista dos Rolling Stones, Mick Jagger están nunha lista da revista Rolling Stones de entre as 500 cancións mellores de todos os tempos.

TraxectoriaEditar

Naceu en Kent. A súa nai regaloulle a primeira guitarra e el tocaba na casa cancións de Billie Holiday, Louis Armtrong, Duke Elligton e outros. Richards coñeceu a Mick Jagger no tren cando este último ía a clase de Económicas. Jagger era cantante dun grupo aficionado Little Boy Blue and the Blue Boys, ao cal Richards uniuse deseguida. Os Blue Boys ampliáronse cando se uniron Brian Jones e Ian Stewart, a Richards, Jagger e Taylor, para formar os Rolling Stones. Despois os Rolling Stones firmaron un contrato con Decca Records en 1963 e o seu representante, Andrew Loog Oldham, fíxolle quitar a "s" do seu apelido para que fora máis popular, "Keith Richard".

A relación cos demais era boa, os outros membros da banda víano como o líder do grupo, mentres el dicía que só era un máis. A súa forma de tocar a guitarra mostra unha fascinación polas cordas e o ritmo, prefire tocar con outro guitarrista e sempre foi de xira con algún. Inspirouse en Chuck Berry, Jimmy Reed e Muddy Waters. Un parón da xira de 1967-1968, fixo que Richards se centrara nas melodías abertas.

Considera que a guitarra acústica é a base do seu traballo e tócaa en moitas cancións dos Rolling Stones, como Satisfaction.

A parte de guitarrista, tamén foi o vocalista secundario e tocaba outros instrumentos como o baixo e o teclado, e tamén algo a percusión.

Richards e Jagger colaboraron escribindo cancións. A canción Satisfaction ocorréuselle mentres soñaba e tivo que gravala para non esquecerse dela. Desde o 1966 as cancións dos Rolling Stones son todas de Jagger e Richards.

Na súa carreira en solitario, Richards compartiu a letra co batería Steve Jordan.

DiscografíaEditar

No 1978, publica as súas dúas primeiras gravacións en solitario, Run Rudolph Run e The Harder They Come.

No 1988 canta en solitario co seu disco Talk is cheap.

No 1991 edita Live At the Hollywood Palladium.

No 1992 sacou a venda o seu traballo Main Offender.

Véxase taménEditar