Xunta de Galicia de 2020

Tralas eleccións de xullo de 2020, levouse a cabo unha recomposición do goberno da Xunta de Galicia que variou pouco respecto á súa composición do ano 2016. O goberno da Xunta formouse, desta volta, polo presidente, por primeira vez aparecen 2 vicepresidencias e 11 consellerías.

Goberno da Xunta de 2020.

Composición editar

Esta foi a composición da Xunta e os titulares:[1]

 
Cuarto Goberno Núñez Feijóo

3 de setembro de 2020 - 14 de maio de 2022

Partido Popular de Galicia
Independente
Presidencia da Xunta Alberto Núñez Feijóo
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Emprego e Innovación Francisco Conde López
Consellaría de Facenda e Administración Pública Valeriano Martínez García
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez Mejuto
Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez Mourelle
Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade Román Rodríguez González
Consellaría de Promoción de Emprego e Igualdade María Jesús Lorenzana Somoza
Consellaría de Sanidade Julio García Comesaña
Consellaría de Política Social Fabiola García Martínez
Consellaría do Medio Rural José González Vázquez
Consellaría do Mar Rosa Quintana Carballo

Respecto ao goberno anterior de 2016 e a posterior remodelación de 2018, houbo algúns cambios: a Consellería de Presidencia perde Administración Pública que pasa a Facenda e Igualdade pero inclúe Turismo da anterior consellería de Cultura; volven se uniren as anteriormente separadas consellerías de Educación e Cultura e aparece a Consellería de Emprego (antes en Economía) e Igualdade (antes en Presidencia).[2]

Tamén manteñen o posto tódolos conselleiros e conselleiras agás o de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e a anterior conselleira de Educación, Carmen Pomar, que saen do goberno.[3]

Predecesor:
Xunta de Galicia de 2016
  
Xunta de Galicia de 2020
 
2020 - 2022
Sucesor:
Xunta de Galicia de 2022

Notas editar

  1. "O presidente da Xunta nomea o Goberno galego". www.xunta.gal. Consultado o 2024-02-14. 
  2. Redacción (7 de setembro de 2020). "Estos son todos los conselleiros del noveno Gobierno de Feijoo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 se setembro de 2020. 
  3. Gómez, David (7 de setembro de 2020). "Feijóo releva a los conselleiros de Sanidad y Educación y añade una segunda vicepresidencia económica para Conde". abc.es (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2020.