Muddy Waters
McKinley Morganfield, nado en Rolling Fork (Mississippi) o 4 de abril de 1915 e finado en Westmont (Illinois) o 30 de abril de 1983, máis coñecido como Muddy Waters, foi un cantante de blues estadounidense, considerado o pai do blues de Chicago.
Muddy Waters | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Muddy Waters |
Nacemento | 4 de abril de 1913 e 1915 |
Lugar de nacemento | Rolling Fork e Condado de Issaquena |
Falecemento | 30 de abril de 1983 e 1983 |
Lugar de falecemento | Westmont |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrado | Restvale Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Ocupación | guitarrista, cantante, cantautor e artista urbano |
Fillos | Mud Morganfield e Big Bill Morganfield |
Premios | Grammy á carreira artística |
Na rede | |
http://www.muddywaters.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A revista de música Rolling Stone ubicouno no posto número 17 na lista dos mais grandes artistas de tódolos tempos.[1]
Traxectoria editar
Waters foi gravado por primeira vez nunha plantación do delta do Mississippi por Alan Lomax para a Biblioteca do Congreso en 1940. Máis tarde, mudouse a Chicago (Illinois).
Salientou polo seu estilo de tocar a guitarra denominado slide. A súa primeira gravación para Chess Records amosaba a Waters en guitarra e vocais, apoiado por un contrabaixo. Logo engadiría percusión e a harmónica de Little Walter para completar a súa clásica formación de blues. Foron célebres as súas xiras polo Reino Unido nos anos 60.
Finou dun ataque ao corazón mentres durmía, en Westmont, Illinois, o 30 de abril de 1983, e foi soterrado no cemiterio de Restvale, en Aslip, preto de Chicago.
Influencia editar
Muddy Waters influíu en artistas punteiros do rock como Elvis Presley, Chuck Berry, Keith Richards, Eric Clapton ou Jimi Hendrix.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muddy Waters |
Discografía editar
Álbums de estudio editar
- Muddy Waters Sings Big Bill (1960)
- Folk Singer (1964)
- Brass and the Blues (1966)
- Electric Mud (1968)
- After the Rain (1969)
- Fathers and Sons (1969)
- The London Muddy Waters Sessions (1972)
- Can't Get No Grindin' (1973)
- 'Unk' in Funk (1974)
- Muddy Water's Woodstock Album (1975)
- Hard Again (1977)
- I'm Ready (1978)
- King Bee (1981)
Notas editar
- ↑ "100 Greatest Artists". Rolling Stone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2018.