Luís Bará

político galego
(Redirección desde «Xosé Luis Bará Torres»)

Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego.[1]

Xosé Luís Bará Torres


Concelleiro de Mobilidade e Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra
2011 – 2016
Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores


Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
2005 – 2009
Presidente Emilio Pérez Touriño


Concelleiro de Pontevedra
1995 – 2019
Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores

Datos persoais
Nacemento 9 de maio de 1965 Vilaboa, Pontevedra
Partido Bloque Nacionalista Galego
Profesión Filólogo, profesor, político
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela

Na rede
Facebook: luis.baratorres Twitter: LuisBaraGz Instagram: luisbaratorres Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carreira profesional editar

Estudou o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, formando parte da 1ª promoción que estudou Lingua Galega e Literatura no curso 1979-1980. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Foi profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Torrente Ballester desde 1988 ata 1999.

Carreira política editar

En 1999, deixou o ensino ao pedir unha excedencia e pasar a formar parte da corporación municipal trala elección de Miguel Anxo Fernández Lores coma alcalde de Pontevedra, se ben xa viña exercendo como concelleiro na oposición desde 1995. Coma concelleiro en Pontevedra, impulsou a creación da Feira Franca de Pontevedra,[2] apoiado polo traballo de documentación por parte do seu equipo de colaboradores. Tamén traballou na declaración do Ano Castelao (premio Voces de Pontevedra 2000), no Ano da Música (premio da Crítica de Galicia), no Salón do Libro infantil e Xuvenil e na Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL)[3].En 2005, ao formarse o Bipartito na Xunta de Galicia, foi designado Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. En 2009, ao non acadarse o suficiente número de escanos para manter o Goberno nas eleccións ao Parlamento, foi destituído do seu cargo, sendo nomeado concelleiro non electo en Pontevedra (2009-2011).[4]

Tralas eleccións municipais de 2011 continuou no goberno grazas á coalición do BNG e do PSdeG. Nas municipais de 2015 repetiu como concelleiro asumindo as áreas de Mobilidade, Patrimonio cultural e etnográfico e Centro Histórico, pero dende a súa elección coma deputado no Parlamento de Galicia polo BNG, tralos comicios de 2016, as súas competencias quedaron reducidas a Patrimonio e Memoria Histórica. No ano 2019, tralas eleccións municipais, abandonou a súa acta de concelleiro para continuar o seu labor como deputado, que vén exercendo ata actualidade trala reelección nas eleccións autonómicas de 2020, onde encabezou a lista electoral[5] pola provincia de Pontevedra, nas que o Bloque Nacionalista Galego obtivo uns resultados históricos.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.[6]

Colaboracións editar

Colabora na recuperación da memoria histórica,[7] primeiro desde o seu cargo de Director Xeral de Creación e Difusión Cultural e despois continuou o labor a través do seu blog. Forma parte do colectivo de recuperación de memoria histórica A Regaduxa.[8] Colabora con artigos na publicación dixital Pontevedra Viva e tamén no Nós Diario[9].

Vida persoal editar

Luís Bará é o pai do poeta Diego Bará, así coma de Sabela Bará Louro e María Bará Louro.

Publicacións editar

 
Presentación de Feminicidio de Carme Adán na Casa das Campás o 31/01/2018. Coa autora e Malores Villanueva.

Limiar de: Cegoñas no fondo da ría (Manuel Lourenzo González, 2015)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Perfil Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. en Pontevedra Viva.
  2. Mosteiro, Santy. "Luis Bará: "O éxito da festa é que dura un día e medio. Ampliala pode ser un risco"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2015-11-28. 
  3. co00889t. "I Conferencia sobre Politicas Culturales - Nueva publicación". www.kultura.ejgv.euskadi.eus (en castelán). Consultado o 2015-11-28. 
  4. Redacción (20 de xuño de 2009). "Luis Bará estrea a súa condición de concelleiro non electo visitando actuacións en Monte Porreiro". lavozdegalicia.es. Consultado o 21 de febreiro de 2024. 
  5. Redacción (2020-09-05). "Luís Bará repetirá como número 1 do BNG pola provincia de Pontevedra". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-12-11. 
  6. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 
  7. Vidal, Carme. "Luís Bará: “Trato de transmitir o relato emocional da represión e a resistencia”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 2015-11-28. 
  8. Redacción (2014-02-24). "Nace o colectivo "A Regaduxa" para estudar a represión franquista en Vilaboa". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-12-11. 
  9. Achegas de Luís Bará en Nós Diario

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar